Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Axudada polas consecuencias da crise

Islandia bota a andar de camiño da UE

A súa primeira ministra, Jóhanna Sigurdardóttir, presentará un proxecto de lei no Parlamento islandés que autoriza o comezo das conversas para entrar na Unión.

Redacción - 08:00 07/05/2009
Tags: Islandia UE
Flickr: elderc

Flickr: elderc

A primeira ministra de Islandia, a socialdemócrata Jóhanna Sigurdardóttir -elixida nas urnas hai 10 días-, anunciou esta cuarta feira, na televisión pública, que ten a intención de presentar no Parlamento un proxecto de lei que autoriza o comezo das conversas encamiñadas a entrar na Unión Europea.

O partido de Sigurdardóttir, Alianza Socialdemócrata, xa se amosara a favor de entrar na UE en repetidas ocasións, mais o seu socio de goberno, a esquerda verde, non as tiña todas consigo no referido a encetar conversas con Bruxelas.

Porén, por causa do colapso sufrido pola economía islandesa o pasado mes de outubro, unha parte importante dos 320 mil habitantes da illa comezaron a posicionarse a favor da entrada na Unión, sobre todo no que se refire á adopción da moeda única. Unha enquisa feita pública esta cuarta feira no país sinala que o 61,2% da poboación é partidaria de abrir diálogo con Bruxelas, fronte ao 29,6% que se amosa contraria.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: