Foi perante os xulgados de Compostela, onde fora chamado o presidente da asociación, Carlos Callón, por unha denuncia do xuíz Antonio Fraga.
Carlos Callón
Arredor de 200 persoas concentráronse esta cuarta feira perante os xulgados composteláns. Deste xeito, amosáronlle o seu apoio á reivindicación da Mesa pola Normalización Lingüística a prol do uso do galego na Xustiza.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou que a concentración simbólica coincidía coa súa citación para declarar despois de que o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga, o denunciase por un suposto delito de calumnias e inxurias.
Callón lembrou que a denuncia foille presentada por ter defendido a lingua contra o xuíz, que denunciou un veciño da cidade da Coruña que solicitara recibir as notificacións "en galego e co topónimo oficial". O presidente da Mesa rexeitara a manifestación do xuíz, que dixo que non tiña "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña".
Callón considerou esa afirmación "unha apoloxía da desobediencia da legalidade", algo "grave" para un maxistrado "que non se debería guiar por ningún outro criterio na súa función pública que non fose a plena aplicación da lei". O responsábel da Mesa decidiu non declarar porque "non estaban claros os termos da denuncia", que enmarcou "nunha campaña moito máis ampla de demonización da asociación, cunha virulencia inusitada nos últimos oito meses".
E, o xustificante de entrega/recepción postal empregado polo xulgado para citar o Callón en que lingua está?
__ galego
__ castelán
__ bilingüe castelán vs galego
__ bilingüe galego castelán
E, o sobre empregado polo xulgado para enviarlle a citación ó Callón en que lingua ou linguas está?
E o papel de uso xudicial no que se documentou a citación ó Callón en que lingua ou linguas está?
E o texto da citación trasladada ó Callón en que lingua ou linguas está?
E os cuños que autorizan as sinaturas da citación ó Callón en que lingua ou lingüas están?
E ... fronte a esa violación dos dereitos lingüísticos do Callón e mais da Comunidade Lingüística Galega como se reaccionou?
A Mesa, o Callón e moitos outros galegoexterminadores (inconscientes?) aman moito saír nos medios ... arriscar o benestar propio xa vos é outra cousa!
Que doado e criticar desde a casa sentado aos que se moven e loitan para defender a nosa língua e identidade. Fan falta moitos máis C@llóns e moitos menos críticos de salón.
A cuestão é que não é de recibo denunciar a niguém por exigirlhe que cumpra com a lei.
ao señorito Callón habería que poñelo a traballar. en calquera cousa
Polo visto aqui non hai presa por parte de Feijoo e GB por garantir o "bilinguismo". (a diferenza das administracions)
A defensa da lingua galega ten que ser todolos dias e en todolos ambitos. Poñendo exemplos pq nos si podemos mostrar realidades, non coma outros que inventan a realidade (de "discriminacion do castelan" ou "imposicion do galego").
- Xustiza
- Medios de comunicacion
- Empresas
- Publicidade
- Sanidade
- Garda Civil e policia
Nestes e moitos outros ambitos donde esta o bilinguismo?.
Seños do PP, Psoe ou ata o BNG. ¿Donde esta o bilinguismo que tanto predican nestes ambitos?. Ou so teñen dereitos en Galiza os castelanfalantes?.
#2 Benchosei
"Que doado e criticar desde a casa sentado aos que se moven e loitan para defender a nosa língua e identidade. Fan falta moitos máis C@llóns e moitos menos críticos de salón".
--> Haiche uns salóns ou SALAS DE VISTAS nas que non aparecen como deberan nin os teus c@llóns nin os do Callón.
Onde hai que pór os c@llóns non os poñedes: preferides deixalos ó abrigo do gregarismo mediático.
Defendeu ou non o Callón, cos teus c@llóns ou cos del, o seu dereito a vivir en galego, o seu dereito a usar pasivamente por escrito na Galiza a súa lingua española oficial propia do territorio como podería usar a propia do territorio en Castela con ocasión da citación a declarar recibida?
A ver cando vexo neses salóns chamados salas de vista os teus c@llóns ou os do Callón!
#3 O-OLHO-CRITICO
"A cuestão é que não é de recibo denunciar a niguém por exigirlhe que cumpra com a lei".
--> Incumprimentos da lei hainos todos os días! Non tería obxecto a existencia dunha Administración da xustiza, dun poder xudicial se os incumprimentos das normas xurídicas non fosen abondosos e previsíbeis.
O problema está no tipo de resposta que artellamos fronte a un incumprimento normativo, sobre todo se atenta de xeito masivo e sistemático contra os dereitos lingüísticos.
A Mesa non pode/debe respostar SÓ con unha concentración restrinxida ós aloitadores escollidos para o premio mediático. Ós xulgadores dálles a risa se non sabes combater procesualmente a propagandeada violación dos dereitos lingüísticos.