Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CONGRESO

Primeira xuntanza formal do BNG cos seu socios para as europeas

Coñecido xa que Ana Miranda ocupará o segundo posto e Oriol Junqueras (ERC), o primeiro, agora negocian o peso do resto de formacións.

Redacción - 11:30 15/04/2009
Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo

Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo

Este martes celebrouse a primeira reunión entre os grupos políticos que compoñen a candidatura na que está integrado o BNG de cara ás vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo do 7 de xuño.

A xuntanza tivo lugar no Congreso dos Deputados, en Madrid, e nela estiveron presentes representantes do BNG, de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Aralar, Eusko Alkartasuna (EA), Chunta Aragonesista (CHA), Os Verdes-Confederación Ecoloxista, o Partido Socialista de Mallorca (PSM) e Entesa per Mallorca.

O único que quedou claro despois da xuntanza é que ERC e BNG ocuparán respectivamente as dúas primeiras posicións da listaxe con Oriol Junqueras e Ana Miranda, respectivamente. Agora seguirán reuníndose coa intención de definir o peso das outras formacións, para o cal se terán en conta os resultados que acadaron nas últimas eleccións autonómicas e europeas.


3.8/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: