Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

Citi Group, outra creba anunciada

A financeira é socia maioritaria (62,7%) na xestión de Itinere, a concesionaria da autoestrada AP-9.

Redacción - 12:39 02/11/2009
Citi Group recibira fondos do goberno dos Estados Unidos

Citi Group recibira fondos do goberno dos Estados Unidos

CITI Group, o prestamista de centos de milleiros de medianas e pequenas empresas, declarouse definitivamente en bancarrota. A crise financeira e maila recesión arrastraron a esta entidade á creba, por mor da súa excesiva exposición aos préstamos hipotecarios e a clientes cun alto perfil de risco. É a quinta maior creba da historia dos Estados Unidos, por detrás de Lehman Brothers, Washigton Mutual, Worldcom e General Motors.

Repercusión en Galiza
Neste mundo globalizado, no que as relacións económicas deparan curiosas ligazóns xeográficas, a bancarrota podería ter algunha consecuencia en Galiza. Citi, que fora apoiada polo goberno estadounidense con 2.330 millóns de dólares (uns 1.574 millóns de euros), conta con máis da metade das accións de Itínere, empresa matriz de Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9.

Logo da entrada das caixas galegas no accionariado, a propiedade de Itínere quedou distribuído do seguinte xeito: as caixas repártense a partes iguais un 13,9%; Cajastur ten outro 3,48%; Sacyr Vallehermoso conta cun 9,95% do capital social; BBK conta con outro 9,3%; e o socio maioritario segue a ser Citi, que suma o 62,7%.

Queda agora por ver como evoluciona tanto o futuro de Citi como o da propiedade de Itínere. No primeiro destes interrogantes, a previsión é que se poida alcanzar un acordo cos acredores e que a creba le levante antes de fin de ano (segundo informa The Wall Street Journal). No tema do accionariado, é previsíbel e as tres caixas vendan as súas accións a SyV Participaciones II (sociedade integramente participada por Sacyr) e que esta se fusione con Acquisition Corporatión (propietaria ao 100% de Citi Infraestucture Partners). En suma, a xestión da autoestrada galega definirase nos termos desta anunciada fusión.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: