Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A NORMALIZACIÓN MARCHA ATRÁS

Ten que entender un médico a lingua dos pacientes?

O Goberno valora ofertar prazas para especialistas nas que non se exixa ningunha noción do idioma do país.

Redacción - 11:30 23/05/2009

É lóxico que un cardiólogo se incorpore a un sistema sanitario público sen ter a máis mínima noción do idioma que empregan moitos dos seus doentes? O debate xa se está a dar. Segundo recolle o xornal La Voz de Galicia, a Consellaría de Facenda, de quen depende a Dirección Xeral de Función Pública, está a estudar a posibilidade de “oposicións á carta” para médicos especialistas. Estes profesionais poderían ter unha praza no Sergas aínda que non teñan o máis mínimo coñecemento do idioma do país.

Dende o executivo aseguran que non se poden perder profesionais por cuestións como a lingua. Así, consideran que os requisitos mínimos que agora se demandan son un obstáculo para a chegada de médicos foráneos. Mais dende a Xunta, non descartan que esta exención poida aplicarse a outras prazas especializadas de funcionarios.

A filtración prodúcese en pleno debate pola intención do Goberno de suprimir a proba específica en lingua galega para acceder á función pública. A pesar das protestas sindicais, os de Feijoo xa anunciaron que non pensan dar marcha atrás e que van levar ao Parlamento a reforma da Lei da Función Pública para que os opositores poidan facer todos os exercicios en castelán. O coñecemento do idioma propio quedaría acreditado a partir de agora coa simple presentación de cursos de lingua galega.

O bipartito aprobara no seu momento unha disposición que establecía que, obrigatoriamente, unha parte das probas das oposicións se desenvolvese en galego, para que quedase así acreditado un coñecemento básico.


4.36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: