"Non permitiremos máis agresións á Ría", din desde 'A Ría non se Vende'. No porto hai "espazo abondo", aseguran.
(Última actualización: 21.00 horas)
Arredor de catro mil persoas participaron esta tarde en Vigo nunha manifestación contra os recheos portuarios convocada pola plataforma 'A Ría Non se Vende', segundo informaron a Europa Press fontes da organización. Os participantes na marcha partiron da Praza dos Cabalos logo das 19.00 horas e desprazáronse deica a Praza da Estrela, onde se leu un manifesto onde se ratifica o rexeitamento aos recheos portuarios.
"Non permitiremos máis agresións á Ría de Vigo", asegurou un voceiro do colectivo convocante e sinalou que no porto hai "espazo abondo". "O que acontece é que está mal xestionado e fanse cousas completamente absurdas que non teñen nada que ver coa autoridade portuaria", argumentou.
Logo de coñecer a sentenza do Tribunal Supremo (TS) que declara "ilegal" o recheo do Porto de Marín, 'A Ría Non se Vende' iniciou os trámites para recorrer pola vía contencioso-administrativa as resolucións da Autoridade Portuaria de Vigo polas que autoriza as ampliacións dos peiraos de Bouzas, Areal e Transatlánticos.
Segundo explicou o colectivo, os citados contenciosos baséanse nos "fundamentos xurídicos" da resolución do TS no caso de Marín, en que se declaran "ilegais" as obras de recheo que estaban amparadas nun plan especial impugnado.
Contra a "cobiza insaciábel" polo espazo portuario
A Ría de Vigo é un dos ecosistemas mariños máis ricos do mundo, de enorme riqueza biolóxica e tamén un recurso económico que, "racionalmente explotado, é fonte de vida e de alimento para hoxe e para sempre". "Este tesouro común, de valor incalculábel, o están destruíndo dun xeito estúpido e irresponsábel", denuncia a plataforma A Ría Non se Vende.
A rede de colectivos convoca para este sábado 14 de novembro unha manifestación que sairá ás 19 horas da Praza dos Cabalos e rematará na Autoridade Portuaria de Vigo. Unha mobilización que está apoiada ademais por até oito organizacións mariñeiras. Na mesma xornada e contra as 23 horas a sala Farándula (na rúa Churruca) acolle un concerto en solidariedade con esta mobilización.
"Contra a conversión do litoral en caóticos polígonos industriais cheos de empresas e naves alleas á actividade portuaria; contra a política avariciosa de conseguir as máximas ganancias no menor tempo para que os de sempre sigan a engrosar os seus beneficios; contra a contaminación con millóns de litros de augas residuais urbanas e industriais que se verten diariamente ao mar sen depurar; contra a especulación do litoral, tanto urbanística, como de chan industrial ou de lámina de auga", recolle o argumentario d'A Ría Non se Vende.
O do Porto de Vigo, pasa de "prevaricación e outros menesteres" dixit?. Cada vez que entra un Presidente/a na Autoridade portuaria, sempre se escoita a mesma canción: que se plan de usos, se que hai empresas que non deben de estar en terreos do Porto, que se pataca patacón. Non se move un dedo e como resultado, sempre o mesmo QUE NECESITAN RECHEOS. Non tería que actuar a Fiscalía anticorrupción. Pregunto?. Para ver que inteereses particulares estan por riba do interés xeral?
por qué as novas destas mobilizacións saen o mesmo día en que se celebran...?
É porque Bieito Lobeira non pode estar en todo... ?
O PEPE E A "COSTA NOSTRA"....
A MAFIA PEPERA E A DONA DE GALIZA
GALIZA NON SE VENDE, CONSCIENTE O INCOSCIENTEMENTE LEVOU O PEPE DE NOVO O GOBERNO DA GALIZA!
MAL RAIO NOS PARTA
ARREPENTIDO DE HABERSE ABSTIDO NAS ELECCIONS
#2
http://www.vieiros.com/nova/77...
Aaai, e logo non ves que xa o anunciaron tamén o venres. Algúns conspiranoides andan sempre coas súas lerias ... Pobre Vieiros como un día lle poñan un anuncio os de Caixanova, vai ter que volver ao exilio ...
Para semprecelta
Aaai si oh!, moita previsión e cobertura..
Primeira nova: Segunda nova:
12:02 13/11/2009 09:30 14/11/2009
Para uns actos programados a celebraren o 14/11/09 a partires das 7:30...
Coido que o único conspiranoide es ti, eu só constato unha situación que se da en moitos medios (dixitais ou non); non só en Vieiros; será que algún allo papaches.
Por certo, xa te me asemellas ó "curita" Camps vitimizando coa represión.
Primeira nova: 12:02 13/11/2009
Segunda nova: 09:30 14/11/2009
Os actos: 199:30 14/11/2009
Non quedou moi ben na mensaxe anterior e contando para o "Raio intelectual" ó que vai...
Si Gaviotero si xDD. Na de Madrid en contra do aborto, cantas había? 20 millóns de personas (porque estou seguro que ti mesmo o comprobaches en persoa) e onte en Vigo había 500....
Encántame esa neutralidade que sempre amosas nos teus comentarios... é algo que sempre caracterízalle á xente coma ti.
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Mas o asunto dos aterramentos de Marín son ilegais, entendo, pola falta de un requisito fundamental para este tipo de obras, o Informe de Impacto Ambental.
É o caso de Bouzas-Areal?
Ademáis dos recheos, o caso é para que se utlizan os terreos portuarios. Se é para facer cousas como "A Laxe", pelexándose por inauguralo Corina máis Abelito; xa poden ir ao caldeiro todos: os que fixeron a trangallada, os que deron as comisións, os construtores que se prestaron á mangancha, e algún outro metido na pota do cocido.
Comezaría por dinamitar ese Centro Comercial, para dar exemplo do que non se pode facer cos terreos do porto, adicados como teñen que ser a mercodorías e contedores, en resumo, para o emprego da xente.
Precisamente o mercado portuario industrial non cresceu moito, máis ben vai debalar por mór da crise. De aquí dedúcese que os novos cachos de formigón e cemento irán para caralladas especuladoras.
Todo isto sen nomear o dano que se lle fai ás rías e á xente que vive aínda delas co marisqueo.
Acabando co conto de "A Laxe". Non é máis que un auténtico fracaso o mazacote de ferro pintado de negro e mesturado con lousa.
No caso de Marín, utilizouse o plan especial -documento de ordenación urbanística- para planificar e sustentar unha ampliación do porto a base de recheos -iso lle correspondería a un plan de usos e a un plan de infraestruturas-. Ademais diso, nin o plan especial nin as obras que se fixeron tiveron os adecuados informes de impacto.
A sentenza do supremo é clara: as ampliacións portuarias debían estar reflectidas nun plan de usos PREVIO ao plan especial e, no momento no que se redactaron, ser sometidos a informe de impacto.
No caso de Vigo, non hai plan de usos -en Marín haino pero non contemplaba a ampliación- polo tanto todo o que se fai no porto dende 1992 é ilegal. O plan especial para o concello de Vigo -este si existe- non pode sustentar legalmente nin o recheo do Areal, nin o de Bouzas. Non hai ningún plan especial máis para ningún outro concello da ría, a prepotencia e impunidade da autoridade portuaria é total, e a xustiza debera poñer con firmeza as cousas no seu lugar.
E outra cousa moi importante: a data de hoxe o necesario plan de usos debe pasar por avaliación ambiental estratéxica, é dicir, comezar o seu deseño tendo en conta o factor ambiental, as posibles alternativas e a participación cidadán.
A legislação estes fulanos passam-na por onde sabemos, e quando a respeitam, fazem-no como também bem sabemos. A Avaliação Ambiental Estratégica assina-a um senhor que se o untam bem não lhe tremerá a mão para o seu visto bom.
Nem a legislação nem a corrupção que senta o cú nos escritórios da administração garantem nada. Há que lutar em todos os frentes, mas o principal é O POVO SOBERANO.
Frente a estas barbaridades não podemos limitar-nos a delegar em advogados ou grupos ambientalistas, normalmente impotentes, a mobilização e a resistência popular em paralelo quase sempre são os que inclinam a balança e evitam "erros" de interpretação da legislação.
As nossas rias são nossas, DE TODOS!!!
Fora os destrutores do nosso património!!!
conzalius, en galego non escribas "haberse abstido" POR FAVORIÑO cho pido!. Terse abstido ou absterse, pero iso non por favor: onde imos chegar meu home!!? O fascista de "gaivoteiro" a.k.a. aguilucho (águia imperial cando medre) é un merdento.
Galiza UN PAÍS, UNHA NACIÓN, UN ESTADO, LIBRE!!! con idioma propio, hostia!!!
Desculpas a gonzalius e a redacçom, esquecí que se pode dizer filho da puta mas nom puto bloqueiro de merda
gonzalius, o que dí MCXOSE, ou queres ser tertuliano na radio galega?
Uns dos problemas do porto de Vigo e a falta de inspectores, un problema que se arrastra xa dos tempos de Abel Caballero, moita mercancia esta sendo enviada oa outros portos por falta de inspectores, sobre todo no caso de mercancias perecederas ou que necesitan de frio.
Eu non son técnico, pero dame que pensar que moitas veces o porto estase utilizando como mero almacén, non sei si por iso cobran máis, pero dende logo cando menos tempo pase un contenedor no espacio do porto mellor, asi deixa sitio para outros.
Fai tempo que se especulaba con un porto seco o algo así, na zona de Salvaterra, dende logo que o espacio do porto de Vigo é limitado e é misión dos políticos, coa axuda dos técnicos optimizar este recurso para o beneficio da cidade.
O porto ten que ser un sitio de tránsito, non un almacen.