ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Traballo sostén que o abaratamento do despedimento é "unha medida máis"

A conselleira Beatriz Mato encargouse de lembrar que a competencia dunha reforma é do goberno estatal.

Redacción/EP - 13:00 04/07/2009

Mentres o trebón da crise segue sen amainar, o Goberno deixa saír pola boca pequena as súas preferencias para reactivar a economía. Consciente da  impopularidade medida, a propia conselleira de Traballo, Beatriz Mato, referiuse ao abaratamento do despedimento como unha ferramenta máis para reactivar o emprego.

A preguntas dos xornalistas, Mato suxeriu que o abaratamento é unha medida positiva pero apurouse a dicir que a Xunta non ten que facer valoracións porque a responsabilidade de levar adiante o recurte social é competencia do goberno español.

Dende Traballo coinciden coa Confederación Espola de Organizacións de Empresarios (CEOE) na necesidade de reducir o gasto por despedimento aínda que Mato quixo matizar que esta medida por si soa non abonda para rematar coa crise.


5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

merexonon #1 4/Xullo/2009 merexonon
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Hai que ir preparando vaselina. Tres días de indemnización por ano traballado, ou sexa uns 100 euros...Rir por non chorar

Tarelo #2 6/Xullo/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Si hai que abaratar os despidos e subir os Pluses de altos cargos, e as subvencións inxustificadas, baiz¡xara presión fiscal aos que máis teñen, baixar os impostos ás grandes fortunas, e repartir vaselina sen receta, e de balde. Non sería mellor traballar sen contrato e así aforramos papel e salvamos o amazonas!!! Sería mellor non pagar un pataco por cargos políticos por decir parvadas!

FROUXEIRA #3 6/Xullo/2009 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

DE SEGURO QUE ESTA MATO NUNCA ESTIVO NO PARO E MENOS AINDA TRABALLANDO.
GOSTARIAME QUE VIVIRA CON 390 EUROS, DESPOIS A VER QUE DICÍA.
QUE SE POÑAN UN SALARIO DA MEDIA DE GALIZA, ESE SERÍA UN SALARIO XUSTO PARA OS DEPUTADOS E cONSELLEIROS.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: