Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Como alternativa a Ética

Berlín rexeita en referendo a introdución da materia de relixión nas escolas

Obrigatoria na maior parte dos landër alemáns, é só opcional na capital. Católicos, musulmáns e protestantes recibirían a clase por separado.

Redacción - 12:15 27/04/2009
Partidarios do 'si'

Partidarios do 'si'

Os habitantes de Berlín rexeitaron en referendo a proposta de lles dar ás clases de relixión o mesmo status que ás de ética nas escolas. A ética secular é un asunto prioritario na capital de Alemaña dende que en 2006 unha muller turca foi asasinada polo seu irmán debido ao seu modo de vivir occidental.

A materia de relixión, obrigatoria na maior parte dos outros länder alemáns, é só opcional en Berlín, onde só un 14,1% do total do censo electoral se decantou polo 'si', lonxe do 25% necesario (611.422 persoas) das 2,45 millóns chamadas ás urnas.

No entanto, do 29% participante na consulta popular, o 48,4% votou 'si', por un 51,5% que optou polo 'non'. De saír adiante a proposta, católicos musulmáns e protestantes recibirían esta clase por separado. Os seus detractores consideran que abriría divisións e establecería a axenda da maioría cristiá.

Mentres que en Alemaña hai un número igual de católicos e protestantes, en Berlín hai unha longa tradición secular. É tamén casa da comunidade musulmá máis grande de Alemaña, principalmente turca, con perto de 220 mil persoas.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: