Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
FOI MERCADO POLO ESTADO VENEZUELANO

O Banco de Venezuela-Grupo Santander pasa a mans estatais venezuelanas

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, destacou o inicio da nacionalización do Banco de Venezuela-Grupo Santander asinando un contrato de compra-venda da institución financeira, entre o Goberno Revolucionario Bolivariano e as actuais propietarios españois do Banco de Venezuela.

Xurxo Martínez Crespo - 08:32 24/05/2009

 "O Banco de Venezuela agora pasa a ser do pobo", dixo o presidente venezuelano desde o estado Barinas, nas chairas, Llanos, venezulanas, na inauguración da sede da Universidad Nacional Experimental Politécnica de la Fuerza Armada (Unefa).

O presidente falou verbo o comezo da compra do Banco Venezuela-Grupo Santander e dixo que "esas empresas privatizadas (...), coma Sidor, unha das máis grandes siderúrxicas deste continente, ou as empresas que lle inxectan gas aos pozos de petróleo (?), todo iso manexábano unhas empresas privadas, agora renacionalizámolo, pero non é propiedade de Chávez nin é propiedade do goberno, é propiedade de todos, dun pobo, dun gran colectivo".

A negociación para a compra do Banco de Venezuela, que estaba baixo a propiedade do grupo Santander, acordouse por un monto de mil 50 millóns de dólares (750 millóns de euros). A partires do próximo 3 de xullo, o goberno revolucionario bolivariano pasará a tomar control efectivo do Banco de Venezuela.

Segundo o vicepresidente Carrizalez durante a sinatura do contrato de compra-venda, realizarase un primeiro pagamento de 630 millóns de dólares, e emitiranse dous pagarés por 210 millóns de dólares cada un, que se cancelarán un o 3 de outubro e outro o 30 de decembro deste ano.

No acto de asinatura realizado na Vicepresidencia da República Bolivariana de Venezuela, tanto Carrizalez como o actual presidente do Banco de Venezuela, Michel Goguikian, manifestaron que o acordo alcanzado e os seus termos satisfán ás partes, ademais de que a negociación desenvolveuse nun proceso de respecto e cordialidade.


Ligazóns

3,67/5 (6 votos)