ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A NORMALIZACIÓN DA LINGUA

O manifesto “Galego. Patrimonio da Humanidade” xa ten blog de seu

O obxectivo da iniciativa é lograr os suficientes apoios para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento.

Redacción - 14:00 04/07/2009

Xa podes adherirte ao manifesto “Galego. Patrimonio da Humanidade” no blog aberto para difundir o texto. A páxina vai servir de soporte para unha ambiciosa campaña civil que se vai presentar publicamente a vindeira semana en Vigo.

Tal e como lle explicou esta semana a Vieiros un dos promotores, Manuel Bragado, a idea final é lograr o suficiente número de apoios para poder presentar unha iniciativa parlamentaria e obrigar aos partidos políticos a debater o futuro da lingua.


4,82/5 (22 votos)


Comentarios (3)

aliciafora #1 4/Xullo/2009 aliciafora
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Desexo adherir ao manifesto.
Alicia Lago Roca.
Bos Aires
Estudante do celga 2.
Profesora xubilada.

ichavinho #2 5/Xullo/2009 ichavinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O da nosa lingua esixe cada día unha resposta mais contundente,hoxe na "coz de galicia"duas novas:-las consellerias del bloque dispararon las subvenciones a la mesa-los equipos de normalización lingüistica y el pp preocupados por la perdida de gallegohablantes.
Nao val so lamentarse temos que denunciar as agresións contra o dereito a vivirmos en galego e facer ver que estan a dividir a sociedade coa sua galegofobia.Cada feira que pasa danme mais noxo

mansdodemo #3 5/Xullo/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non hai forma de entrar neste manifesto. Arranxade ben a cuestión.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: