Germán Sánchez Otero, embaixador de Cuba en Venezuela foi enfático ao afirmar que Cuba non volve á OEA, pois a organización ten "un expediente tebroso" e agregou que "a OEA é algo anacrónico, vetusto e que existe contra a vontade e intereses dos nosos pobos", perguntándose: "que sentido ten que Cuba ingrese a algo que xa virtualmente é un cádaver?".
Germán Sánchez Otero, embaixador de Cuba en Venezuela, salientou que os pobos de América Latina viven unha festa trala derrogación da resolución que expulsou a Cuba, fai 47 anos, da Organización de Estados Americanos (OEA) e revela o troco que se está vivindo na nosa rexión grazas aos gobernos progresistas.
Rememorou, durante o programa Despertó Venezuela, que transmite Venezolana de Televisión, que cando Cuba foi expulsada non foi unha sorpresa para o país insular, pois a OEA estaba suxeita ao poder imperial de Estados Unidos.
Citou eventos aos que a organización deu as costas, por exemplo, "á invasión a Guatemala contra o goberno nacionalista de Jacobo Arbenz no ano 54, nunca criticou á ditadura de Batista que foi derrocada pola loita do noso pobo e que deixou como saldo máis de 20 mil mortos, torturados, opresión e dor á nosa xente; non condenou a Somoza, a Stroessner, é dicer, ditaduras que a OEA simplesmente ignorou".
En consecuencia, a decisión histórica deste mércores, permitiu que "os verdadeiros representantes dos nosos pobos fixéronse escoitar".
Ao seu xuízo, durante a XXXIX Asemblea Xeral da OEA, en San Pedro Sula, Honduras, derrotouse á política de intervención de Estados Unidos, porque os países lle dixeron que a expulsión de Cuba "foi inxusta e tiñan que corrixir ese erro".
"Estados Unidos non mudou a súa política, a que cambiou foi América Latina", sentenciou o diplomático cubano e suxeriu a creación da Organización de Estados de América Latina e o Caribe.
Nota oficial do goberno cubano
Através dunha nota de prensa, o goberno de Cuba saudou a decisión da Organización de Estados Americanos (OEA) de derrogar, sen condicións, a expulsión do país caribeño desa organización que se mantiña desde o ano de 1962.
"Nun día histórico e de reivindicación para os pobos de nosa América, a Asemblea Xeral da OEA derrogou hoxe sen condicións a resolución pola que se expulsou a Cuba desa organización", sinala a nota oficial, que reitera que Cuba non ten interese algún en retornar ao organismo continental, do que foi excluída, por presións de Estados Unidos, por adoptar unha ideoloxía progresista.
Nese sentido, o Goberno cubano sinala no comunicado que a OEA posúe unha historia entreguista, ao tempo que lembrou que a decisión tomada o mércores pola XXXIX Asemblea Xeral da OEA foi impulsada por gobernos progresistas de América Latina, principalmente dos que integran a Alternativa Bolivariana para los pueblos de nuestra América (ALBA).
"Cuba non pediu nin quere regresar á OEA, institución chea dunha historia tebrosa e entreguista, pero recoñece o valor político, o simbolismo e a rebeldía que entraña esta decisión impulsada polos gobernos populares de América Latina", agrega o comunicado.
Segundo Cuba, malia presións, condicionamentos e manobras por parte de Estados Unidos, "a forza formidábel da América Latina que está nacendo fixo posíbel o desagravio, a rectificación histórica, a condena implícita ao oprobioso pasado".
"Como sinalou Fidel Castro na súa Reflexión de onte á noite, Cuba non é inimiga da paz, nin remisa ao intercambio e a cooperación entre países de diferentes sistemas políticos, pero foi, é e será intransixente na defensa dos seus principios", asegura a nota oficial.
O líder da Revolución cubana, Fidel Castro, nunha das súas reflexións publicadas o pasado martes, acusou á OEA de ser cómplice de todos os crimes cometidos contra Cuba e ratificou que o seu país "non é inimiga da paz, nin remisa ao intercambio ou a cooperación entre países de diferentes sistemas políticos".
Na reflexión titulada O Cabalo de Troia, Fidel sostén que Cuba sempre "foi e será intransixente na defensa dos seus principios", ao referirse ás condicións que pretendeu impoñer Estados Unidos no documento que este mércores derrogou a resolución de 1962.
O texto agrega que é "un día histórico este 3 de xuño, no que felicitamos a Raúl Castro, actual presidente, no seu aniversario 78, por ser protagonista, xunto a Fidel, destas duras e vitoriosas batallas do noso pobo".