Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
semanas despois dos primeiros

Sanidade estuda un novo caso sospeitoso de gripe A

Trátase dun militar que se atopaba de permiso en Galiza. Atópase illado no CHUS de Vigo, á espera dos resultados das probas.

Redacción - 15:00 27/05/2009

A Consellaría de Sanidade está a estudar un caso sospeitoso da gripe A nun alumno da Academia de Enxeñeiros do Exército de Terra do cuartel de Hoyo de Manzanares, en Madrid, que se atopaba de permiso en Galiza.

Segundo informou o departamento de Pilar Farjas, o caso se corresponde a un varón de 21 anos, residente na provincia de Pontevedra, que volveu ao país esta segunda feira, tras saír de permiso.

Após ser atendido no servizo de urxencias da Clínica Fátima de Vigo con síntomas gripais, el 061 trasladouno ao Complexo Hospitalario Universitario (CHUS) de Vigo, onde se atopa ingresado, nun cuarto illado no que se vixía a súa evolución.
A consellería subliñou que a situación clínica do paciente é "leve" e apuntou que está a ser tratado cos antivíricos indicados nos protocolos de actuación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Ministerio de Sanidade, ao que xa lle foi comunicado este novo caso.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: