Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ALEGACIÓNS

O ecoloxismo insiste: cómpre descentralizar o tratamento do lixo

A FEG considera que é o momento de buscar un novo modelo, sen incineración, que aposte pola reciclaxe.

Redacción - 12:20 18/09/2009

A Federación Ecoloxista Galega, composta por 17 colectivos do país, exixe que ser reoriente a política de residuos. A FEG quere que a Consellaría de Medio Ambiente abra unha quenda de negociacións para lograr un Plan de Residuos Sólidos Urbanos consensuado.

Dende o movemento ecoloxista sosteñen a necesidade de que se apoie a redución e a reutilización, un novo esquema de recollida selectiva, a descentralización no tratamento de residuos e a fin da incineración (que reclaman que se faga efectiva en 2020).

A FEG considera que o primeiro documento de xestión de residuos presentado pola Xunta apunta a unha aposta pola valorización enerxética. Pola contra, cren que a aposta pola reciclaxe é moi tímida: “o plan marca un 20% de recuperación a 2020, cando sistemas como o de Lousame amosan que se pode acadar un 65% de recuperación e noutras comunidades chégase incluso ao 80%”.

Descentralización?

Un dos problemas centrais no tratamento de residuos foi a política de centralización. No seu día, a Xunta apostou por un modelo centralizado no municipio de Cerceda. Axiña se comprobou que a planta cercedense era só quen de  tratar unha parte do lixo que chegaba até as instalacións, o restante ía parar directamente ao vertedoiro da Areosa.

Os ecoloxistas son partidarios de que se creen plantas de reciclaxe a nivel comarcal. De feito, colectivo como Adega apostaban por un modelo con 16 centros de tratamento en orixe. A anterior Consellaría de Medio Ambiente tiña previsto un modelo híbrido (planta en Cerceda e cinco centros de reciclaxe espallados polo país).

Unha terceira alternativa, que critican os ecoloxistas, sería a ampliación da incineración. Para isto, é preciso a ampliación do complexo cercedense ou a creación dunha segunda incineradora de apoio no sur do país.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: