ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

A Mesa impulsa a creación dunha plataforma social en defensa do galego

O colectivo convida a diferentes entidades para facer unha fronte común.

Redacción - 20:08 02/07/2009
Tags:

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer unha convocatoria aberta a todas as entidades que teñan interese en formar parte dunha plataforma social en defensa do galego. A xuntanza celebrarase o vindeiro martes 7 de xullo ás 17 horas na Galería Sargadelo de Santiago.

Dende a Mesa fan fincapé no carácter plural da convocatoria por que “a lingua a todas e a todos nos afecta, a todas e a todos nos implica”. Entre os asuntos que se abordarán estará o dunha Iniciatiava Lexislativa Popular que garanta o dereito a poder vivir en galego.
 


4,38/5 (26 votos)


Comentarios (12)

Prado #1 2/Xullo/2009 Prado
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Polo seu propio ben, eu pediríalle á Mesa que tomase unhas vacacións. Merécenas.

Gaias #2 2/Xullo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que triste que teña que ser A Mesa, e non o goberno galego ou a RAG quen protexa, dignifique e promocione a nosa lingua.
O goberno galego ten a obriga de fomentar a nosa lingua, pq para iso se chama goberno GALEGO, e é precisamente a lingua galega a lingua propia de Galiza, o castelan e lingua oficial do estado español e xa ten a constitucion, o goberno español, a RAE, medios de comunicacion, Instituto Cervantes,etc para defendelo, promocionalo, etc.
Repito e a Xunta quen ten que garantir que todolos nenos galegos saian do ensino coñecendo por igual as duas linguas.Ademais de promocionar a lingua galega e garantir a sua presenza en ambitos coma a administracion galega, xustiza, medios de comunicacion, empresa,etc.
Que Feijoo non engane bilinguismo non é todo en castelan salvo a asinatura de lingua galega ou segregar os nenos por linguas. Bilinguismo e ensino 50% en galego e castelan.
E tampouco valen enganos en canto o funcionariado e oposicions, priman sempre os dereitos dos administrados sobre os dos funcionarios, que non pasan ningun mal en aprender e opositar en galego, igual que xa e case que obrigatorio coñecer o ingles para calquer traballo e ninguen lle chama a iso "imposicion".

maruxo40 #3 2/Xullo/2009 maruxo40
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A Mesa debería unirse á plataforma "Iniciativa Lexislativa Popular a prol do galego" por unha cuestión de alcance.

Galezio #4 2/Xullo/2009 Galezio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Alguém sabe que foi da RAG do senhor Ferrin, seica independentista ele, e da senhora aquela que censurava na "A Nosa Terra" por se não ajustar à norma, como era, uma tal "Margatita", perdão...Margarita!!
Alguém sabe algo deles?
Deixem-se já de caralhadas e os que realmente queiram defender o galego passem deste sujeitos (RAG) e todos juntos, que não revolvidos, defendamos o idioma próprio da GALIZA que não é outro que o PORTUGUÊS.

MCXOSE #5 3/Xullo/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu suxírovos e recoméndovos que XAMAIS LLE FALEDES CASTELÁN A UN GALEGO. Eu téñoo en camisetas XAMAIS LLE FALAREI CASTELÁN A UN GALEGO. Deixémonos de hostias, e empecemos a reivindicar o que é noso. Hai que fulminar aos renegados; estes só nos van botar á sepultura! NON AO IMPERIALISMO!!(E MENOS O ESPAÑOL QUE MACHACA A GALIZA) Cando alguén vos diga que botou ao PP dádelle caña, e nada de dilacións; criticádeos con arguentos. Por exemplo: pero ti, calamidade, como votaches a un partido que nos quere foder o idioma?!! Sinxelo. A pena que Michael Jackson non cantara en galego. Bicos para todos e todas. Billy Jean!

breoghain #6 3/Xullo/2009 breoghain
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Mesa o primeiro que tem de fazer é deixar de ser apêndice político de certa organizaçom e segundo abrir-se ao reintegracionismo.

A ideia de umha plataforma chega tarde pois a Mocidade pola Língua e certas associaçons culturais locais já celebraram idénticas convocatórias.

O galego é de todos e o galego nom é o espanhol. Vaiam adoptando a grafia galega para que a gente vaia percebendo que o galego é umha língua muito "distinta" do castelhano e opte por apreendela e utiliza-la.

Temos um estado que fala como nós acarom de nós e andamos com ....

Menos mal que fica Portugal !

breoghain #7 3/Xullo/2009 breoghain
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Por certo, a Associaçom Cultural Almuinha de Marim convoca a todas as pessoas e colectivos que queiram agir na defessa da língua para a próxima quinta, dia 9, as 20.30 h na Biblioteca Municipal.

amoscaesquerdosa #8 3/Xullo/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

UNha iniciativa correcta que vai no bo camiño de acadar a unidade de acción sobre bases concretas
Ogallá o desexo de unidade non conleve o rebaixe na firmeza e claridade no obxectivo da defensa da lingua por mor de non "asustar" á dereita política e social.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.cm

LOIS_DE_SILAN #9 3/Xullo/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iniciativa Lexislativa Popular en base a que?

Xa o sabedes, ó meu entender, e dentro da política cultural e mais do actual marco xurídico político de soberanía ESPAÑOLA sobre A Galiza española, a política lingüística que as persoas galegófilas debemos esixir para A Galiza española vai cima da seguinte trepia:

1º pé.

Cumprimento rigoroso do ordenamento xurídico vixente e aplicábel (empezando polos xulgadores!): na Galiza española na súa lingua española oficial propia do territorio coma en Castela na súa lingua española oficial propia do territorio coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio (desarraigamento ou por motivos igualmente especiais: docendi causa, iocandi causa, ... ).

Isto significa v. g. que o TC use o galego para comunicarse oficialmente cos suxeitos de dereito da Galiza (lingua de destino).

2º pé.

Bilingüismo necesario: lingua propia do territorio de uso xeral ou hexemónico e mais unha outra acordada polas comunidades lingüísticas do planeta como interlingua, lingua ponte, lingua de integración ou lingua antidiscriminatoria que permita a comunicación de calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro de outra calquera e, conseguintemente, a integración de calquera en calquera outra do mundo.

A interlingua substituiría o castelán como lingua oficial en todo o territorio do Estado, sería cooficial coas linguas propias do territorio e terían dereito a usala os que lexitimamente aínda descoñecesen a propia do territorio e mentres non cumpran a súa obriga xeral de integración na propia do territorio.

3º pé.

Harmonización gráfica ou escrita co galego normalizado de fóra da Galiza española.

O primeiro pé da trepia esixe:

1 Un servizo de balde de asesoramento sobre o uso correcto da lingua galega que considere igualmente correcto tanto os actuais criterios da RAG coma os doutras institucións análogas para o galego de fóra da Galiza española.

2 Outro servizo, tamén de balde, de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais dos dereitos lingüísticos.

3 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

O segundo:

1 Accións na Galiza, no Estado e mais no eido internacional, nomeadamente coas outras comunidades lingüísticas.

2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

E, o terceiro pé da trepia:

1 Accións da RAG e demais autoridades lingüísticas da Galiza española coas institucións e autoridades análogas do galego de fóra.

2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

Sabemos realmente o que temos que facer para garantir os dereitos lingüísticos da Comunidade Lingüística Galega e mais os dos seus membros? ... ou chéganos con acougar as conciencias buscando presenza nos medios?!

galleto #10 3/Xullo/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A1. mesa
A2. submesa
A3. mesilla

acarondosil #11 4/Xullo/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A loita pola nosa lingua implica ver sempre como protagonistas ás mesmas persoas e as mesmas asociacións (A Mesa, os Equipos, sindicatos...), pero é que hai. Son os que son, ou somos os que somos. Quen dera ver os do bilingüismo cordial á fronte da defensa da nosa lingua. Mentres isto non suceda, serán os mesmos e mesmas os que teñan que levar a iniciativa na reiveindicación. E bo é...

acarondosil #12 4/Xullo/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

No comentario 11 quería dicir "pero é o que hai".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: