Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
6 de decembro

Causa Galiza: "A constitución 'borbónica' só serviu para manter a opresión nacional do noso país"

A plataforma xuntou unhas 150 persoas en Compostela pedindo a autodeterminación para Galiza.

Redacción - 15:30 06/12/2008
A praza do Toural, no momento da concentración de Causa Galiza

A praza do Toural, no momento da concentración de Causa Galiza

A pesar da choiva, unhas 150 persoas acudiron á concentración convocada por Causa Galiza en Compostela para visibilizar o movemento soberanista de esquerdas galego, nunha xornada de reivindicación da autodeterminación e de rexeite á Constitución española, que este sábado cumpría 30 anos.

A concentración comezou por volta das 13:30 horas na praza do Toural en Compostela, e durante a mesma repartiuse un comunicado (en .pdf), elaborado pola entidade e que foi lido polo traballador do metal vigués Karlos Barros. A escolla dun "membro da clase obreira galega" non foi casual, xa que este ano as reivindicacións do colectivo baseábanse en denunciar as políticas que durante anos diversos partidos, esgrimindo a Constitución española, aplicaron "favorecendo o modelo económico imperante, o capitalismo" e "favorecendo tamén ás grandes entidades financeiras e ás elites empresariais, axudando á concentración e centralización de capitais e o fortalecemento do carácter centralista do Estado", en detrimento da "clase traballadora galega".

Lembráronse tamén os "ataques máis recentes", como a "desfeita do Prestige, o TAV, o porto exterior da Coruña, o plan acuícola, o eólico, a privatización dos servizos públicos, a campaña polo bilingüismo...", e da "necesidade" de que o pobo galego se dea conta do que a autodeterminación e o "exercicio da soberanía nacional" pode facer por el.

Máis noticias deste día:


Ligazóns

3,94/5 (16 votos)

Comentarios (12)

Sheamais #1 6/Decembro/2008 Sheamais
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Doulle o meu apoio á concentración.

Garrano #2 6/Decembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

PFFFFF!! 150 persoas, por favor, para iso mellor que non saiades da casa.

Onte GZ-Nova de Compos 20 persoas e agora estes que non chegaron a 200. Sinceramente, o mundillo da esquerda nacionalista compostelá deberiase mirar un pouquiño ao espello e pensar un pouco as cousas antes de lle pór todo en bandexa ao inimigo.

ruixordo #3 6/Decembro/2008 ruixordo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

se descontamos aos secretas quanta gente achais que haveria?? :P

Atlantico #4 6/Decembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Foi un exito, no coctel da Constitución que deu o Borbón, non vos pensedes que habería moita máis xente.

Carlinhos #5 7/Decembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Madia levou! Concentraçom, foi, abofé.
Mais "concetrados" nom podiamos estar, nom ocupámos nem 1/8 do Toural; havia-che mais pessoas mercando no Súper.
É bem claro que laretear lareteamos muit@s no Vieiros, mais na hora de molhar-se; somos menos @s que nos molhamos.
Com esse panorama fiquei sem vontade para ficar em Compostela para festa nengumha. Vou informar-me da assistência à Festa da NASA, estou certo de que havia mais gente.
Proponho nom convocar máis concentraçons nem manifestaçons; a partir de agora qualquer colectivo ou organizaçom da Galiza deverá convocar garrafons, churrascadas, merendinhas, bailes ou cocktails reivindicativos(... país mecaghoemdiós!!) para que as pessoas deixem ratos e teclados e saiam à rua.

Carlinhos #6 7/Decembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#3 "Secretas" nom sei che haveria (nos tempos da ÁPU eram pouco secretos, eram tam conhecidos em Compostela como os "Tunos do Obradoiro") havia 3 "agentes" da NaZional na entrada do Vilar insultando e provocando... circulem, circulem... e um do PP disparando fotos às / a@s concetrad@s tamém 2 carrinhas paradas e 8 (polo menos contei passar, ou eran menos e derom 2 voltas) a circular pola praça de Galiza depois de finalizar a Concentraçom. Para ganharem o salário os Nacisonales tinham que sacar pola orelha da casa (ou do hotelito com encanto) algum/ha, Vieireg@ que estava ao quente e levá-lo para o Toural.

Opinador #7 7/Decembro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Esta foi a enésima proba da incompetenza, da incapacidade, da inmadureza e da nulidade absolutas do independentismo galego.

Gaviotero #8 7/Decembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



xanxan #9 7/Decembro/2008 xanxan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

o teu e moi penoso gaviota!!
sale a tomar o aire pola ria e deisa de falar parvadas!!

dafonte #10 7/Decembro/2008 dafonte
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

por alí pasou encarna otero pondo cara de noxo, agardando como que alguén a insultara para tentar sacar un titular co seu nome, para patetismo o desta tipa e do seu partido que bican e xuran a constución española sobre a que os galeg@s escupimos e mexamos!!

Telleiro #11 7/Decembro/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Concordo con Carlinhos #5: fun á concentración e sorprendeume a súa cativeza.
Á noite fun dar un paseo e o Avante estaba cheo.

Carlinhos #12 8/Decembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

7# Desculpa, também se pode interpretar como a enésima prova da competência, capacidade, madureza e eficácia absolutas do BNG ramompinheirista para anular a mobilizaçom e a consciência do Povo Galego em contra da Monarquia espanhola, a sua Constituiçom, para a narcotizar-nos (e nom só com licor-café) e renunciarmos à luita polo direito à autodeterminaçom e à verdadeira democracia (Poder Popular, [nom enganar-se com plutocracia]) para a Galiza.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: