Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: universidade

29/Abril/2008 /

Os universitarios mobilízanse contra a suba das taxas

Con máis de dez milleiros de sinaturas recollidas nos sete campus, os estudantes do país, saen á rúa en favor dun cambio no modelo de financiamento das universidades.


28/Abril/2008 /

"É importante que no ensino público se teña en conta a realidade socioeconómica de Galiza"

En Vieiros falamos sobre os principais problemas da comunidade universitaria con Gael González, responsábel nacional dos CAF, organizadores do paro.


Folga CAF
17/Abril/2008 /

O Claustro da UDC rexeita por unanimidade a subida de taxas

Considérana un "elemento de exclusión que redunda na desigualdade" e que leva "unha privatización encuberta".


Galego no ensino
16/Abril/2008 /

"Moitos universitarios poden rematar a carreira sen escoitar palabra de galego"

Ningunha universidade do país supera o 20% da docencia na lingua do país, denuncia A Mesa.


8/Abril/2008 /

Os universitarios deberán coñecer un idioma estranxeiro para licenciárense

A USC promove esta iniciativa para avanzar na aprobación dos títulos adaptados ao Espacio Europeo de Educación Superior.


19/Marzo/2008 /

A realidade de nove de cada dez investigadores: ou "tirar a toalla" ou "bolseiro eterno"

O colectivo Precarios Galicia considera que "nin se motiva a xente a investigar" nin se recoñece o traballo que desenvolven.


9/Febreiro/2008 /

A lingua e a cultura galegas chegan ás universidades brasileiras

Novo convenio coa Universidade de São Paulo en Brasil para a promoción da nosa lingua, e renovación do xa existente coa Universidade da República en Uruguai.


29/Xaneiro/2008 /

Territorio galego? Fronteiras a traspasar pola lingua na UDC

"Este tamén é territorio galego: nas aulas fala o teu idioma". Con este lema convidan na Universidade da Coruña a potenciar a lingua dentro das aulas.


8/Xaneiro/2008 /

As universidades públicas de Portugal adían a súa transformación en fundacións

Tomarán a decisión no verán, con grandes dúbidas sobre as vantaxes do modelo de fundacións públicas de dereito privado impulsado polo goberno.


2/Decembro/2007 /

As universidades paren cinco empresas tecnolóxicas por ano

Galiza duplica a media europea de creación de empresas de base tecnolóxica saídas das universidades. Esta é unha das conclusións dun encontro desenvolvido esta quinta en Compostela.


5/Novembro/2007 /

Novas tecnoloxías e negocios nas universidades do país

O foro E-Gallaecia promove catro xornadas de encontro entre universidades, tecnoloxías da información e empresas.


31/Outubro/2007 /

Aulas baleiras contra a suba das taxas

Mentres os CAF convocaron unha folga para esta cuarta feira, outras organizacións estudantís están a prepararse para combater a suba das taxas.


29/Outubro/2007 /

"Pretenden que o estudantado sufrague parte do custo do sistema educativo"

A organización estudantil ten convocada unha folga xeral nas tres universidades do país contra a suba das taxas. Polo de agora xa conseguiron unhas 7 mil sinaturas de apoio.


16/Agosto/2007 /

A FP mantén o liderado na inserción laboral

Un 97% dos titulados en Formación Profesional quedan a traballar en Galiza. O 80% atopa emprego en menos de seis meses.


16/Xullo/2007 /

As universidades de Cataluña imparten máis do 63% das aulas na lingua propia

Un informe denuncia que nas Baleares a porcentaxe baixa a un 51% mentres que en Valencia até un 1,11%


19/Xuño/2007 /

A universidade galega en cambio

A adaptación a Europa chega ao ensino superior entre a incertidume, o caos na implementación e as dúbidas sobre a súa intencionalidade: reforma do modelo educativo ou adaptación ás necesidades do mercado neoliberal? Unha reportaxe de Belén Puñal.


18/Xuño/2007 /

Picas na universidade

As universidades públicas de todo o mundo están sometidas na última década a unha presión inusitada. En Europa a desculpa é o proceso de Boloña e a creación do Espazo Europeo de Educación Superior; noutros pagos os "motivos" son outros pero en todos hai un mar de fondo común. A converxencia europea é un dos asuntos dos que se ocupa a revista TEMPOS Novos no seu editorial do mes de xuño.


Fernando Salgado, Antía López e Pastor Lorenzo
13/Xuño/2007 /

Un curso de verán analizará a transparencia informativa

A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá este verán unhas xornadas e obradoiros sobre os principios da comunicación.


5/Xuño/2007 /

A Universidade Autónoma do Atlántico, obrigada a cambiar de nome

A lexislación impídelle chamarse 'Universidade', polo que a súa constitución está paralizada temporalmente.


4/Xuño/2007 /

Nace a Universidade Autónoma do Atlántico

A institución, con sede en Taragoña (Rianxo), agrupa entidades educativas e culturais a prol do desenvolvemento local.