Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Normalización das relacións

Venezuela designa novo embaixador do país para os Estados Unidos

Barack Obama ofrece diálogo a Cuba e pide axuda aos países latinoamericanos para que frutifique.

Redacción - 14:00 19/04/2009

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, anunciou este sábado (madrugada en Galiza) a designación do seu representante ante a Organización de Estados Americanos (OEA), Roy Chaderton, como o novo embaixador de Caracas en Washington (EUA), un paso adiante na intención de normalizar as relacións entre os dous países.

O anuncio prodúcese poucas horas despois de que o mandatario venezolano dixese non ter dúbidas de que o vínculo entre os dous gobernos mellorará baixo a Administración do presidente estadounidense Barack Obama. "Xa conversei con Roy Chaderton e designeino como candidato a ser embaixador en Estados Unidos", declarou Chávez aos xornalistas.

Obama, pola súa banda, unha vez restabelecida a comunicación con Chávez, pediulle axuda para conseguir un diálogo frutífero con Cuba, así como ao resto de países participantes na V Cimeira das Américas.

Normalización das relacións

No entanto, EUA recordou que o diálogo ten como obxectivo último "a consecución da democracia na illa", mais advertiu que, no camiño, hai moitos asuntos, como emigración e narcotráfico, que poden empezar a discutirse nun marco de normalización das relacións.


3.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: