Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: feijoo

16/Xullo/2008 /

"Reafírmanos en que España debe ser unha única nación e non un conxunto de nacións egoístas", di Feijoo

Segundo o líder do PPdeG, a Galiza interésalle que o Estado español sexa "unha soa nación forte e solidaria".


25/Maio/2008 /

As balas perdidas de Génova tamén rebotan no PPdeG

Os conservadores están convencidos de que os enfrontamentos internos poden pasarlle unha forte factura nos vindeiros comicios autonómicos.


21/Maio/2008 /

Os fondos foron "públicos", a viaxe foi "política", acusa Feijoo a Touriño

O presidente da Xunta retruca que a súa viaxe foi "profundamente institucional e respectuosa".


5/Abril/2008 /

Feijoo apoia a Rajoy e reclama a súa cota de poder

Diante de dous mil militantes e simpatizantes, o presidente dos populares galegos celebrou que se presente á reelección.


2/Febreiro/2008 /

Feijoo aproveita un acto en Venezuela para tildar o bipartito de "aberración democrática"

Anunciou que os conservadores levarán unha proposta no seu programa para reformar a lei e garantir que goberne a forza máis votada.


25/Xaneiro/2008 /

Feijoo agarda a que "impriman" o programa en Madrid para concretar a súa opinión sobre a lingua

O bilingüismo "en liberdade" do presidente do PPdeG admitiría a metade de materias en galego, malia que pediu esperar.


14/Xaneiro/2008 /

Feijoo déixase aloumiñar e non descarta ser ministro de Fomento

Nunha entrevista en Europa Press lembra que, pola súa experiencia, “coñece a estrutura do Estado”.


17/Decembro/2007 /

Baltar prognostica que Rajoy nomearía ministro de Fomento a Núñez Feijoo

Co obxectivo de "foguear" o ex vicepresidente para competir un ano despois pola Xunta.


17/Outubro/2007 /

O PPdeG opina que o PSOE "non ten interese" en que os emigrantes voten en urna

Feijoo propón unha "reflexión colectiva" sobre a hipotética participación dos emigrantes de terceira xeración nas eleccións municipais.


14/Setembro/2007 /

Feijoo apoia a decisión de Cultura de acudir ao xulgado para entrar no Pazo de Meirás

O presidente do PPdeG sinala que “as leis son para todos e non pode haber distincións”.


13/Setembro/2007 /

O PPdeG ameaza con levar á Fiscalía a adxudicación da autovía do Barbanza

Logo de que non se aprobara a creación dunha comisión parlamentaria.


12/Setembro/2007 /

Touriño e Feijoo cruzan graves acusacións polas obras na vía do Barbanza

O presidente acusa á anterior Xunta de "actuación fraudulenta" e o líder dos populares di que se "prevaricou" na adxudicación dos traballos.


14/Agosto/2007 /

Quintana desafía a Feijoo a deixar as chiscadelas e apostar por "un Estatuto de primeira"

Tal sería o primeiro e imprescindíbel chanzo para que nacionalistas e populares puidesen falar de acordos a nivel municipal, segundo explicou o voceiro nacional do BNG.


13/Xullo/2007 /

Rajoy e Feijoo piden unha lei electoral que privilexie os partidos maioritarios

Mariano Rajoy cualificou de "caduca" a lexislación electoral actual e Alberte Núñez Feijoo laiouse do que definiu como "sometemento a forzas minoritarias".


21/Maio/2007 /

O PP promete wi-fi gratis para todos os galegos

Malia que a CMT pechou varias redes municipais por ofrecer conexión de balde, os políticos seguen ofrecéndoas


18/Maio/2007 /

PPdeG: No 17M proposta estrela para a lingua... inglesa

Os populares propuxeron rehabilitar unha aldea por provincia para estudar inglés. Mentres, Feijoo defendeu a liberdade de "escoller" lingua.


16/Maio/2007 /

PPdeG: Ameazas a España e calculadoras

Asegurou Núñez Feijoo que cando remate esta lexislatura, o goberno español non terá feito "nin unha nova obra" en Galiza. No mesmo acto en Noia, tivo protagonismo o eurodeputado Luís Herrero, quen falou dos "perigos" que amezan o Estado español.


15/Maio/2007 /

Ten valor ecolóxico o contorno de Touriñán? Dous modelos para Galiza

Aproveitar buratos lexislativos para arramplar cun espazo natural ou buscar alternativas? O exemplo de Muxía dá pistas sobre os modelos de país a debate fronte ás urnas.


15/Maio/2007 /

Estilos, modelos, aspiracións e promesas: segundo debate na Galega sen Touriño

"O candidato que saque máis votos é o que ten que gobernar", insistiu Alberte Núñez Feijoo. "Os socialistas somos modelo de como hai que facer as cousas", asegurou Xosé C. López Orozco. "O BNG propón un estilo propio de como entender o país", afirmou Anxo Quintana. A ausencia de Emilio Pérez Touriño foi outra vez polémica no debate da Galega.


14/Maio/2007 /

Quintana e Feijoo contra... Orozco

O alcalde de Lugo enfróntase o luns á noite ao portavoz nacional do BNG e ao presidente do PPdeG.