ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Proposición non de lei

O BNG insta o Parlamento a condenar as "proclamas antigalegas" da FAES

A fundación que lidera o ex presidente do goberno español José María Aznar mesmo cuestiona a propia existencia da nosa lingua.

Redacción - 17:30 22/06/2009
Bieito Lobeira e José María Aznar

Bieito Lobeira e José María Aznar

O deputado do BNG Bieito Lobeira presentou unha proposición non de lei para que o Parlamento manifeste "a súa máis enérxica condena e rexeitamento ás proclamas xenófobas e antigalegas" por parte da fundación FAES, vinculada ao PP.

Lobeira instou a Xunta a que "utilice as medidas necesarias para que a fundación FAES cese de inmediato coas súas actitudes manifestamente hostís á diversidade nacional, lingüística e cultural" do Estado, informou este luns o BNG nun comunicado.

En concreto, pediu "respecto" para "o dereito do pobo galego á súa existencia política e ao exercicio pleno dos seus dereitos lingüísticos e culturais".

Lobeira denunciou que a FAES, liderada polo ex presidente do goberno español José María Aznar, "utiliza a arma do racismo e da xenofobia para atacar, insultar e humillar os galegos nas súas publicacións e informes".

Cuestionamento da existencia do galego
Como exemplo, o deputado do BNG reprochou que a FAES "cuestiona a existencia do idioma galego, o que considera unha suma de variantes lingüísticas galaicas que, por comodidade, chamabamos galego".

Segundo o BNG, a FAES "ataca directamente" o Estatuto de Autonomía, que estabelece que o galego é a lingua propia de Galiza. Para a FAES, dixo Lobeira, o concepto de lingua propia é "unha idea predemocrática que lexitima a prevalencia dunha das linguas con respecto á outra que, para máis inri, é a única lingua oficial do Estado".

O nacionalista engadiu que, ademais, esta fundación "critica as políticas de discriminación positiva a prol do galego, a lingua que está en situación de inferioridade, comparándoo co nulo efecto que estas políticas tamén tiveron sobre as mulleres e os negros".

A FAES, a fundación "máis subvencionada"

Tamén recordou que a fundación FAES "é a máis subvencionada polo Ministerio de Cultura do Goberno español", e que este ano recibirá 2,68 millóns de euros para fomentar as súas actividades, cantidade á que hai que engadir outros recursos dos ministerios de Asuntos Exteriores e de Educación.

Por iso, considerou "hipócrita e cínico" que a FAES defenda a supresión das axudas á lingua galega, cando esta fundación "recibe unha cantidade moi importante de recursos públicos" en concepto de subvención.


4,95/5 (20 votos)


Comentarios (33)

Hermerico #1 22/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Acho que os do PP nom vos vam votar isto, nem despois de cubrir-vos de glória com o de Cáncio, papa-ostias.

carxeva #2 22/Xuño/2009 carxeva
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Non entendo Hermerico que queres dicir co de Cancio, ese personaxe noxento.
Parabéns a Bieito Lobeira pola iniciativa, hai que comezar a darlles guerra sen tregua ningunha, están pasándose de máis contra o galego.

Benchosei #3 22/Xuño/2009 Benchosei
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Despois do pacto de Euskadi para botar aos nacionalistas do poder xa non debe extranar que o psoe subvencione a estos fascistas de Faes e lembra ese sabio dito de "psoe, pp, a mesma merda é". Canto máis nos ataquen máis nos revolveremos.

ANGR #4 22/Xuño/2009 ANGR
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Olhai que temos o inimigo mais metido da casa do que pensamos.

Velai a ligação à FAES galega (por se não tínheis o gosto) que preside Feijóo:

http://www.agoragalicia.org/

Isto é o que entende Feijóo por descentralização: A ultra-direita espaÑolista também deve ter uma fundação na Comunidade Autónoma de Galicia, não vamos ser menos!

bobo #5 22/Xuño/2009 bobo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

a ver qué di o presi Alberto disto...

maragota #6 22/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#4: Grazas pola ligazón. Ouvira falar dela, mais xa pensaba que era lenda urbana.
Son nomes moi coñecidos. Andrés Freire, Cristina Losada, Miguel Cancio todos eles exemplos de centrismo e moderación.

afervenza #7 22/Xuño/2009 afervenza
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#4

Grazas pola ligazón. Era máis ca evidente o vencello entre o goberno Juntero e as teses das FAES, aínda que non coñecía a organización "a la gallega" en si mesma.

Cando e como imos acordar deste pesadelo se por moitos que sexamos non existimos para esta xente?

micsha #8 22/Xuño/2009 micsha
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Garrano #9 22/Xuño/2009 Garrano
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Negar o galego coma lingua, afirmara que se non se falou español en Galiza foi polo analfabetismo, como se todos os castelanfalantes estiveran alfabetizados cando a poboación de Galiza era maioritariamente analfabeta, ou sexa a implicita equiparación tendenciosa e asquerosamente xenófoba de galago con analfabetismo e castelán con cultura. A negación do culturicidio, a xsutificación da prepotencia, a violencia institucional e o supremacismo lingüistico. A promoción aberta da marxinación social e institucional da lingua etc etc etc

Se cada vez que un medio coma Vieiros saca unha noticia tivera que estar xustificandose a xente coma Micsha, eu deixaría de leelo. o que sí espero é que o BNG empece a chamarlle ás cousas polo seu nome e promova as denuncias por xenofobia contra destes bastardos aquí e onde faga falta.

Benchoseiv #10 22/Xuño/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#8.Barra,uld kahwaa,kelp,akzin,saabmel,nado dum baldréu!

micsha #11 22/Xuño/2009 micsha
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaias #12 22/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A cara que non nos mostran os medios do SISTEMA do PPSOE

http://www.youtube.com/watch?v...

carxeva #13 22/Xuño/2009 carxeva
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Micsha como podes mentir tanto e quedar tan tranquilo, os feitos están aí. Acaso mente Bieito Lobeira? Podo estar ou non de acordo con algunhas cousas que fai, pero nesta Chapeau!! porque xa está ben de aturarvos e de comexar a desenmascarar a toda esta xentuza da FAES e do PP madrileño que nos está a gobernar. Lete o da FAES antes, ignorante (na acepción española).

volvebreogan #14 22/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

os das faes son tan ignorantes os pobres que non merecen nin prestarlles atención algunha...

micsha #15 22/Xuño/2009 micsha
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Garrano #16 22/Xuño/2009 Garrano
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Mire Micsha se hai aqui alguén co tarro comido é Vde, se hai aquí alguén que non entendeu ben o que puña nese panfleto do tal Andrés Freire é vostede. Nin eu gosto do señor Lobeira nin eu agardo a que diga este deputado ningunha cousa para me formar unha opinión.

A FAES promove a galegofobia, o PP ten a FAES coma Think Tank e debe aclararlle á sociedade galega se lle queda ainda unha faisca de galeguismo condenando aos que negan que teñamos sequera un idioma. Deixe de dar a murga que xa vamos fartos de fundamentalistas do nacional-catolicismo español e da xentalla inmunda que segue ao pé da letra coma auténticos descerebrados o que lle predican na COPE!

cachindiola #17 22/Xuño/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

ala carallo! resulta que o oito da misa dá clases. probes nenos que están a ser adoctrinados por un elemento desa feituría. ó caso, que senón despistome. eu non lle daría valor nengún o que o papán ese do asno diga ou queira dicer. eu xa fai tempo que estou a usar aquilo de "non hai maior desprezo que non dar aprezo"
claro que hai quen non fai caso, e, así nos vai

micsha #18 22/Xuño/2009 micsha
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Discantus #19 23/Xuño/2009 Discantus
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Micsha, na web do BNG pode descargarse o texto completo da proposición non de lei, na que aparecen as citas textuais da FAES que son causa de agravio. Logo esas mesmas citas poden rastrearse en Google e, efectivamente, levan a artigos publicados na web da FAES.
Ía deixarlle os enlaces, pero para que? Traballe vostede un pouco, home.

papeiro #20 23/Xuño/2009 papeiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois se a Faes é ben mantida polo PsoE, e se o desgoberno do PsoE non é apoiado polo PP/Faes, que fai o Bng sostento a gobernantes que colaboran cos fascistas?

Non é por enredar, un xa está farto de tanto mantedor de madalenas resesas. A cambio de outros repartos, supoño. E sabendo que esa liña leva a marxinalidade política. Quédanos o discurso encendido de Lobeira, excelente animador das masas dentro da mediocridade que o rodea, mágoa que a práctica fora outro cantar. Pois iso, seguide apoiando ao PsoE, e que vos aproveite!

luaminguante #21 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

18
é que todos os que estamos aquí,hai tempo limos o das FAES.
pódelo ler ti tamén, que está en castelán e ao millor gústache.
pero antes de falar hai que se informar

luaminguante #22 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

e xa que citas o evanxelio:
ven coñecedes vos unha forma de evanxelización,que é a obsesión por extender a todo o planeta,es única língua verdadeira,que chamades español.
polas boas ou polas malas,o mundo ten que falar español;e aos infieis linguísticos CAÑAAAAAAAAAAAA dE eSPAÑAAAAAAAAAAAAA

MCXOSE #23 23/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Home, Micsha, pero ti por aquí, en vez de estar por aí, Eu que sei, en Madrid na rúa Génova ou nas inmediacións do Bernabéu un día de partido a perseguir inchas das comunidades autónomas con idioma propio, ou perseguindo negros e mouros, que che están a quitar o traballo. E poste aquí alma cándida a tirar pedras contra o teu tellado, que por desgraza é o noso tamén, porque, vouche dicir a verdade: que ti morras de fame éme algo que non me importaría, tendo en conta que o que mellor lle desexas ao noso idioma é que desapareza, pois non esperarás que che limpe as botas. Outra cousa, ti que tanto castelán escribes, por que non escribes en inglés, que así enténdeche máis xente? Andas aí co castelán ás voltas cando o idioma internacional e o que máis peso ten no mundo é o inglés. Aí fállasme eh: o teu imperialismo está coxo, pero se queres póñoche unha perna de Hitler e outra de Mussolini de muletas; se só precisas bastón empréstoche a Franco, que pola súa altura física penso que ben podería cumprir a función de "puto de apoio". Ti supoño que serás alto fisicamente, porque intelectualmente e como xeneroso e respectuoso non tes prezo: como patriota galego iso xa non ten nome, vamos! Castelao e Celso Emilio Ferreiro ao teu lado eran pecata minuta. Por favor, quítate do medio e non deas noxo, que cheiras que apestas a puto españolista e fedes a antigalego, cheirento do carallo. Lavaraste un día destes, polo menos cando entres en Vieiros, e se o fas antes das próximas 24 horas regáloche un lote de productos A Toxa pero co nome en castelán, para que te espaghilles vivo no cuarto de baño mirando para o "j", vale? Ale, veña, sé boíño e non te metas con ninguén, si? que despois non che traen nada os Reis Magos...

MCXOSE #24 23/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

AZNAR AO CÁRCERE!!! (POR XENOCIDA)

luaminguante #25 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

23
non lle digas a micsha que marche,que nos quedamos sen cobaia na que estudar as posibilidades dos circuitos cerebrais do individuo coñecido como "bilingÜe"
vale ,xa sei que eso logo se estudia,pero collinlle apego,porque creo que el tamén nolo ten a nos,senón non estaría aquí

luaminguante #26 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

pon un micsha na túa vida!!!!!!!!!!(é gratis)

maragota #27 23/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ben, micsha, vouche dar unha clase de comprensión lectora.
Vieiros cita Lobeira:
"Como exemplo, o deputado do BNG reprochou que a FAES "cuestiona a existencia do idioma galego, o que considera unha suma de variantes lingüísticas galaicas que, por comodidade, chamabamos galego".
Nestas liñas o que fai Lobeira é citar unha pasaxe do informe FAES, que, segundo lembro, si que se refire ao galego como un conxunto de variedades. O da comodidade tamén é unha cita literal.
Sei que o estilo indirecto é máis difícil que o directo, mais non te preocupes, estamos aquí para te ensinar.

maragota #28 23/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O da negación da existencia do galego, que vai moito máis alá que o típico tópico sobre unha excesiva fragmentación do idioma, contra a suposta unidade do castelán, perdón, español, foi o que máis me indignou o día da publicación do panfleto. Por desgraza, os medios non lle prestaron moita atención.
O surrealista da historia é que este tipiño andou de xira por cidades galegas dando unha conferencia co título de "El día que La Coruña desapareció. Otra historia lingüística de Galicia", onde critica a normalización do galego, pois xa tiñamos unha lingua de cultura. Di que non hai antecedentes a non ser en sociedades ágrafas (supoño que Noruega). Outras das mentiras son facilmente constratábeis como que o castelán é a lingua falada maioritamente polos galegos. Se a ledes (circula por internet) veredes que tivo unha gran influencia nos asistentes á, chamésmolle, conferencia e moitas das ideas son facilmente recoñecíbeis en cartas ao lector e demais cousiñas dos gabis.

joseantonio #29 23/Xuño/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Agora quedanos por saber canta subvenciòn leva a política linguistica en comparanza con a FAES.
Estaría bo que pagaramos máis para que nos insulten que para que o galego sigo vivo.
Nestas alturas da vida, nada ten de raro.

mceleiro #30 23/Xuño/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A FAES e a Falange que digam o que quiserem. Não sei porque se lhes dá tanta publicidade a estes parvos.

A FAES é um clube privado de fascistas sobre o que o parlamento não tem nenhuma competência. O Asnar tampouco tem agora responsabilidades políticas.

E ainda que pudessem intervir, que iam fazer? ilegalizar o PP?

luaminguante #31 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

fAES
FA(fascistas)
ES(españois)

luaminguante #32 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

cito ao filólogo Manuel Rodríguez Alonso:
"unha das características do galego(subliñada precisamente por membros da escola linguística española ,nada favorables por certo á normalización do galego,como García de Diego ou Zamora Vicente) é a súa fundamental unidade, que se ve case como un milagre,despois de séculos de ser lingua sen norma,gramátaica nin dicionarios.Por outra banda,se D.Andrés Freire lese a Dialectoloxía de Fernández Rei comprobaría isto que estamos a dicir."

luaminguante #33 23/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

phttp://www.youtube.com/watch?v... por outro lado,o linguista Juan Carlos Moreno Cabrera,sinala unhas 90 variedades para o castelán

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: