Un manifesto que busca converterse en Iniciativa Lexislativa Popular pídelle ao PPdeG que volva ao “consenso lingüístico”.
Un texto nacido para ser subscrito pola sociedade civil que defende a normalización do idioma do país, á marxe da súa adscrición política. Este é o espírito co que nace o manifesto 'Galego. Patrimonio da Humanidade' e que, aínda que se vai presentar publicamente en Vigo o vindeiro 10 de xullo, xa bole pola rede.
Antón Baamonde e Manuel Bragado son dous dos promotores da iniciativa. Bragado explícalle a Vieiros que o texto está feito para que a sociedade civil sexa a única protagonista: “Somos cidadáns que queremos expresar a nosa opinión sobre o que está a suceder”. A pesar de que o manifesto aínda está circulando só en forma de correo, asegura estar sorprendido do número de persoas que están a mostrar a súa adhesión.
O proxecto que botará a andar a vindeira semana podería rematar nunha Inciativa Lexislativa Popular que acabe no Parlamento. No texto reclámaselle ao PPdeG que aplique “políticas positivas” para protexer a lingua autóctona. Os promotores agardan que en cuestión de días o manifesto 'Galego. Patrimonio da Humanidade” teña espazo de seu na rede. Dende aí poderán adherirse ao mesmo todos aqueles que o desexen.
Ofrecémoslle o texto íntegro do manifesto:
GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.
A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.
Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.
A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común. Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.
Parabéns por unha iniciativa moi agardada.
Eu tamen dou os meus parabens. Sin cor político, como ten que ser. Eu castelan falante (por o meu ambíto), tamen estou a prol das medidas. Penso que van a ser moitos. De ningun xeito poden as FAES decir o Galego que temos que falar.
Padiante esta iniciativa. Efectivamente, sen cor política, implicando castelanfalantes, como sinónimo de vida, de cultos.
SAÚDE PÁ INICIATIVA
#6 a ver, "atontao":
um decreto é uma materializaçom DUMA LEI ... e se havia consenso NA LEI (aprovada POR UNANIMIDADE NO PARLAMENTO polo governo do Partido Popular) que caralho de consenso pedes, merdám ???
É como se o Parlamento decidisse comprar um coche e depois os pepeiros dissessem que nom gostam de que o coche tenha rodas ..
Nom queríades galego?? : pois nom ter aprovado a Lei que legitima o decreto que o desenvolve !!
Isto é: O ÚNICO QUE ROMPEU O CONSENSO CONTRADIZENDO A LEI QUE ELES MESMOS APROVARAM FOI O 'P... PEPE DE LA PEPERÍA'.
POIS QUE LHES DEM BEM POLO C... A ESTES FALSOS DE M... !!!
Aos p.. hiPPócritas a Lei já lhes estava bem por enquanto nom se cumprisse ..
Chegou o Bipartito, fixo o decreto que desenvolvia a Lei que aprovara o PP e viu-se logo qual a postura real do Partido Promotor a respeito do galego !!
PD: dependo do que queiram introduzir no decreto que queiram aprovar, terám que modificar a Lei de normalizaçom que eles mesmos aprovaram (por exemplo: o da segregaçom por línguas), porque um decreto nom pode contravir o que a Lei da qual deiva estabelece ..
Assim que, a mentir e a dizer babalhocadas à casa de Rita, castrom!
Adiante cunha plataforma plural e que non teña obxectivos partidistas. O galego está moi por riba das siglas.
Eu quero denunciar aqui a hipocresia do PP que mentres en Catalunya esta a pedir un ensino 50% en castelan e catalan, e decir, bilingue. Aqui ese mesmo modelo impulsado polo bipartito era para eles "imposicion do galego" e por iso habia que derogalo.
Polo visto en Catalunya 50% en catalan e aqui erradicar o galego das oposicions, ensino, administracions, axudas a promocion, etc.
O que esta a facer o PPdeG non ten nome, sobre todo pq coma goberno galego teñen a obriga de protexer, dignificar e fomentar a nosa lingua, do castelan xa se ocupa o goberno español, a RAE, a prensa española, etc.
Ainda por riba as medidas que toman van contra os galegos, falen galego ou non, pois erradicar o galego das oposicions vai supor duplicar o numero de opositores foraneos, e non garatir os dereitos dos administrados galego-falantes a seren atendidos polos funcionarios (os cales pagan os seus salarios) na sua lingua.
Estamos ante un goberno que fixo da mentira, demagoxia e perseguccion da lingua galega a sua bandeira.
Unha cousa e ser bilingue (eu por exemplo son bilingue) e outra ben distinta e tentar aniquilar unha lingua por considerala unha ameaza a esa España unitaria que eles siguen idolatrizando (castelan, catolicismo, touros e flamenco).
Calquer galego, galego-falante ou non, con un pouco de dignidade e intelixencia debe esixir que as autoridades garantan cando menos a igualdade do galego co castelan no ensino, medios de comunicacion, funcionariado, xustiza, publicidade, cinema,etc.
A ultima polo visto e que hai cartos para subvencionar a plataformas galegofobas coma GB, pero non para dar axudas as clases en lingua galega.
Alguen coñece unha soa medida deste novo goberno que tivese tomado a prol da lingua galego ou dos dereitos dos galego-falantes?. Nin unha soa. Todalas medidas foron encamiñadas no sentido contrario, en eliminar dereitos, quitar proteccion o galego, e non garantir a obriga de coñecer e dominar por igual as duas linguas oficiais no ensino (cousa que non e posibel se hai segregacions ou non estan en igualdade as duas linguas).
Pois alá o PP, se quere votar toda a lexislatura ocupado co galego, pois adiante, eu non lles vou dar tregua alá onde poida chegar. Parabéns pola iniciativa esta e callesquiran adoitar, até aburrilos e telos ocupados, comi dixen se fai falta toda a lexislatura.
Vou dicer a miña história coa língua, nacín galego falante, pasaron-me ao castelan falante e voltei ao galego falante, tamén me defendo en castelán (algo que dubido poidan dicer os da galibifida con respeito ao galego).
Afirmar que o galego non é a lingua de todos os galegos, senón tan só dunha parte dos galegos é unha das manipulacións interesadas inventadas polos socios de Galicia Bilingüe. Tal afirmación carece de apoio legal, porque iso non se recolle en ningunha lei. Os poderes públicos están perfectamente lexitimados para adoptaren as medidas necesarias para que o galego (igual que sucede co castelán) sexa unha lingua de todos os galegos.
Respecto dos comentarios sobre o diñeiro que move o mercado editorial galego e a cultura galega en xeral, todo o mundo sabe que son unhas cantidades moi modestas en comparanza co que moven linguas coma o propio castelán. Cando se trata do castelán está moi ben facer negocio, pero cando se trata do humilde galego entón aparecen os lobos que se botan a el para devoralo. Abusar do débil é unha característica que frecuentemente atopamos en quen se dedica a servir fielmente aos seus amos.
Adiante meus, todo está bem craro. Não hai maus entendementos por neguma parte. Venhem a polo galego e polos que o usamos sendo tam galegos coma nós, com peles de ouvelha e dentes de lobo. Não podemos recuar mais. Media volta e lhes faremos fronte. Ou nos comem...
Mcnally = José Manuel Pousada, o vice de Galicia Bilingüe, que pasa o día (meu pobre!) facendo comentarios en diversos foros da rede: en La Coz asina co nome real (que para iso é a Voz), en El Correo faise chamara Cayo e agora aparece en Vieiros como Mcnally. Pousada, que te repites moito e contas trolas como as de Finlandia e Gales. Neste último país non hai liberdade de elección porque ha capital só hai unha escola para a lingua propia. En Finlandia hai algo que non explicas, os concellos bilingües ou monolingües e a cousa muda bastante se un municipio é declarado así ou asá. Tampouco contas que a minoría (pequenísima) lapona ten descoñexción televisiva local cunhas catro horas en suomi, cousa que os galego nunca teremos na TVE.
O galego non é a lingua de todos os galegos ou ¿é lingua de todos os galegos? Se o galego non é "lingua de todos os galegos" o castelán ou español tampouco, pois hai galegos que evitan falalo, concientemente. Se o castelán é lingua de todos os galegos escolarizados, o inglés tamén o é (parcialmente) o o portugués onde se ensine. O que é innegable é que o galego é patrimonio de todos os galegos (suponse se queren).Xa, todo isto é moi discutible, pero se hai galegos que non queren ter como patrimonio cultural a única lingua nacida en Galicia, pois a a a verdade non sei que tipo de patrimonio van querer conservar. Esa si que é unha Revolución Cultural. Agora entendo porque hai xente do PP á que lle encanta China, o que pasa que en China era ao revés. Claro que se eu (unha persoa só) decido que o pazo de San Xerome non é patrimonio común dos galegos, o pazo de San Xerome é patrimonio de TODOS os galegos? Ao final o concepto de patrimonio vai ser só legal, e na lexislación actual (estatuto, Constitución) está ben definido como valor cultural a preservar. Tamén está definidá alí a imposición do castelán a todos os españois. Estaría ben que as intervencións nnas Cortes dosDeputados galegos empezasen, "por imposición legal falo en castelán"..
A comparación con Finlandia é fantástica. Os suecos de Finlandia teñen dereito en todo o territorio nacional de usar a súa lingua en situaciós determinadas, calquera municipio pode declararse bilingüe a partir de certa porcentaxe(Un de Fuerteventura con emigración galega ou Vilafranca do Bierzo, por exemplo, imaxinemos) e seren destinados a unha brigada do exército, a ser posible con xente do seu propio idioma (por exemplo unha brigada do exército español en euskera). Moitos finlandeses traduciron o seu nome e apelidos ao finés desde o sueco, no proceso de oficialización do finés desde a independencia (antes fora ao revés). O mellor é a relación de proximidade linguistica entre sueco e finés, equiparable a español e euskera. O sea lo mismito que gallego y castellano. Sobre o Reino Unido, supoño que falarán do galés, porque supoño que non estarán falando dos dereitos do guxaratí na Gran Bretaña ou do urdi. Por certo, noticia recente, a terceira lingua de Cataluña é o árabe, con 160.000 falantes, teñen dereitos as persoas ou as linguas?
