ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
XOSÉ GÓNZÁLEZ, PRESIDENTE DO FORO PEINADOR

"É posíbel e necesario desactivar prexuízos lingüísticos no ámbito empresarial"

Dez compañías punteiras do país comprométense a introducir de xeito gradual o galego na súa actividade.

Redacción - 19:35 24/06/2009

Son Itelsis e Egatel (grandes empresas galegas do sector das telecomunicacións);Tuconsa (construción); Travibus Noroeste (agrupación provincial de transporte público); Progando (subministro de pensos); Vulcano (estaleiros de construción naval); Fegatur (entidade que reúne aos negocios de turismo rural); Celtic Estores (empresa que fabrica seis milleiros de estores diarios); Pórtico Audiovisuais (produtora); e Academia Postal (encargada da formación dos futuros funcionarios da administración pública).

Estas dez empresas aceptaron este ano a invitación do Foro Peinador para sumárense a un proxecto que contempla a introdución gradual do galego na súa actividade empresarial. O acto formal foi a sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, un acordo que contempla a promoción da nosa lingua nas súas relacións internas e externas. Na documentación, nas páxinas web, na sinalización, na documentación administrativa, nos actos sociais da entidade ou en actuacións formativas: o galego comezará a ser unha lingua máis de referencia nos seus actos comunicativos.

No seu conxunto, segundo explica o presidente do Foro Peinador, Xosé González, estas dez compañías suman unha cifra nada desprezábel de máis de sete mil traballadores. De aí a importancia da iniciativa, xa que, ademais, contempla a promoción do galego entre o cadro de persoal. "Celebraranse actos específicos para facer copartícipes aos traballadores", explica González, "como por exemplo parar a produción durante unha ou dúas horas para explicar cal é o significado de galeguizar".

O galego: activo empresarial
Mais, unha das grandes conquistas deste proxecto, que o Foro Peinador leva reeditando dende hai tres anos, é a conversión da lingua en activo empresarial, nun elemento de interese para o sector económico. En tempos nos que o galego se está a converter nun elemento de discordia, preguntámoslle a González pola disposición empresarial a sumárense a iniciativas coma esta. "É evidente que no empresariado aínda perduran moitos prexuízos ideolóxicos e lingüísticos", explica ao tempo que recorda que aínda hoxe é un gran problema que a nosa lingua se cinxa case exclusivamente aos círculos literarios e estritamente culturais.

A fórmula que ofrece Xosé González, cunha ampla traxectoria no traballo da normalización ás súas costas, é "fuxir da crispación" na que actualmente se enmarca toda a información e o debate vencellado co galego. "Nun contexto de conflito, un sector tan afastado da lingua e da cultura como é o empresarial é lóxico que o pense varias veces antes de sumarse a iniciativas a prol do galego", explica, "a receptividade que nos atopamos, con todo, nin é milagreira nin pésima". Para González, a clave está nas formas: "nós actuamos como interlocutores para desactivar os prexuízos lingüísticos neste ámbito empresarial; é unha tarefa que non pode vir da man das administracións, nin de entidades políticas ou ideoloxizadas, senón de colectivos coma o noso". Así, o Foro Peinador sumou nos últimos anos, aos poucos, unha rede empresarial de compañías dispostas a actuar en defensa do galego.


Ligazóns

4,77/5 (31 votos)

Comentarios (12)

MaisUm #1 24/Xuño/2009 MaisUm
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Gostos muito dos documentários e reportagens (Espaço Natureza) que a Portico faz para a TVG.

Parabéns!!

Cuevillas #2 24/Xuño/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Eu penso que non é posíbel. a miña compañeira, sendo da aldea e galegofalante natural, foi insultada por un destes trasnos que andan por Vigo e acusada de "nacionalista radical". A miña compañeira fixo o normal: como o tipo tiña acento galego (falaba castelán coma un paleto), faloulle en galego. Segundos despois, o home acendeu o circuito "G.B." e comezou o "discurso das liberdades" típico de xente con complexo de inferioridade. Eu entrei na conversa, e coa miña diplomacia que me caracteriza, inviteino a abandoar a loxa.
Eu quedei pensando no discurso do langrán ese, e realmente dinme de conta que a que non tivo a liberdade de se expresar, foi a miña compañeira.

acarondosil #3 24/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se estas empresas se comprometeron a introducir o galego, o que teñen é que cumprir. Que se note na práctica, que non quede só en boas palabras.

galilea #4 24/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#2 Cuevillas, o feito é que quen alporiza tanto coa dichosa imposición do galego acaba por impoñer o castelán, sendo o galego a língua propia de Galicia e o castelán un idioma imposto nalgún momento da nosa historia.

A ver como é de gradual esta introdución do galego nestas empresas, non me creo moito, soame mais ben a declaracions para o lavado de imaxe deste goberno que xa comezou co proceso de exterminación do galego alí onde se ha de aprender, na escola, e onde se debe utilizar, na Administración. Se de verdade van facer algo, que fagan dunha vez inmersión lingüistica como fai por exemplo R.

luaminguante #5 24/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

non soa mal ,pero non me creo nadiña

rubentxu #6 24/Xuño/2009 rubentxu
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pero que cachondeo é este? Primeiro protestan polas rúas que se fala moito galego, que o castelán está ameazado e agora din que o van a promocionar? Porque non deixan de marearnos e nos din realmente o que son e o que queren: son fascitas e queren aniquilar a esencia do noso pobo.


Que falacias son esas de que potenciaran o uso do idioma...vou ir durmir porque esto fixome doer a cabeza.

Bradomin #7 24/Xuño/2009 Bradomin
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

De escoita obrigada:
http://www.youtube.com/watch?v...

O arquitecto Lamela, citado no video, foi contratado na época de Fraga para desenvolver o proxecto de Eiseman para a cidade da cultura

Bradomin #8 25/Xuño/2009 Bradomin
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

outro link do mesmo lingüista que non ten desperdicio, e recén saída do forno:

http://www.youtube...

OBSERVADOR #9 25/Xuño/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Obrigado, Bradomin.

Sr_J #10 25/Xuño/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#6, rubentxu, acho que confundes o Foro Peinador com o Club Financiero de Vigo, não tenhem nada a ver.
É uma boa notícia, vamos-lhes dar um voto de confiança a ver como o fam.

cachindiola #11 25/Xuño/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

se cadra é unha escusa para darlle máis cartos a certos empresarios. a cousa e pavera: o pp (léase louzán) fai asina un convenio con eses empresarios para... amín só ver a louzan xa me dan gañas de gomitar, imaxinade ó ouilo falar nese dialecto que usa. ó meu,eu falo e escribo galego tódolos días do ano estea onde estea e non teño asinado coa deputación nengún convenio, só é fróito da miña decencia.
en fin outros para saír noutra foto din que convenian que o usarán.
o tempo ha de o dicer, e mentras así nos vai

luaminguante #12 25/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

este é outro conto para ternos entretidos en minucias,como aquil do portugués no ensino,do que xa non se lembra ninguén

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: