Unha comisión da Comisión Nacional de Telecomunicaciones (Conatel) presentouse nas se da canle privada de televisión Globovisión para notificar do inicio dun novo procedemento sancionador contra a empresa, por ter, presuntamente, coadxuvado en accións delitivas permitindo o uso dos seus servizos para iso.
Neste novo procedemento administrativo sancionatorio contra Globovisión solicítase ao Ministerio Público determinar se a canle incorreu nun delito penal.
Segundo a información fornecida pola Agencia Bolivariana de Noticias, a consultora xurídica de Globovisión, Ana Cristina Núñez, sinalou que a orde de procedemento estaría relacionada coas declaracións que fixese o director do diario El Nuevo País, Rafael Poleo, o 13 de outubro de 2008.
Núñez, ao dar lectura do documento entregado por Conatel, explicou que xa diante do Ministerio Público cursan “investigacións penais pola difusión por parte de Globovisión de presuntos delitos” e a visita a Globovisión realízase en vista de que esas investigacións poderían derivar na determinación de responsabilidade penal da canle.
“Conatel ordena o inicio dun novo procedemento administrativo sancionador, co fin de determinar se a conduta de Globovisión por ter feito uso do servizo de sinal aberto como un meio para coadxuvar a comisión de delitos e ordena a suspensión deste procedemento até que se determine a existencia de responsabilidades penais por parte do Ministerio Público e se lle informe a Conatel que unha vez que reinicie o presente procedemento administrativo procederá a notificar nun lapso de 15 días hábiles para exercer o seu dereito á defensa', cita o oficio entregado pola comisión de Conatel.
Estado venezuelano podería rescindir licenza a Globovisión
Se o Ministerio Público determina que Globovisión coadxuvou á comisión do delito, a Comisión Nacional de Telecomunicaciones (Conatel), actuando conforme á lei, poderá revogar á concesión á canle, segundo declaracións da consultora xurídica de Conatel, Roselyn Daher, durante o programa Al Momento, transmitido por Venezolana de Televisión (VTV).
De acordo a información fornecida pola Agencia Bolivariana de Noticias, a consultora sinalou que Conatel notificou á referida canle de televisión a apertura dun procedemento administrativo sancionatorio, por presunta infracción ao articulo 171 numeral 6 da lei Orgánica de Telecomunicacións de Venezuela, que estabelece o seguinte:
'Artigo 171. Sen prexuízo das multas que corresponda aplicar de conformidade co previsto nesta Lei, será sancionado coa revogatoria da habilitación administrativa ou concesión, segundo o caso: (...) 6. O que utilice ou permita o uso dos servizos de telecomunicacións para os cales está habilitado, como meios para coadxuvar na comisión de delitos'.