Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NUN ANUNCIO NUN SITE DE INTERNET

Procuran escritores anti-Chávez en EUA

Segundo un artigo publicado pola avogada venezuelano-estadounidense Eva Golinger, a coñecida páxina web de clasificados en Estados Unidos, Craigslist, publicou un aviso o 29 de maio pasado titulado "Precisanse escritores anti-Chávez".

Xurxo Martínez Crespo - 11:53 05/06/2009

O clasificado non especifica o nome da entidade que solicita persoas para escribir artigos en contra do presidente venezuelano para axudar á súa derrota, pero indica que o traballo é requirido por un site en Washington, DC.

Segundo a avogada venezuelana-estadounidense Eva Golinger este aviso é evidencia da constante agresión mediática e as conspiracións para desestablizar, conducidas contra Venezuela, desde Estados Unidos que ocuparon até os espazos alternativos de medios de comunicación dese país.

Craigslist é unha rede centralizada de comunidades en internet que se coñece polos seus servizos de avisos clasificados gratuítos, con seccións dedicados á procura de emprego, vivenda, vendas, servizos, eventos comunitarios e foros de debate. Comezou no ano 1995 como unha lista de distribución vía correo electrónico na cidade de San Francisco.
Foi incorporado como empresa no 1999 e para o ano 2009, Craigslist estabeleceuse en aproximadamente 570 cidades en 50 países. Recibe máis de vinte mil millóns de visitas mensuais e é considerado como un dos sitios web máis importantes do mundo.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)