Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Normalización

Anxo Lorenzo promete unha política lingüística "baseada na promoción activa" do galego

A Mesa, sindicatos e asociacións de pais cualifican a consulta sobre o idioma de "tramposa".

Redacción - 12:00 13/06/2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, prometeu este venres que o seu departamento levará a cabo "unha promoción activa" do galego a través dunha política que, "sendo diferente ás anteriores, está baseada na promoción activa e multidimensional" da lingua propia.

Así, no marco da homenaxe ao escritor de Abadín Aquilino Iglesia no centenario do seu nacemento nesta localidade, Lorenzo apelou ao "consenso e a concordia". "O pobo galego non nos vai perdoar que non sexamos capaces de deixar a un lado as rivalidades partidistas cando se trata da lingua galega", destacou.

Finalmente, considerou "o idioma" como "a base da convivencia como pobo", e lembrou e valorou o traballo realizado polo escritor homenaxeado, que foi membro da Real Academia Galega, "a favor do idioma e da cultura de Galiza".

Novas críticas á consulta de Educación

Por outra banda, a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con sindicatos e asociacións de pais de alumnos cualificaron en Ferrol tamén este venres que a consulta sobre o idioma no ensino proposto pola Consellaría de Educación é "tramposa".

Consideran que no apartado que se destaca como "só en galego" fai referencia ás materias troncais e "non a todas as disciplinas, como dá a entender". Ante isto, pedíronlles aos pais que marquen a opción dunha educación só en galego, porque se refire "ás materias troncais", o que tan só suporía continuar co deseño educativo actual.


2.87/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: