Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Convenio entre Estados

Todos os alumnos de Estremadura poderán estudar portugués en 2013

A ministra de Educación de Portugal asegurou que están en curso negociacións para acordos similares con Galiza.

Redacción - 14:00 14/07/2009
Gabilondo e Rodrigues, en Mérida

Gabilondo e Rodrigues, en Mérida

A Comunidade Autónoma de Estremadura converteuse este luns na primeira das do Estado Español en se adherir ao memorando subscrito entre os gobernos español e portugués para potenciar o estudo das súas respectivas linguas nos centros educativos, un acordo que permitirá que todos os alumnos desta rexión poidan estudar o portugués como segunda lingua dentro de catro anos.

O memorando, asinado en Mérida polos ministros de Educación de ambos os dous executivos, prevé o envío de 14 profesores de portugués a tres escolas de Cáceres e a outras tres de Badaxoz. En 2013, os centros de ensino estremeños deberán posibilitar a opción de incluír no currículo a lingua portuguesa.

Maria de Lurdes Rodrigues e Ángel Gabilondo, ministros lusa e hispano, respectivamente, asinaron un outro protocolo que prevé a introdución e a aprendizaxe do portugués e do español como opción nas escolas das dúas beiras da fronteira.

Rodrigues considerou que o acordo é "muito importante" porque ademais de preparar os mozos para para a mobilidade, axuda tamén na "compreensão e o conhecimento de Portugal". Ademais, informou de que están en curso negociacións para acordos similares coa Comunidade Autónoma de Castela e León e co noso país.


4.4/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: