ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
POR UN DELITO DE CALUMNIAS E INXURIAS

O xuíz decano da Coruña denuncia ao presidente da Mesa

É o mesmo maxistrado que denunciara a un cidadán logo de que este solicitase recibir as notificacións en galego e co topónimo oficial.

Redacción - 17:50 11/06/2009
A Mesa acusa a Fraga Mandián de tratar de demonizar a asociación

A Mesa acusa a Fraga Mandián de tratar de demonizar a asociación

Antonio Fraga Mandían, xuíz decano da Coruña, denunciou a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, por un delito de calumnias e inxurias. Os feitos remóntanse a hai un ano, cando o maxistrado denunciara a un veciño da Coruña despois de que este solicitase recibir as notificacións en galego e co topónimo oficial. Na vista, Fraga Mandián dixera que non tiña "ningún rubor en usar o topónimo La Coruña". Callón contestou, ante os medios de comunicación, que consideraba esta afirmación "unha apoloxía de desobediencia da legalidade, especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei". Estas son as declaracións polas que, agora, o xuíz denunciou ao presidente da Mesa.

No escrito, "La Coruña"
A Mesa pola Normalización Lingüística subliña que a actual denuncia tamén volve a estar asinada en "La Coruña". O feito cobra aínda máis importancia logo de que, naquela ocasión, despois de que o veciño coruñés solicitase a súa notificación xudicial en galego e co topónimo oficial, Fraga Mandián negoulle o primeiro e considerou que o uso de "La Coruña" na carta e no carimbo non fora máis que un erro ortográfico.

Ante esta situación, Callón pregúntase "por que ao señor Fraga Mandián só parecen valerlle as leis que lle son útiles: bota man das que lle permiten denunciar por supostas calumnias, mais fai caso omiso doutras, como as que regulan os topónimos oficiais?"

Concentración de apoio
Carlos Callón está citado para comparecer o vindeiro xoves 17 de xuño nos xulgados de Santiago de Compostela. Para ese día, a Mesa organiza unha concentración de apoio: "se agardan que calemos a boca e deixemos de defender a nosa lingua, poden seguir agardando", di o presidente. Para o colectivo, esta denuncia "encádrase nunha campaña máis ampla de demonización da nosa asociación, que vimos sufrindo cunha virulencia inusitada nos últimos meses".


Ligazóns

4,75/5 (20 votos)

Comentarios (15)

acarondosil #1 11/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Xa o dixen outra vez, pero non se me ocorre nada mellor: por terra, mar e aire.

maruxainanacorte #2 11/Xuño/2009 maruxainanacorte
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Si, estamos en guerra.

AGIL #3 11/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Cheira-me que "Fraga" e "Mandián" parecem como apelidos galegos. Se o senhor juiz (ou o que for...) fosse minimamente consequente, deveria mudar os seu apelidos para castelhano (ele dirá "español"... Total, uma ilegalidade mais que importância pode ter...). Saberia alguém fazer-lhe essa "caridade"?

AGIL #4 11/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Já vi:
"fraga" consta no DRAE, mas remete a "breñal". Mais castelhano, portanto, é Breñal.

AGIL #5 11/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se ocupa tempo, quartos e atençao para os misteres de o Callón se defender, o Fraga... (FRaga? De que me soa esta palavra?) pensa que distorce as atividades da MNL... e de outros.
Já sabemos como é que agem: portanto, deixemos que, como mortos, enterrem os seus mortos e procuremos que nem nos matem nem nos enterrem. Que orneiam, que orneiem! Mais cada vez haverá gente que perceba o que na realidade procuram: A morte do Galego. Mas observai que quase todos eles têm apelido galego... Parece (digo-vo-lo como castelhano e pondo-me de fora) como que o seu é suicidar-se e, suicidando-se, "suicidar" outros. Que se suicidem eles! Bastante tormento tem de lhes ser carregar continuamente com apelidos galego, com a marca do Galego na sua personalidade...

tinho #6 11/Xuño/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

fascismo puro e duro como gosta nosso democratico nunhez feijoo

Vituco #7 11/Xuño/2009 Vituco
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que expliquen as leis que teñen que cumprirse e as que non, e xa nos servimos coma no Carrefour.

C29 #8 11/Xuño/2009 C29
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Imos acabar todos no trullo.

castelom #9 11/Xuño/2009 castelom
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O facto de este senhor, o juiz entenda-se, estar vivo, nom é um incómodo?
Permitide esta consideraçom simplista, mas acho que vai à raíz do problema...

cabodomundo #10 12/Xuño/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#2 de guerra na.
#8 no trullo?! non home non, non che deas tanta importancia. Bastará cunha vulgar sanción económica axeitada a vulgaridade dos encausados

noraboa ó xuíz decano da coruña. xa era hora de que alguén plantase cara a estes mentireiros intoxicadores

MCXOSE #11 12/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu son socio da Mesa e vou apoiar no que sexa preciso á miña lingua. A Carlós Callón tamén o apoiarei por suposto. O decano ese fágome unha idea do MOITÍSIMO MOITÍSIMO MOOOITÍSIMO NOXO QUE ME TEN QUE DAR. Xa me imaxino a maneira de pensar dese suxeito. Debe de se o peor. Que xentalla! aggh!!

O-OLHO-CRITICO #12 12/Xuño/2009 O-OLHO-CRITICO
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

AGIL, como é isso de que FRAGA remite a BRENHAL? Uma FRAGA taducido a o castelam deveria ser um BOSQUE tuda a vida. Que caralho de diccionario fixerom isses?.

lolito #13 12/Xuño/2009 lolito
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

E digo eu,non se pode denunciar a este xuiz?; eu creo sí

maruxainanacorte #14 12/Xuño/2009 maruxainanacorte
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu tamen penso coma 13, que se deberia contraatacar e denunciar aos xuices imparciais que non merecen selo.

mceleiro #15 12/Xuño/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"Primeiro eles vieram atrás dos comunistas e eu não disse nada porque não era comunista. Depois vieram atrás dos judeus. E eu não disse nada porque não era judeu. Depois vieram atrás dos sindicalistas. E eu não disse nada porque não era sindicalista. Então vieram atrás de mim. E já não havia mais ninguém para falar por mim."

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: