O embaixador Juan Arias, representante permanente de Venezuela en Xenebra perante das Nacións Unidas, rexeitou as acusacións formuladas polos sindicalistas venezueanos da Central de Trabajadores de Venezuela (CTV) contra o goberno venezuelano, durante a celebración da nonaxésima oitava Conferencia Internacional do Traballo, en Xenebra.
Na xuntanza internacional, que se desenvolve desde o 3 de xuño, Fedecamaras (a patronal venezuelana) e a Confederación de Trabajadores de Venezuela (CTV) desacreditaron as políticas sociais adoptadas polo Goberno Bolivariano.
Este espazo –sinalou Arias- está sendo usado por Fedecamaras e a CTV para obter o que lles foi imposíbel captar en Venezuela da masa traballadora, apoiándose nas súas vellas amizades, nos seus contactos nas institución internacionais.
O que foi presentado neste espazo é a continuación do plano golpista emprendido por estes sectores en Venezuela, para tratar de desacreditar ao Goberno e ao proceso de troco que se está gestando no país, apuntou o embaixador diante das Nacións Unidas, declarou o embaixador Arias.
Lembrou que “estes organismos serviron durante a época da Guerra Fría para impoñer o dominio hexemónico do imperialismo estadounidense, e neste momento de troco teñen que asumir unha posición máis equilibrada, aberta e obxectiva”.
En virtude disto, cualificou de política mesquiña as acusacións contra Venezuela en materia de liberdade sindical, sobre a base da defensa que fai o sector empresarial das presuntas agresións por parte do Goberno venezolano.