Quería dicir urdu, non urdi. Por certo en 2003 había 70.000 falantes de galego en Cataluña e disque que agora hai 30.000. Cantos hai en Madrid?
"Ganar unas elecciones, y más cuando se ganan por mayoría absoluta, autorizan a legislar democráticamente como te de la gana y en el sentido que te de la gana"
Gaviotero, estou de acordo contigo, e ademais espero que o fagan. É o método máis rápido para perder unhas eleccións
É tarde. Ese Mcnally parte dunha postura claramente despectiva a repeito do galego. É un "conquistador" arrogante que devece por axustizar un idioma baseándose na obcecación utilitaria e nas formas imperialistas máis reaccionarias. Que lle faría a lingua galega a un inquisidor de tal calaña? Elementos similares masacraron linguas, culturas, sentimentos, dignidades, baixo a éxida dos Depredadores Católicos en terras lonxincuas. "Inseres" así fachendean ante os que consideran febles. Este inser pensa que lle asiste o dereito a mocarse dos que falamos galego, non como "metralletas esteparias", senón co corazón e coa intelixencia e tamén coa comprensión, aínda que non tanta. Alá o seu mecenas, Feijoo (non merece a forma galega), co seu bilingüismo amábel( vaia monicrecada!). O Mcnally non chega ao corazón de ninguén, non chega ao intelecto de ninguén. A súa frialdade e indiferencia ante a sorte de linguas como a "galega" defíneo como un individuo totalitario e brutal.
O Pousada Mcnally, nececesita de nos para poder vivir. Si non entra na liorta, de que vivie?. Sempre o fixo, sempre as mismas parbadas. Como La Voz de Galicia fai o Voicoz as persoas a prol de Galego, xa non ten con quen falar. E moitas veces colle os choros dos nenos que non lle dan a razón, viñe aqui, para poder vivir do seu lixo.
A rañala, Pousada.
"Non existe nin existirá unha sociedade na que todos os seus membros teñan igual competencia dúas linguas"
Facer isa declaración soamente sae dun nacionalista español excluínte, que cando non lle convén di iso, e cando lle convén fala de lingua común...
Defendedes a ensinanza bilingüe en inglés, e defenestrades o galego para quen non o queira, que clase de cinismo é ise????
Sodes cínicos, así como o prototipo de galego que autodia o seu, porque dende fai 5 séculos falar galego é de paletos, e non de xente civilizada...
Non enganades a ninguén, non fostes a causa da victoria do pp, mais a lei de costas coutra cousa, e iso explica que parte do pp ande alporizado polas políticas antigalegas da xunta pro genovesa de feijoo.
CÍNICOS.
"...as políticas de afirmación positiva para o idioma galego, QUE O PROPIO PP IMPULSOU DESDE A XUNTA" ??? Ein??? Afirmação positiva, subsídios a La Voz? Discriminação linguística contra o reintegracionismo? Folclorização do galego? Ausência de promoção da TRANSMISSÃO INTERGERACIONAL do idioma? "Chiringuitos" de Centros Galegos por todo o mundo? Normativas "consensuadas" que nem eles mesmos aplicavam? Censura ideológica contra certos galeguistas na TVG em toda a Era Iribarne?
Esta gente do manifesto joga a perder ou que?
Nào som CONQUISTADORES.Na realidade,e de feito,som RENEGADOS "IGNORAMUS".
Coitad@s!.Coidam que por falar castralho som algo mais do que na realidade som;renadenn kaoh.
Eu tamén o quero asinar.
Sempre na loita.
#20 Gaviotero,
NOM À IMPOSIÇOM DO CASTELHANO, ANORMAL!!
NA GALIZA, EM GALEGO!
Parabéns pola iniciativa e polo texto do manifesto.
Eu tamén vou asinar.
O título da notícia está bem. Mas o manifesto é INASSUMÍVEL.
Que o assine Rita.
A primeira pedra dunha casa neste país, é o galego, a nosa língua.
Outra língua que tamén se fala eiquí, é o español ou castelán, que todos respetamos.
O galego, xamáis se impuxo sobre o español ou castelán, senón todo o contrario. O español ou castelán, sempre procurou aplastar o idioma galego( na dictadura e despois desta ).
Os galegofalantes, sempre tivemos a boa educación, de respetar os outros idiomas, e ademáis, somos tan corteses e ben mirados, que solemos poñernos ao nivel dos que nos falan, aínda que sexa noutro idioma.
Esta é a diferencia entre os galegofalantes e algúns( non todos ) dos españoisfalantes.
Eu coñezo moitos, as, que aprenderon o galego, e se esforzaron en falalo porque o valoran moito, e se decatan da súa melodiosa e agarimosa sonoridade.
" Cantar ei, Galiza,
na língua galega,
consuelo dos males,
alivio das penas.
Mimosa, soave,
sentida, queixosa;
encanta se ríe,
conmove se chora.
Cal ela, ningunha
tan doce que cante
soidades amargas,
sospiros amantes.
Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na língua que eu falo".
Rosalía de Castro
A iniciativa paréceme unha parvada porque o galego está vivo, pero se é para tocar as pelotas aos españois, apóntome. Galiza ten unha língua propia, o galego, e outra que se usa de fóra, e non orixinaria de aquí ( o castelán). O defensores de bilingüismo e das "víctimas de las lenguas minoritarias de los nacionalistas" teñen falsos argumentos: 1) "El español es la lengua común de todos y fue siempre la de convivencia". Falso, porque o español non foi a de convivencia, senón a da imposición imperialista (comprobado con documentos), e dicir que é a común é poñela sobor as outras; cando todas as línguas son iguais e teñen a mesma importancia. O feito de poñer ao castelán nun chanzo por riba das outras, fai notar o mesmo de sempre: a imposición. Por iso os de G.B. están indignados. A língua "de las vacas" imponse "a la común que todos eligen libremente" Ahí vese o vello imperialismo agochado.
2)"El español es la primera lengua culta peninsular". Mentira, porque os escritos de San Millán de la Cogolla están en Navarro-aragonés (o mesmo Menéndez Pidal era o grande mentireiro).
3) "El español sirve para hablar con 400 millones de personas" Mentira, porque para falar con esa cantidade fan falla máis de 30000 anos.
Todas estas cousas díxoas un filólogo hispánico de Madride: Juan Carlos Romero Cabrera.
Ollade a ligazón no que fala máis polo miudo.
Estes catro anos serán moi fodidos, pero non hai que perder as posibilidades de tocar os collóns na televisión, para que vexan no estranxeiro que na Galiza hai un problema e un conflito.
E respostando a algunhas parvadas que se din por aquí, os emigrantes que aprendan galego, polo menos para entendelo. Se non o entenden, que se marchen a Madride. Aquí non queremos xente que se queixe da nosa língua.
A ligazón é http://www.youtube...
Caloiro #30, não se trata duma simples questão de estilo: é que alguns (ou muitos, temo-me) estades assumindo o discurso bilinguista. Eu NÃO QUERO a "igualdade" entre galego e castelhano: quero a hegemonia social do galego, como corresponde a este país. Quero um TRATO ESPECIAL para o galego. E isso se pode "dizer à sociedade" exatamente igual.
E ainda por riba, dizer que o PP "impulsou" a promoção do galego! Isso é definitivamente DE BURROS num manifesto. E que fizeram os outros partidos? E o parlamento? E a sociedade civil? Porque, repara: O PP vai argumentar (já está argumentando) que, "Claro que impulsámos o galego! E o que estamos a fazer agora também é IMPULSAR: vai haver MAIS galego nas aulas que ANTES do Decreto. E ainda há subsídios à literatura, aos jornais... Prémios de "normalización"..."
Quer dizer, o comunicado esse NEM MENCIONA o impulso dado polo bipartido. Parece um comunicado DE CASTIGO ao bipartido. E acaba comparando o galego com a gaita ou com a Torre de Hércules.
Ser de "mínimos" é-vos fodido, porque o "mínimo" passa a ser infenitésimo (=zero).
A conexão destes com a realidade passa por chupar a roda da fábrica de opiniões de La Coz, entrando bem no saco. Se está de moda a Torre de Hércules, pois venha, o mesmo para o galego. Patético.
Se a estratégia é um combates mediáticos Callón vs Gloria Lago onde se publicita e legitima a segunda, elevando-a a ser "rival válido", mal andamos.
Eu nasci num país diglósico, que contudo, falava galego o 80%. O fifty-fifty bilinguista cordial é um retrocesso. O retrocesso como revindicação? Manda caralho!
Aqui em Vieiros há muito manifesto ultimamente, agora que prantar-lhe cara a estes F.D.P. ainda ninguém foi valente.
"Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas".
--> Na Galiza fálanse e pódense falar moitas linguas (ollade o Camiño de Santiago!). En xeral fálansevos as linguas que se saben se se ten con quen: na Galiza fálase alemán se se sabe e se ten con quen, na Galiza fálase castelán se se sabe e se ten con quen, na Galiza fálase chinés se se sabe e se ten con quen ... na Galiza fálase galego se se sabe e se ten con quen. Son condicións necesarias, saber e ter interlocutores; mais, tamén hai casos conscientes nos que se sabe e se ten con quen e non se fala unha lingua. Son casos de agresión ou de defensa lingüística. Con todo a agresión lingüística admite moitas outras formas (v. g. usar a lingua agredida para agredila).
Porén, podéndose falar na Galiza española, coma en xeral en calquera outro lugar do planeta, calquera lingua se se dan esas condicións necesarias do coñecemento e mais da interlocución, haivos un dato, propiedade, característica ou condición que ten a lingua GALega na GALiza española fronte a TODAS, absolutamente a todas!, as outras linguas: o GALego é a ÚNICA lingua PROPIA da GALiza!!!!!!! ... como o CAStelán o é de CAStela.
O ordenamento xurídico español propugna como valor superior o da IGUALDADE entre os españois CON INDEPENDENCIA de que sexan galegousuarios ou castelanusuarios e, conseguintemente, prohibe calquera discriminación que teña por orixe algunha condición persoal (galegousuario/castelanusuario) ou social (membro da Comunidade Lingüística Galega/membro da Comunidade Lingüístia Castelá).
Conseguintemente, se un castelanusuario pode vivir no territorio propio do castelán con normalidade, sen discriminación!, dispondo de interlocutores na lingua propia do territorio en todos os eidos (xuíz, médico, tendeiro, radio, arañeira, ...), un galegousuario debe poder vivir no territorio propio do galego con normalidade, sen discriminación, dispondo tamén de interlocutores na lingua propia do territorio en todos os eidos (xuíza, médica, tendeira, TV, prensa, ...). Esa évos a igualdade e non discriminación esixidos pola Constitución: na Galiza na súa lingua española propia do territorio coma en Castela na súa (arts. 1, 9 e 14 CE), e non a do manifesto: na Galiza na súa lingua española OFICIAL PROPIA do territorio coma na lingua española OFICIAL ALLEA.
Convén non esquencer que a obriga (rectius, carga) xeral de coñecemento e mais a oficialidade constitucionais do castelán fóra do seu territorio propio NON foi acompañada, en función do principio de reciprocidade e igualdade, da correspondente declaración de oficialidade e mais imposición da carga de coñecemento verbo das outras linguas españolas fóra dos seus territorios propios. E isto foi así porque esa oficialidade e carga de coñecemento do castelán non responden ó valor superior do ordenamento xurídico, principio xeral do dereito e dereito fundametal á igualdade e non discriminación, senón á conveniencia de estabelecer unha lingua común entre os españois para facilitarnos a comunicabilidade lingüística directa e mais a integración en calquera outra comunidade lingüística española distinta á inicial.
Papel lexítimo, en 1978!, do castelán como lingua universal no pequecho universo das linguas españolas por ser a lingua española máis extensa, territorial e demograficamente, e mais a única tradicionalmente normalizada. Porén, esa lexitimidade postfranquista (esencialmente autárquica) esluíuse coa entrada do Reino de España na UE e mais co proceso de globalización en curso.
Hoxe as comunidades lingüísticas españolas e mais os seus membros xa necesitamos como lingua común ou universal algunha que nos permita comunicarnos tanto cos outros españois coma cos outros que non o son (esperanto, inglés, galego, ...). Preséntasenos o obxectivo de acordar coas outras comunidades lingüísticas do planeta unha lingua común ou de integración por todos coñecida.
O proceso de normalización do galego, o proceso de efectivo respecto dos dereitos lingüísticos dos galegousuarios no territorio propio do galego non consiste en equiparárllelos ós que ANTICONSTITUCIONALMENTE veñen gozando NA GALIZA os castelanusuarios, como defenden tradicionalmente o BNG, A Mesa e agora os promotores do manifesto, senón en equiparárllelos ós que veñen gozando CONSTITUCIONALMENTE os castelanusuarios EN CASTELA: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa. E isto, sen prexuízo de seguir aprendendo e usando o castelán, mentres non se mude a Costitución, para facilitármonos a comunicabilidade e mais a integración nas outras comunidades lingüísticas españolas distintas á inicial.
Se se quere implementar unha Iniciativa Lexislativa Popular verbo dos usos lingüísticos na Galiza española, ben sería esquencerse deste manifesto ou mudarlle substancialmente o enfoque.
#5#6#9#15#21#29. Sodes tan simples e destrutivos que vos contestades a vós mesmos, así vai Galicia por culpa vosa e de todos os fanáticos militantes do "pragmatismo nihilista", da "miseria intelectual" e do "auto-odio primate Homo neanderthalensis". Os gavioteros contestádesvos a vós mesmos,cos vosos principios democrático-cívicos e construtores ao largo da historia humana dunha sociedade mellor.
Ganar unas elecciones, y más cuando se ganan por mayoría absoluta, autorizan a legislar democráticamente como te de la gana y en el sentido que te de la gana.
sólo os queda aguantar, callar,
No al nacionalismo totalitario.
É incrible ver como personaxes como estes poden xogar con algo tan importante como é "o patrimonio cultural dos galegos", no seu sentido da súa ética están os xermolos da destrución humana, por iso molestan iniciativas como estas que constrúen futuro, dignidade, republicanismo-cívico e esperanza neste país de analfabetos culturais e inundado de gavioteros, aprendices de Erasmo, os cabodomundo pajarraco-simio, Mcnally´sss no inglihs, e emigrados que habitan no "pais dos ananos"
Parabéns para os impulsores desta iniciativa. Ánimo e adiante!!!
20
"no al nacionalismo totalitario"?
pois ti supuras nacionalismo totalitario,ou sexa españolista,que é o único que é autoritario e linguicida.
mesmo se nota na túa expresión un arrecendo fascistoide e as ganas que tes de repartir hosssssssss...........,como nos mellores tempos do voso pai espiritual
"legislar como te de la gana"
"solo os queda callar"
amiguiño non o podes disimular,o teu concepto da democracio parécese ao de Milosevich...........
sinto decirche que non hai ningunha lei que diga que temos que calar,e que lexislar como te dea a gaña é TOTALITARISMO
#15 Mcnally
"¿Igualdade entre linguas?".
--> Claro!, todas son ingualmente válidas para a comunicación lingüística. E o uso de algunhas fronte a determinados interlocutores especialisimamente válidas para comunicar que se ten unha IDENTIDADE PROPIA.
"Pero se as linguas carecen de dereitos".
--> Home xaora! Non son suxeitos de dereito, senón OBXECTOS DO DEREITO (oficiais, obxecto de especial respecto e protección); mais, cando se di que unha non ten os mesmos dereitos que outra estase a usar unha técnica de comunicación coñecida por METONIMIA e non descoñecida por ningún docente agás polos maliciosos compulsivos coma ti e mais os da Malicia Bilingüe.
Cando dis: - "Tomei unha copa e subéuseme á cabeza"; non queres dicir que comiches unha copa e que despois os anacos subiron á túa cabeza, senón que bebiches o contido dunha copa (continente)e que como consecuencia enxergaches afectadas as túas capacidades de coñecemento e mais as volitivas. Mais, non te preocupes por iso, en ti xa é normal ter alteradas as capacidades de entendemento e mais volitivas!
"Se se fala de estatus, a igualdade é a cooficlidade sen que iso signifique que se coñezan por igual ou se empreguen por igual".
--> Se se fala de estatus de oficialidade ou non a oficialidade da ou das comparadas será o elemento a considerar; porén, o estatus pode referirse á totalidade dos elementos que se podan ter en conta.
Por outra banda, estou contigo en que o feito de que o castelán na Galiza sexa oficial non ten nada que ver con que se coñeza e use coma en Castela. Certamente, o que se ten que coñecer e usar na Galiza coma en Castela é o galego.
"Anda que non hai casos no mundo".
--> Efectivamente, por iso na Galiza en galego coma en Castela en Castelán!
"A LNL non fala de ningúnha porcentaxe en concreto de emprego das linguas".
--> Efectivamente!, porque o normal é que na Galiza se use a súa lingua propia do territorio coma en Castela a súa, sen prexuízo de usarmos linguas alleas, na proporción de usuarios de linguas alleas coñecidas, con aqueles que lexitimamente aínda descoñezan a propia do territorio ... coma en castela!.
"Hai que aprender a ler".
--> Se non se sabe! Se se sabe, xa se sabe!; mais, ti xa sabemos que só les o que lle convén ó teu bandullo insolidario. Para vivir en sociedade é conveniente ter en conta TAMÉN os intereses xerais.
"O galego nn é a lingua da sociedade galega, ...".
--> Pois xa che tivo que sufrir unha agresión sistemática e ben brutal para que unha sociedade non teña por lingua a súa de seu: GALega -->> GALego!
" ... senón dunha parte da sociedade galega ...".
--> Tranquilízasme!, entén aínda hai esperanza!
"... a outra parte ten como lingua propia o español (pode que haxa quen teña como propias as dúas".
--> Home!, será como allea!
"A miña é o español e ningún parlamento está lexitimado para dicir o contrario".
--> Oi!, meu filliño! Pois si que tivo que ser sistemática e brutal a agresión contra dos usuarios da lingua galega para que ti digas iso ... ou serían os vidros da copa que se che meteron na cabeza?
"Non existe nin existirá unha sociedade na que todos os seus membros teñan igual competencia dúas linguas".
--> Home, á vista está que a agresión ós membros dunha comunidade lingüística pode producir os resultados máis inesperados!.
Por outra banda, alguns ós que lles fala o pai nunha lingua e a nai noutra e lles esixen que lles contesten na que lles falan, disque, che son perfectos bilingües. Non che sei, semella que se se impoñen axeitadamente incluso podemos ter moitas linguas propias.
"Vai contra a natureza humana".
--> Mmmmm, a natureza humana semella ser tan plástica coma o virgo de Xoana!
"E menos se hai unha lingua moi falada no mundo e con moita oferta de produtos audiovisuales e escritos e outra moito menos falada ... e ao que non lle guste que se rasque".
--> Tes moita andorga! Para ti sempre a tallada máis grande ... por dereito de pernada!
"A maioría dos castelanfalantes bástalles con recibir o galego como materia obrigatoria para poder entender a un galegofalante".
--> E, seguro que tamén che lles chega con NON pagar impostos ... con que os paguen os outros!
"As persoas non temos que estar para sacrificarnos e salvar linguas".
--> Si, o teu bandullo é o máis importante ... para os demais!
"Non nos molesta que haxa quen queira empregar o galego, senón que se queira restrinxir o dereito a empregar o español".
--> E logo, quen quere restrinxir o dereito a empregar o castelán en Castela ou fóra de España? Non vos chega? Tamén o queredes usar no territorio propio do galego? ... pois entre vós tamén podedes!; mais, se o galego ha ser obxecto de especial respecto e protección teredes que usalo cos que na Galiza se dirixan a vós na lingua propia do territorio ... ou queredes que os demais esteamos ó voso servizo tendo que entendervos e atendervos nunha lingua allea de xeito indefinido: vós ó servizo das linguas non, os demais ó voso servizo si. Tedes moita andorga, a tallada grande SEMPRE para vós!
"E se hai xente que na súa vida non quere empregar o galego - cursados xa os seus estudos - é lexítimo se non é empregado público".
--> Para os maliciosos compulsivos da Malicia Bilingüe é lexítimo todo o que vós consideredes que é lexítimo.
"Con que non llo impida usar a quen así o desexe vale".
--> Os vidros no cerebro!
USAR unha lingua integra expresarse (uso activo) e mais informarse nela (uso pasivo). Se alguén quere usar normalmente ou sen discriminación unha lingua é que quere ter interlocutores nela en todas as circunstancias da súa vida. Se alguén ten dereito a usar unha lingua sen discriminación ten dereito a interlocutores nela en todas as actividades da súa vida. O dereito a usar unha lingua non é un dereito absoluto ou incondicionado. Na Galiza existe o dereito a usar o galego como se usa o castelán en Castela, de xeito xeral ou hexemónico, e o dereito a usar o castelán de xeito excepcional: cando lexitimamente se descoñeza o galego, iocandi causa, docendi causa ... porque o dereito ó uso dunha lingua, aínda que sexa individual, que non só, esixe LOXICAMENTE para o seu exercicio normal a intervención dun, polo menos!, interlocutor (normalmente non te falas a ti mesmo, nin te escribes a ti mesmo!).
"A democracia é así".
--> Efectivamente!, a democracia non pode prescindir da LÓXICA. Polas maiorías non se determina o coñecemento, senón polo método científico; e alí onde a lóxica ou método científico aínda non puido chegar é onde a democracia pode funcionar ben PARA ASUMIR A RESPONSABILIDADE dunha decisión, que non para ACERTAR!
Sabedes que?
Eu penso seguir usando o meu idioma que é o Galego mentres viva e o que é máis importante voullo falar os meus fillos e facer que entendan que é o seu idioma, a súa cultura, o seu patrimonio e que teñen que estar orgullosos de telo. E quen sabe, o mellor dentro duns anos os fillos destes que están votando a pastar contra o galego votaranlle a culpa de que se perda o tan prezado ben case desapareza e decidan loitar por el, porque sabedes que? Un moitas veces non se da conta do que ten ata que o perde.
Em #36 diz Mansdodemo: «Outra língua que tamén se fala eiquí, é o español ou castelán, que todos respetamos.»
http://lacomunidad.elpais.com/...
De novo para #36:
Pobre Galiza, não deves
chamar-te nunca espanhola,
que Espanha de ti se olvida
quando és, ai!, tão formosa.
Qual se na infâmia nasceras,
torpe, de ti se envergonha,
e a mãe que um filho despreza
mãe sem coração se nomeia.
Ninguém por que te levantes
che alarga a mão bondosa,
ninguém os teus prantos enxuga
e humilde choras e choras.
Galiza, tu não tens pátria,
tu vives no mundo soia,
e a prole fecunda tua
se espalha em errantes hordas,
mentres triste solitária
tendida no tapete verde
ao mar esperanças pedes,
de Deus a esperança imploras.
Por isso an'que em som de festa
alegre a gaitinha che ouça,
eu posso dizer-che:
não canta, que chora.
Espanhola = Castelhana
Eu também quero um TRATO DIFERENTE para a minha língua. O galego deve ser MELHOR TRATADO NA GALIZA que em qualquer outra parte.
O castelhano? A Madrid.
Eu non sé se gañar eleccións sexa un aval para destruír algo e de forma particular un idioma. Agora, dividindo ás persoas que viven nunha mesma terra con mais intereses en común que diferencias entre si é o mellor instrumento con que contan os políticos deshonestos para lograr os seus obxectivos de acceder ao poder.
A base da galeguidad é o sentimento de nación que ten cada un dos cidadáns que cren niso e o seu idioma é a forma de darlle son a este sentimento. Mentres algúns dos membros da comunidade galega pensen que son máis galegos por que comparten unha ideoloxía política en particular e deféndana a forza de descalificar e insultar ao que non comparte a súa forma de pensar, calquera intento de nacionalismo estará condenado ao fracaso.
O que crea que o nacionalismo e o idioma instálanse nunha sociedade a forza de decretos, reglamentos, leis ou dependendo de quen gañe as eleccións teno ben difícil. Pola contra, se en cada casa galega fálaselles aos fillos no noso idioma, se fomenta a nosa cultura non porque sexa mellor senón porque é nosa e fálese en función de respectar e non de odiar teñan por seguro que estes nenos estarán orgullosos de ser galegos e de defender coa razón o seu concepto de nación.
#49 «A base da galeguidad»
«se en cada casa galega fálaselles aos fillos»
«se fomenta a nosa cultura non porque sexa mellor »
«e fálese en función de respectar e non de odiar teñan por seguro que»
«concepto de nación»
El concepto es el concepto. Ya te lo dijo ManquiÑa, neeeno.
Aprende a escrever o teu idioma e não a cagar por ele.
A fazer discursos de areia à praia venezuelana. Decerto que tens alguma da tua propriedade por lá.
Observador, para que insultas? xa estou outra vez vendo toda a bile no foro de vieiros, ademais facéndolle o xogo aos catro galegófobos con influencia que argallaron toda a polémica. O que di coutoven é certo. Hai que pasar máis da política de xornal e despacho e facer máis política de trincheira -pequenas iniciativas sociais que sirvan para seducir e "vender" o galego (mesmo entre galegofalantes) e avanzar cara a erradicación da diglosia. Ter a razón non garante nin o triunfo futuro nin estar a escoller as mellores estratexias ou actitudes neste tema. A ver se deixamos de torpedearnos entre os que mantemos o galego vivo e de mirármonos o embigo, que é causa de moitos males que estamos a sufrir agora.
Apoia o galego. Asina en:
GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE
http://galegopatrimoniodahuman...
47-OBSERVADOR-
O español ou castelán é un INVASOR, totalmente dacordo, pero.......é un idioma coma calquera outro, e debemos respetalo, o mesmo que desexamos que fagan co noso. Temos que predicar co exemplo.
Eu non quero pagar coa mesma moeda ao idioma que nos fai o MAL.
Penso que imos dárlle tempo ao tempo.........
Quero seguer o camiño no que CREO, aínda que non reciba PARABÉNS, é o meu ser, a miña paz interior. Perdoa, por non contestar antes, non puíden.
Facendo honor á súa condición de OBSERVADOR aclárolle varias cousas.
Efectivamente o meu Galego é moi deficiente e nunca o neguei nin e presumido de ser neto de Rosalia de Castro ou de Manuel Murguía. Malia as limitacións propias de quen ten unha formación exclusiva en castelán do cal por certo tampouco presumo de erudito trato de usar o idioma nel exprésanse a maior parte das persoas nestes foros.
Aclárolle unha cousa, quen lle escribe non naceu en Galiza. Naceu e vive en Venezuela desde fai case 50 anos. Iso si, son fillo, neto e bisnieto de galegos tanto por liña materna como paterna. Coñezo Galiza e á súa xente. Case a totalidade dos meus familiares viven na cidade de Ourense (o Cuoto) e preto de Chantada en Lugo.
Quen lle escribe non tivo a posibilidade de estudar o idioma galego co nivel de ortodoxia lingüística que vostede requiere para que no seu concepto póidase participar nestes foros. Séntoo, pero me importa moi pouco o que vostede pense respecto diso xa que iso non persegue ningún principio nacionalista nin de defensa do idioma. É máis me preocupa o seu ton sectario xa que se son persoas que pensan como vostede as que aspiran a guiar os destinos da nación galega evidentemente non bastasen as probas documentales nin de convicción para definirse como Galego. Abra que presentar probas serolóxicas e un exame de lingua galega para poder optar á nacionalidade. É dicir non haberá galegos analfabetos. Non porque non existan senón porque non terán dereito á nacionalidade.
Mentres algúns non OBSERVEN e non comprendan que os que son e crense Galegos poden ter a ideoloxía política que lles dea a gana. Simplemente seguirase vendo o descalificativo o insulto como ferramenta de ataque dos que poñen a súa ideoloxía política por diante do concepto nacionalista.
Nota:
Isto escríboo antes de marcharme ás praias do estado Falcon. É que se me dá moi mal iso de escribir na area. Pola contra prefiro OBSERVAR as paisaxes e as esculturales formas das venezolanas. Se vostede prefire facer o contrario paréceme moi ben. Iso si, non o demostre moito. Mire que a MORAL SOCIALISTA é moi ríxida e pouco tolerante con certas condicións humanas. ¿Espero que esta última condición non comprometa a súa xusta aspiración a considerarse un Galego de feito e de dereito?
Boas tardes a tod@s!
Eu son un rapaz emigrado e dende lonxe vexo dous problemas coa nosa lingua.
1) O primeiro sería unha normativización do galego que se fala, quero dicir, o galego da xunta non é o galego que falan os meus avós nin os de ninguén (xa sei que isto é fodido polos anos que o galego estivo agochado)
2) Desterrar a idea de que falar galego é de pailarocos e que é moito mais fisno falar en castelán. Eu penso que isto arranxaríase cando os nenos mamasen o galego na escola e na casa, pero o mismo galego pra todos e fixándonos na evolución que tivo en cada unha das zoas de Galiza.
Non son extremista coa lingua, penso que os nosos nenos teñen que aprender castelán, inglés e cantas mais linguas millor... pero iso si, o primeiro que deben falar é a súa lingua e ista non é outra que o Galego.
Unha aperta irmáns.
VIEIROS=COPE
ou viceversa
mellor tomalo de coña. coma se fosen canles de humor en non de intoxicación