Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO GOBERNO

Afonso Rueda será conselleiro de Presidencia

Renunciará á acta de deputado no Parlamento e compatibilizará o cargo co da Secretaría Xeral do PP.

Redacción - 13:25 15/04/2009
Alfonso Rueda ten 40 anos e é avogado de profesión

Alfonso Rueda ten 40 anos e é avogado de profesión

Aos poucos, vanse desvelando os nomes dos conselleiros do goberno de Alberto Núñez Feijoo. Segundo confirmou o PPdeG nun comunicado enviado aos medios, Alfonso Rueda Valenzuela, de 40 anos e avogado de profesión, é o escollido para dirixir a Consellaría de Presidencia.

Rueda renunciará á súa acta de deputado no Parlamento, onde será substituído por Alejandro Gómez Alonso, responsábel de organización do PPdeG. Ao tempo, compatibilizará este cargo co de secretario xeral do partido, polo menos até o vindeiro congreso, que se celebrará en maio.


1.67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: