Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
tal e como o tivo Cataluña

Feijoo exixiralle ao goberno español un financiamento á medida de Galiza

Pediralle a Chaves que o noso país "non teña menos que os demais", e que sexa "sensíbel" ás "necesidades e peculiaridades" dos galegos.

Redacción / EP - 09:00 30/06/2009
O presidente de Galiza, Alberto Núñez Feijoo

O presidente de Galiza, Alberto Núñez Feijoo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóoo, utilizará o acordo unánime do Parlamento galego en materia de financiamento autonómico como "guía da negociación" que manterá este martes en Compostela co vicepresidente terceiro do goberno español e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves.

Fontes do Executivo galego consultadas avanzaron que o presidente galego o conta co "precedente" da xuntanza entre Chaves e o presidente de Cataluña, José Montilla, tras a cal o ex dirixente da Xunta de Andalucía sinalou que esta comunidade "tería que mellorar substancialmente o seu financiamento". Por isto, Feijoo advertirá que é necesario "garantir a solidariedade interterritorial" e, nesta liña, incidirá en que Galiza "non quere máis que os demais, pero tampouco menos". En todo caso, confía en que, no seu primeiro encontro oficial co vicepresidente terceiro, este sexa "sensíbel" ás "peculiaridades e necesidades" do noso país.

Neste sentido, as fontes consultadas apuntaron que Galiza ten renda "baixa" e unha "alta" dispersión da súa poboación, tamén moi envellecida. Os partidos con representación parlamentaria alcanzaron o consenso para reclamar maior peso tamén á orografía e ao custo dunha lingua propia. Ademais, co mesmo obxectivo de limar diferenzas sobre a reforma do sistema de financiamento autonómico, o presidente galego viaxará este mércores a Madrid, para reunirse coa vicepresidenta económica, Elena Salgado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: