Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
VIAXA A LATINOAMÉRICA EN XULLO

Moratinos cualificou de “bastante satisfactoria” a situación das empresas españolas en Venezuela

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, abordará persoalmente coas autoridades venezuelanas os casos de invasións e expropiacións de propiedades a españois residentes en Venezuela.

Xurxo Martínez Crespo - 17:22 06/07/2009

Moratinos recibiu a pasada semana no Ministerio a unha representación de 200 persoas do colectivo español residente en Venezuela para tratar esta cuestión. Na xuntanza,pediron que a diplomacia española siga mediando ante as autoridades venezuelanas nos casos nos que non se acade un acordo entre as partes e, naqueles nos que xa exista consenso, que favoreza o pagamento das indemnizacións correspondentes, que non se efectuaron en ningún caso até a momento “por falta de liquidez”.

O ministro de Exteriores español declarou o seu compromiso para colaborar e comprometeuse a tratar persoalmente co Goberno que preside Hugo Chávez estes asuntos cando visite proximamente Venezuela.
A delegación de españois residentes en Venezuela que viaxou ao Estado español estaba composta, entre outros,  por Antonio Ruiz Zapata (proprietario dun frigorífico industrial no estado Barinas), Félix Alfonso Barbero Martín (presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela, Feceve) e Jerónimo Pimentel Gómez.

Ruiz Zapata declarou que a delegación saíu “satisfeita” da reunión co ministro Moratinos, que lles tratou “de marabilla”, así como dun encontro anterior co secretario xeral de Asuntos Consulares e Migratorios, Javier Elorza Gavent.

Pedironlle ao Goberno español que faga cumprir o acordo asinado entre ambos os dous Estados no 1997 para a protección recíproca dos investimentos, en virtude do cal o Goberno de Hugo Chávez “debería indemnizar polas invasións e expropiacións”.

No 90 por cento dos casos, as propiedades de españolas afectadas eran explotacións agrícolas e gandeiras, aínda que tamén hay algún caso de urbanizacións e locais comerciais.

Os Gobernos do Estado español e Venezuela crearon a finais de 2007 unha comisión entre o Consulado Xeral de España en Caracas e o Instituto Nacional de Terras (INTI) co fin de resolver os casos de invasións de solo que afectan a cidadáns españois –que tamén teñen a nacionalidade venezolana–, pero en ningún caso se chegou a pagar algunha indemnización.


Moratinos cualificou de “bastante satisfactoria” a situación das empresas españolas en Venezuela

Durante a súa viaxe a Venezuela, o ministro de Relacións Exteriores do Estado español ten previsto viaxar acompañado dunha ampla delegación de empresarios na procura de novas oportunidades de negocio. Moratinos anunciou esta xira a principios de xuño, durante a súa comparecencia ante a Comisión de Asuntos Iberoamericanos do Senado para informar verbo a política do Estado español  cara a Latinoamérica.

O ministro non detallou a súa axenda, aínda que destacou que un dos grandes obxectivos é favorecer os investimentos das compañías españolas nestes países. En opinión do ministro, “hai unha lista moi ampla de empresas desexosas” de acompañarlle na xira, prevista entre os días 26 e 29 de xullo, que inclúe unha visita ao Brasil.

Nesa oportunidade, ante a Comisión de Asuntos Iberoamericanos do Senado, Moratinos cualificou de “bastante satisfactoria” a situación das empresas españolas en Venezuela. Como exemplo, asegurou que a “saída” do Santander de Venezuela, finalmente, non foi ningún “fracaso”, como reflexa o principio de acordo ao que chegou a Grupo Santander co Goberno venezuelano para vender a súa participación no Bancohace de Venezuela por 1.050 millóns de dólares (760 millóns de euros). Esta adquisición forma parte do plano nacionalizador impulsado polo presidente de Venezuela, Hugo Chávez, no 2006.

Moratinos asegurou que a interlocución que o Goberno manten coas autoridades venezuelanas contribuíu a facilitar este acordo e a que outras situacións problemáticas que xurdan se poidan tamén resolver.

O ministro responsábel de Exteriores e Cooperación tamén lembrou que a compañía española Dura Felguera logrou a semana pasada un contrato de máis de 1.500 millóns de euros para construír en Venezuela unha central eléctrica de ciclo combinado e subliñou que recibiu un alto número de peticións por parte de compañías españolas para acompañarlle na súa visita a Caracas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: