Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POBO SAHARAUI EN GALIZA

"Levamos máis de 30 anos no exilio e moitos esixindo autodeterminación"

Unha jaima saharauí colocada no compostelán Parque de Estudos Galegos trata de sensibilizar estes días sobre a situación no Sáhara Occidental. Vídeo dentro.

Isabel G. Couso (texto e vídeo) - 08:00 22/04/2009

Dar a coñecer a realidade do pobo saharauí e procurar unha reacción na sociedade galega. Estes son os obxectivos dunha iniciativa posta en marcha por Enxeñería sen Fronteiras (ESF) e que estes días recala en Santiago de Compostela. O Parque de Estudos Galegos, fronte á Facultade de Farmacia, foi o escenario escollido para a colocación dunha jaima, a vivenda na que conviven diariamente as familias no Sáhara. Esta fórmula pretende achegar a estudantes, profesores e demais membros da comunidade universitaria, ademais dos veciños de Compostela, como se desenvolve un día a día no deserto.

A historia da antiga colonia e provincia española, os seus problemas diarios, como o abastecemento de augas nos campamentos de refuxiados, ou os camiños para a ansiada autodeterminación son algúns dos temas sobre os que podemos atopar información nesta improvisada jaima. Ademais, ofrece outras actividades, como degustación de té, obradoiros que ensinan a poñer un turbante ou de henna, debates abertos, campionato de oca saharauí ou proxección de vídeos.

Vieiros quixo compartir cos organizadores a posta en marcha desta iniciativa, a colocación da jaima e falar das súas inquietudes e esperanzas para o futuro. Así, conversamos con Mohamedu Heiba, delegado do Sáhara en Galiza; con Aicha Mahfud, unha rapaza saharauí que leva un ano entre nós; con Xacobe Abel Fernández García, de Enxeñería sen Fronteiras; ou con Santiago Jiménez Gómez, coordinador do Observatorio Galego para o Sáhara Occidental. (Ver vídeo).


Ligazóns

4.27/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Falamos cos responsábeis da iniciativa sobre a situación do Sáhara Occidental

A jaima está situada no compostelán Parque de Estudos Galegos
A jaima está situada no compostelán Parque de Estudos Galegos
Aicha Mahfud leva menos dun ano en Galiza
Aicha Mahfud leva menos dun ano en Galiza
Mohamedu Heiba é o delegado do Sáhara en Galiza
Mohamedu Heiba é o delegado do Sáhara en Galiza