O foro de militantes de diversas correntes Espaço Irmandinho inicia a súa reformulación para se constituír "a curto prazo" en formación política.
O pasado mes de febreiro o VI Encontro Nacional de Espaço Irmandinho (EI)aprobaba "iniciar un proceso de reformulación para se constituír a curto ou medio prazo nunha organización política independentista de ámbito nacional".
O obxectivo é propiciar un espazo común, construído "por abaixo" en base a acción conxunta de todo o abano arredista galego; "sen présas, nin calendarios"; co fin de "superar definitivamente a dialéctica de atomización"; e participando das "iniciativas comunitarias e sociais que (...) sustentan a propia existencia dunha nación como a galega".
Vieiros tivo acceso ás resolucións acordadas naquel encontro e que a Comisión Xestora de EI redactou este mes de xuño. Mais, que é o que é Espaço Irmandinho?
EI nacía en Vigo no mes de Nadal de 2005, logo de que un grupo de militantes independentistas de diversas siglas, liderados por un sector escindido de NÓS-UP, decidiran crear unha coordinadora que agrupase activistas de todo o país, dispersos en diferentes organizacións: políticas, sindicais, socioculturais, ecoloxistas, xuvenís, ...
Na xuntanza de febreiro pasado, EI plantexou un obxectivo que vai un pouco máis alá. Isto é, crear un proxecto independentista común á marxe do BNG, isto é, un 'Bloque Independentista Galego', procurando sinerxías entre os diferentes sectores en que está esgallado o arredismo galego.
Entramado organizativo civil nacionalista
Porén, unha organización política deste tipo "non se pode crear por un acordo burocrático", apuntan fontes de EI consultadas. De aí a construción "por abaixo". "É imposíbel construír e liberar a nación utilizando exclusivamente como ferramenta a acción política convencional", reflexionan.
Neste senso, salientan como aspecto importante da "reformulación" a vontade de potenciar un entramado organizativo civil nacionalista, con iniciativas educativas, proxectos económicos cooperativos ou medios de comunicación, entre outros proxectos.
No entanto, estas mesmas fontes parten da idea de son unha "organización máis", que non procuran "arrogarse ningunha lexitimidade superior" a outras, e que no momento en que se "dean as condicións" camiñarían cara á autodisolución e integraríanse nun "hipotético proxecto común independentista". "Isto non vai ser un chiringuito máis", aseguran.
Mais tamén son conscientes de que en sentido estrito o Movemento de Liberación Nacional Galego (MLNG) está por construír. A "reformulación", afirman, procura "catalizar" este proceso de construción do MLNG, dotándose dun "sistema organizativo".
"Moita decepción acumulada"
"O exemplo de Iniciativa Internacionalista a nivel organización -evidentemente, non dende o punto de vista dos resultados electorais- pensamos que serviu de punto de inflexión", confesan. Din que a nivel interno serviu como exercicio de coñecemento mutuo e para ver as potencialidades de traballo e de implicación. "Nestes casos dous máis dous suman cinco ou seis", consideran.
Porén, anticipan que hai un traballo extenso por facer, tamén "superando contradicións internas", para "mudar estados de ánimo" e "superar prexuízos", xa que recoñecen que "hai acumulada moita decepción" ao respecto dos proxectos independentistas das últimas dúas décadas.
Por exemplo, a plataforma en defensa do dereito de autodeterminación Causa Galiza apenas puido reunir xente na pasada manifestación do 6 de decembro contra a Constitución española. Dende EI son conscientes do desilusionante que resulta o "andar paseniño" desta e doutras iniciativas, en parte por culpa dos intereses das correntes internas que as conforman.
É por iso que outra das liñas desta nova etapa é o rexeitamento da "dupla militancia". "A tensión permanente entre siglas non é produtiva dentro dunha organización. Vese no BNG e viuse na FPG orixinaria. En canto hai partidos ...", apuntan. "Ademais -din-, o movemento independentista non ten tanta influencia como para dividirse en partidos representantes de sectores sociais diferentes".
A normativa do galego, fóra do debate
Outra das cuestións que máis acenden o debate entre as diferentes correntes do arredismo galego é a lingua, concretamente a normativa, mesmo até o punto de entorpecer a dialéctica en calquera outro tema. Este lastre é asumido dende EI, que aínda que aseguran non renunciar ao reintegracionismo, consideran que esta confrontación debe desaparecer polo momento.
Ao igual que xa fai Causa Galiza, publican e publicarán todo ao 50%, en AGAL e RAG. Mais apuntan unha certa innovación dentro do proceso de "reformulación". Isto é, o uso dunha ou outra normativa "deberá modularse en función do público ao que se dirixe", unha decisión á que se chega logo de comprobar como, por exemplo, os obreiros á saída de Citroën deitan no chan sen ler moita da documentación que se lles entrega, afirman.
Trátase de seguir "máis que criterios científicos ou filolóxicos, outros sociolingüísticos ou de oportunidade, por dicilo dalgunha maneira", asumen. Algo que, coa distancia de "non renunciar a lingua da patria", din, xa se ven na obriga de facer "en Irlanda ou Euskal Herria, mesmo caendo na contradición de ter que usar o español".
Ogallá cheguen a bó porto, precisamos un independentismo forte como auga de maio. Senón o inimigo malla en nós canto quere.
Se realmente o independentismo se organizasse na Galiza, fomentaria-se ainda mais a fragmentaçom do nacionalismo e já a única alternativa real ao PP seria, desgraciadamente, o PSOE.
Parabéns ao Espaço Irmandinho. Um paso adiante de gente coherente e comprometida co pais para organizar a sua luita.
Ese é o caminho: Priorizar criar base social en lugar de grandes unións sem apoio por detras. Construir rede social nacional popular.
O eleitoralismo é ponher o carro diante dos bois.
A única alternativa real ao capitalismo (= BNG, PSOE e PP) terá que vir de fora deste sistema económico inxusto. Coa organizaçom e a luita dos que xa se derom conta dende há tempo que este sistema nom serve.
Para eu sumarme a este proxecto teríanse que mudar certos "vicios".
1.- A puta manía de copiar por mimetismo comportamentos do independentismo catalan e de euskadi. Nós temos unha realidade distinta.
2.- Negar calquera actuación que asuma a violencia como ferramenta para chegar ao fín.
3.- Superar o rollito "Hippie", e converter o independestimso como un obxetivo político.
Totalmente dacordo com o "olangullo" (#6)
A violencia como metodo hojendia e totalmente contra-producente. Nom e apenas que dificulte atingir os objectivos, e que resulta moralmente repulssiva. Se pretendemos acrescentar numeras a mensagem tem que ser outra, afouta, nom-violenta, radical e atrainte...
Non hai espazo político (número de votantes, enténdase) para un independentismo comfeso, só para un galeguismo que admita a posibilidade do autogoberno. Tamén, como Krull, son moi escéptico. A escisión ou renovación do nacionalismo ha vir por outro lado.
Albricias, chegou a primaveira...
Eu só lles pediría que pasen da violéncia.
Dígoo porque ese tal Abril (#3 e #4) nos dous comentarios felicita a esta xente, critica ao BNG e , sobor de todo, fala da luita.
home, se o formulan dende un punto de vista coherente coa realidade galega,contruíndoo sen complexos e sen imitacións,pode saír un moi bo resultado e os votantes chegarán sen problemas se hai un bo proxecto de futuro.
o BNG acusa moito ser un bloque de diferentes tendencias,pode que sexa esta unha moi boa nova para o futuro de Galiza.
Se esta nova força soberanista unitária nom conseguir nengum deputado no Parlamento a curto praço, isso é secundário. O importante é conformar os alicerces dum movimento social e político que seja quem de trocar a sociedade galega. As cousas vam lentas, nom podemos é esperar resultados imediatos, porque isso voltaria ao mesmo de sempre.
O prioritário é sentar umas bases fortes, e desde as mesmas medrar dentro das possibilidades reais, e sem renunciar a nada.
E para isso há que movimentar algo sólido, com base social, médios de comunicaçom próprios, associaçons, plataformas etc. mas o essencial é que estas terám de brigar na mesma direcçom e unidas.
A esquerda independentista tem uns dos pessoais melhor formados intelectualmente de toda Galiza, conta com certa base social e, o mais importante, a capacidade de trabalho e compromisso dos seus militantes é infinita. É um potencial enorme que, caminhando unido e na mesma direcçom, conseguirá o que se proponha. E este é o medo do inimigo espanhol, que sabe da potencialidade imensa dum movimento soberanista unido e forte.
Se somos quem de cimentar um projecto que devolva a ilusom à gente, o sector mais activo nom do nacionalismo, senom de toda a sociedade galega, trabalhará com total fidelidade.
E moi importante que exista unha organización independentista. Agora ben, independentista non debe rematar simplemente no nome e nos documentos internos, para que realmente sexa independentista hai que indicar os procesos a seguir para acadar a independencia. Procesos realistas, posibles e concretos, non soños nen hipóteses imposibles ou improbables.
Acho que é umha boa nova, mas... Meu Deus, desde o começo, a esquerda soberanista deve tirar a estrela vermelha, que eu penso que hoje é tam contra-producente como a violência se o que se quer é chegar ao conjunto da sociedade, do seu projecto e da bandeira da galega e começar a trabalhar com os simbolos da pátria. Mostrar esses simbolos à sociedade e que esta os aceite com orgulho como elemento de ligaçom entre todos os galegos sem importar nada, mas que som galegos e que se sentem como tal.
À minha maneira de ver o nacionalismo e soberanismo nom figerom mais que mostrar-se perante a gente com bandeiras nacionalistas quando a questom nom é que sejam nacionalistas, mas nacionais com as que toda a gente também se puder sentir representada e, portanto, também representada polo projecto nacionalista ou o que for. A sério: com quê creis vós que a gente deste pais se sentiria mais identificada, com umha estrela de 5 cabos ou com a flor da do tojo? Forom bem listos aí os de Converxencia S.XXI.
Porque nom fam falta estrelas vermelhas para serdes esqueridstas.
http://news-pictures.broadband...
http://www.bandeiragalega.com/
Sinto a maçada mas acho que já se levam cometidos erros avondo a respeito desta questom.
É unha opinión moi túa, scaaveiro, iso de que símbolos pode soportar a sociedade galega e cales non. Tes un concepto un tanto estraño da esquerda e mesmo do populismo. Aquí do que se trata é de se queres construír algo ou fas propaganda do nacionalismo de centro. De centro no mellor dos casos.
parabens e adiante sem cometer os erros do pasado, erros sempre se cometem mas, do pasado ja estamos fartas
Pois que lle vaia ben e consigan a unidade... e que se esquezan da dobre II e das relación cos gudaris que iso non trae nada bó. Que se situen na terra e no tempo no que están, e que medren na mocidade.
A ver se é certo e toda a enerxia desperdiciada se canaliza nalgo útil.
Un sector escindido de NOS-UP??? Mi mah, eran catro agora 2...
A ver se coalha. Já vimos o Processo Espiral, as Bases Democráticas Galegas, a Causa Galiza... Semelham mais logotipos para juntar amigos o Dia da Pátria que verdadeiros projetos políticos.
Quanto à estrela da bandeira, também isso vos dá vergonha? Pois nada, meus: um snoopy, um touro de osborne, o logo da cocacola,... seguro que "mola" mais. Que tal a U de Adolfo Dominguez...galeguíssimo, não é?
Mas se calhar, o importante é o activismo. Organização em todas as comarcas, nos diversos âmbitos produtivos, conexão e cooperação nos movimentos sociais,... Um dos problemas das experiências até agora do independentismo é que afinal vêm sendo rapazada urbanita que vive papainho e diz-se radikal para ser "guais", mas de construir alternativas reais à puta realidade sabem bem pouco.
Poderia ser interessante também que se deixasse de mimetizar o independentismo basco e catalão, que o Reino tem muita experiência em neutralizar e começar a antecipar-se aos previsíveis movimentos do aparato repressivo. Também olhar para experiências com sucesso, como o vizinho Bloco de Esquerdas, todo um referente numa realidade económica similar á nossa. A esquerda já, a independência passo a passo. Construindo-a, não pedindo-a.
Ânimo. Oxalá desta sim nasça algo vivo...
sen estar totalmente de acordo cos plantexamentos dos denominados "independentistas galegos" (non hai nacionalista neste País que non teña a independencia e soberanía nacional coma fín derradeiro do seu pensamento político a prol da Galiza, ou senón non é nacionalista) acho que dende logo, de callar esta opción, é unha boa nova para todo o nacionalismo galego, xa que, aínda que nos foda a algúns, non chegaremos a ser nación mentres non amosemos a capacidade de xerar un espectro político propio, sen intromisións españolistas, e ó meu modo de ver o mellor ponto de partida é o modelo de fronte nacional, tanto B.N.G. coma neste caso "B.I.G." se callar, son necesarios para a construción nacional, así coma deixar de lado os cainismos e conquerir acordos pola liberación nacional.
só nos separa o método.
o verdadeiramente importante é a consecución da soberanía nacional e a autodeterminazón, despois xa pelexaremos por ocupar un certo espazo político.
Non hai nacionalista neste país que teña como obxectivo se quera posible a independencia galega en vida: ou queren morrer por ela nunha revolución, ou queren un "paquete de competencias" unido a un "paquete de votos". En ámbolos dous casos, o nacionalismo galego non aspira á independencia real.
A crise do nacionalismo débese á corrución e ao non saber facer, non ás ideas.
Farto estou de tonterias platónicas de esquerda.
A politica o se fai pensando en intereses ou non serve.
Para que cualle ten que ter facerse na defensa deste País, da xente que existe, sabendo convencelos de quen é o que defende os seus intereses e quen non.
Ou iso ou seguirá sendo unha tropa de iluminados sen base popular.
Mágoa tanta enerxía estragada!
à vezes é melhor ler só a nova, porque os comentários desiluem o mais optimista.
Nom sei em que sentido concreto ia a mensagem de Scaaveiro, mas o que eu quixera do independentismo, e o nacionalismo em geral, é saber discernir entre os actos de partido e as manifestaçons civis. Eu vim pouco ou nada ajeitado ver, nom já estreleiras, senom bandeiras puramente comunistas, na manifestaçom do 17 de Maio do Dia das Letras.
Eu vejo mais ajeitado e lógico ondear este tipo de bandeiras em qualquer manifa ou reinvindicaçom operária, como as do metal em Vigo. Mas é falto de sentido, eu penso, numa manifestaçom a prol da língua, que reúne várias sensibilidades.
Galiza tem uns símbolos próprios e históricos como Naçom. Se queremos ser um país sério devemos é respeitar os mesmos. Em Euskal Herria a esquerda abertzale, a esquerda patriota (isto quer dizer), leva ikurrinhas sem nengum tipo de estrela. Eu tampouco nunca vim bandeiras irlandesas com uma estrela nos tempos de Connolly ou do Sinn Féin.
Isto penso é o que alguns criticam/criticamos, nom o feito de esconder os símbolos duma determinada ideologia, mas o feito de solapalos à base simbólica de todo um país, que como sabemos nom deu resultados, mais bem todo o contrário.
Unha organización independentista unida é moi importante, o BNG só non vai lograr nada, en calquer pais sen estado hai diferentes partidos soberanistas, para abarcar diferentes espectros da poboación.
A normativa do galego, fóra do debate ???
Pois mal vamos! Justo num momento histórico em que a escolha normativa do galego é fundamental, os que querem ser vanguarda decidem passar do tema? Fugindo dos problemas não se resolvem as contradições nem se avança politicamente.
Vedes o que vos digo... con toda a honestidade vos digo que, entando non deixedes posicións de idealismo alonxado da realidade socio-política galega, e da configuración ideolóxica dos diferentes sectores e clases sociais, non lograredes artellar nada viábel.
Eu non concordo con esas teses mais sei que unha parte do nacionalismo galego si, e fica neste momento orfo de onde levar a súa enerxía patriótica, e lamentábelmente perdese.
Ala vos, logo, coa vosa responsabilidade por non ter a suficiente xenerosidade, vontade e intelixencia.
Saúde e patria.
E maior barbaridade sería calquera mimetismo tanto con independentismo catalá como co esuskaldún....
http://www.youtube...
sempre en Galiza
nom poderan cos galegos e o galego
Fidalgo, para o possibilismo já estades vós, bem apegados à "realidade socio-político galega e à configuraçom ideológia dos diferentes sectores e clases".
Ou temedes perder parte da parróquia que se deixe seduzir por "idealismos alonxados"?
A tua honestidade dá-me risa
Hermerico
Pero quen é o que está a perder a parroquia? por favor....
Pois nada nada vos mesmos... outravolta pasaran 20 anos sen serdes quen de montaren algo. Ala vós.
Eu sigo lamentando tanta enerxia desperdiciada....