Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

Polémica pola celebración dunha proba de motos acuáticas na zona protexida do Pedrido

Grupos ecoloxistas da Coruña e Betanzos aseguran que, a pesar da presenza de autoridades, non se respectou a normativa ambiental e se puxo en perigo aos bañistas.

Redacción - 11:40 24/08/2009

A delegación sadense da Sociedade Galega de Historia Natural; o Grupo Naturalista Hábitat (A Coruña); e a Asociación Cultural O Rabo do Galo (Paderne) fixeron público un comunicado conxunto no que critican a “esperpéntica” organización dunha proba do campionato galego de motonáutica que tivo lugar este domingo na ría de Betanzos.

Os tres colectivos subliñan que durante boa parta da xornada se vulnerou gravemente toda a lexislación ambiental ao poñer a liña de saída da proba no Pedrido, que entra dentro do espazo natural protexido desta ría. Aos pilotos que participaban na proba sumáronse aficcionados alleos ao campionato que incluso fixeron manobras que os colectivos consideran perigosas para os bañistas que estaban no lugar.

Segundo explican no comunicado, a pesar de que había unha dotación de axentes da Garda Civil e outra de Protección Civil en ningún momento interviron. Salientan que só a Capitanía Marítima puxo cordura ao ordenar que os motoristas saísen do espazo protexido.

Poden ver aquí unha crónica non exenta de retranca (elaborada polos propios denunciantes)


4.65/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: