Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desaparece o CAP

Desde xaneiro o acceso á docencia pasará polo "Máster de Profesorado"

Dos tres meses de Curso de Adaptación Pedagóxica pásase a un ano de formación. A polémica: altas taxas e escaseza de prazas.

Redacción - 19:25 27/07/2009

Este luns coñeceuse que desde o vindeiro curso muda oficialmente o sistema de habilitación dos licenciados universitarios para a docencia no Ensino Secundario. Deste xeito, o Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP), cunha duración aproximada de tres meses, desaparece tal e como xa previra a nova Lei de Educación.

Logo do Consello Galego de Universidades celebrado en Lugo, a Consellaría de Educación anunciou formalmente que o mes de xaneiro de 2010 iniciará traxecto a primeira promoción do Máster en Profesorado, a nova fórmula de acceso á docencia na Secundaria. Malia que se falara de que xa en outubro puidese comezar, coa presenza dos tres reitores, o Consello votou o inicio do mestrado en xaneiro coa fin de dar marxe de tempo para a elaboración definitiva da programación, a selección de centros e o recoñecemento de titores para o practicum que os alumnos han de cumprir en centros escolares.

Taxas elevadas, prazas reducidas
A consellaría comprometeuse ademais a que se amplíen as 200 prazas que inicialmente estaban previstas para o conxunto das tres universidades. Non hai novidades ao respecto do outro eixo principal da polémica, a determinación das taxas a pagar polos licenciados que se inscriban neste máster. No abano actual de prezos por crédito cursado, as universidades públicas poderían fixar taxas para este máster de entre 800 até case 2 mil euros.

Antes da finalización do último curso, Vieiros acudiu ao peche organizado polo alumnado da Universidade de Santiago en contra da reforma do CAP. Organizada polos Comités, a protesta baixo o lema "Que non te CAPen co Mestrado", definía a introdución deste novo modelo como "excluínte, segregacionista e elitista", advertindo que "vai limitar a posibilidade dos estudantes de encamiñar o seu futuro laboral cara a docencia".


3.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: