Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
EN DONOSTIA

A policía prende a Arnaldo Otegi baixo a acusación de intentar reorganizar Batasuna

Canda o anterior voceiro da organización política, os axentes detiveron a outros dirixentes “abertzales”, entre eles o sindicalista Díez Usabiaga.

Redacción - 19:30 13/10/2009
Tags:

A policía española detivo esta tarde en Donostia a diferentes membros da esquerda independentista vasca cando estaban reunidos na sede que ten o sindicato LAB nesta cidade. Entre os detidos figura o anterior dirixente de Batasuna, Arnaldo Otegi. Os axentes consideran que Otegi, canda outros membros da organización ilegalizada polos tribunais, intentaba recompoñer a dirección da organización política. Segundo as primeiras novas, entre os detidos estarían Rufi Etxeberria, Rafael Díez Usabiaga e Miren Zabaleta, filla de Patxi Zabaleta (líder de Aralar).

Poden ampliar en:


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: