ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO RURAL

Constitúese a Federación Rural Galega baixo a presidencia de Xurxo Álvarez

Entre os promotores figuran ex-responsábeis do Sindicato Labrego Galego e o seu obxectivo é ofertar servizos técnicos aos gandeiros.

Redacción - 18:00 28/11/2009

Logo de meses de ruxerruxes e xuntanzas, este sábado Lugo acolleu a constitución definitiva da Federación Rural Galega (FRUGA), unha nova organización gandeira que estará formada por un grupo de asociacións adicadas a prestar asesoramento técnico ás explotacións. Entre os promotores deste novo colectivo figuran ex-responsábeis do Sindicato Labrego Galego (SLG). De feito o seu presidente, Xurxo Álvarez, disputara a Secretaría Xeral á actual titular, Carme Freire, en 2007 e actualmente integra a dirección nacional do Sindicato.

Retos para o futuro
Cun aforo de máis de 200 persoas, os dirixentes deste novo colectivo repasaron os seus obxectivos. Entre eles, subliñaron a importancia de loitar por cambiar a tendencia de prezos dos produtos rurais que, na actualidade, se comercializan por debaixo dos custes de produción.

Tamén se apuntou a necesidade de buscar solucións para a crise do sector lácteo e defender a idoneidade dos contratos homologados para o leite; de reducir os custes co incremento da base territorial das explotacións a partir do Banco de Terras (Bantegal); ou a conveniencia de constituír Unidades de Xestión Forestal (Uxfor). Ao tempo, aseguraron que a federación non nace "cunha vocación exclusiva de ser un sindicato", senón de prestar servizos técnicos.

Sen vocación de contrarrestar o SLG
Ademais do presidente, outros dos 30 compoñentes do equipo dirixente de FRUGA pertenceron no pasado ao Sindicato Labrego. Entre os que apoian a iniciativa atópanse figuras como o cofundador de Comisións Labregas, Emilio López Pérez; o que fora secretario comarcal do SLG, Elías Somoza; ou o xefe de gabinete do anterior conselleiro de Medio Rural, Xosé Manuel Puga. Con todo, quixeron aclarar en todo momento en que esta nova organización xa non ten nada que ver co Sindicato Labrego e "tampouco nace coa vocación que contrarrestar" o seu labor.

"O SLG é auga pasada para algúns", dicía hai uns días un dos portavoces da iniciativa, Manuel Dacal (tamén traballador do sindicato durante 20 anos). "Nós non queremos revolver tempos pasados, non se exixe ningunha connotación sindical nin política a ninguén que queira formar parte da federación". Nesa liña asegurou que a vocación é a de "cubrir un espazo que non estaba cuberto", en referencia ao asesoramento técnico.


3,22/5 (9 votos)

Comentarios (18)

asubio #1 28/Novembro/2009 asubio
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Manda carallo,os ex SLGs da UPG,así é como amosan o respecto a democracia,como non foron capaces de acadar o control do SLG montan o seu propio chiringuito.É esta unha mostra mais do funcionamento da UPG,demócratas sí señor.Que no BNG se anden con ollo que como perdan o control montan outro partido,mais,ata pode ser boa cousa,ou non?.Claro que a actual direccion do SLG tamen se adicou,en canto accedeu a poltrona,a pasar o rolo e cortou cantas cabazas(da UPG)puido

asubio #2 28/Novembro/2009 asubio
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non está na miña intencion insultar a ninguen polo cal pido desculpas xa que en vez de cabazas queria dicer cabezas,a miña mecanografía é así de boa

xoca #3 28/Novembro/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Son uns impresentábeis mire-se por onde se mire.

xoca #4 28/Novembro/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Cales van ser os servizo que ofertan? garderias?, excusións?, ao nacionalismo asi non lle fan falta españolistas, chegamos nos mesmos para nos escarallar. Ah! espero que en pouco tempo haxa outra escisión e outro novo chiringo, dentro duns anos termos máis chiringos que xente no rural. Pako, Pakiño, non sabes o mal que fas ao nacionalismo galego e o ben ao español, hai que saber xubilar-se e soltar a amalloa.

Opinador #5 28/Novembro/2009 Opinador
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

No SLG andaron a coiteladas uns cos outros, tanto monta monta tanto. Un dura e cruentísima loita polo poder. Os que mandan hoxe no SLG son ex UPG que levan adiante a mesma forma sectaria de facer política e tratar aos disidentes. Os que agora se van, da UPG, son iguais de sectarios. Unha loita entre sectarismos, pois. A uns e a outros sóplanlla os labregos, moeda de cambio para disfrutar do poder e das prebendas que como sindicatos lles corresponden das administracións públicas. Tan honrado é Xan como Perillán. Pobre Galiza rural que non tes quen te defenda e si quen te venda!

xoca #6 29/Novembro/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Engado algo máis, no rural hai unha esquizofrenia de ..., votan ao PP que é ultradefensor do mercado como regulador e piden conta a outros para que os defenda do libremercado que campea ás suas anchas: as distribuidoras que contolan os prezos, como se entende iso?

giao #7 29/Novembro/2009 giao
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Estes som os que esigem obediência cega no BNG, os que velam porque nengum debate se exteriorice fora, os que consideram anatemas a todos os nacionalistas que actuam fora dos seus límites... Isso si, na primeira organizaçom na que perdem tentam sequestrar as siglas, levá-la aos julgados e finalmente montar outro chiringuito. De conha!

merin #8 29/Novembro/2009 merin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi ben facia falla esta organización, dunha vez por todas escomenzamos a ter unha asociación profesional de labregos de verdade neste país, todos a traballar para FRUGA.
Sobre os comentarios anteiores de giao e outros, somentes quero decir unha cousa: ¿que se pode esperar dunha organización que expulsa a tódolos traballadores que non apoiaron a candidatura de CArmencita la Fantástica?, nalgún caso expulsaron a unha traballadora por estar casada cun avogado da CIG

aloitador #9 29/Novembro/2009 aloitador
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A min importame un pito cantas organizacions forme a UPG, o que ten que ser e coherente, xa que andan decindo que hai xente que quere romper o nacionalisno, e logo eles en canto perden o control dunha organización, van e montan outra, e vamos a ser un pouco serios, os do SLG non son todos ex da UPG, entón onde hai que correxir cousas é nesa organización.

fillotolo #10 29/Novembro/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nun ano ou dous igual temos outra escisión ¿quen sabe? Todo dependerá de se a UPG segue a controlar ao BNG ou non. Estos gadeñeiros viven tan afastados da realidae que seguro que pensan que en solitario sacan tres ou catro deputados co obxectivo de manterse na poltrona. ¡Van dados!

pedrasbermellas #11 29/Novembro/2009 pedrasbermellas
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Outro invento da UPG, necesitan lavar a súa imaxen e o mesmo tempo montar un chiringuito para que os traidores que estiveron no poder e que non fixeron outra cousa que insultar os labregos teñan ocupación, o que non se aclara e se descoñece e si esta fundación ha ter fondos (probablemente si) pra manter salarios, seguramente xa esta moi avanzado o das subvencións, pra que algúns persoaxes podan seguir vivindo do conto a conta do carto público, eche unha droga dura..unha vez que se proba e díficil deixalo

lu56 #12 29/Novembro/2009 lu56
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A min esta teima que temos en Galicia de andar sempre a paus un cos outros xa me resulta cansina... Que aburrimento. Temos dereita para rato.

merin #13 30/Novembro/2009 merin
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Parece que todo o paga a UPG, todos os que estades a criticar esta federacion non sabedes, que hia dirixentes do SLG imputados en asuntos de acoso laboral. Acaso non sabedes que estes elementos, Lidia, Carmencita, Lobo Docampo e compañía expulsaron a unha traballadora do SLG por estar casada cun avogado da CIG, isto non o criticas nin fillotolo, nen pedrasbermellas... E se queredes seguimos que eu ainda teño varias cousas que contar, parecevos,
Cando presentan as contas no SLG sempre as presentan sen documentación previa, e de todos é sabido que anteriormente as contas no SLG levabas Miguel Mendez(maridisimo de Lidia Senra),e agora levas un tal Monasterio(o noivo) familiar de Miguel Méndez, que parece estar preoucupado estes dias...

aeitoeconxeito #14 30/Novembro/2009 aeitoeconxeito
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Utilizando a súa mesma forma de se dirixir ao resto de .. compañeiros/as ?:
SODES UNS TRAIDORES REVENTA-ORGANIZACIÓNS.
MACHIÑOS, A VOSA ENFERMIDADE É DGINA DO DUNHA ANÁLISE FREUDIANA.
DE TAN PATÉTICO QUE É TODO ISO, RESULTA ATÉ CARICATURESCO.
AÍ, AÍ, A MENSAXE DE CASTELAO PARA O AMPLO ESPECTRO SOCIAL DO NACIOANLISMO, MALTRATADO E LIXADO POLOS DE SEMPRE.
U-PUS DEI, FLIPO COA VOSA PARANOIA AUTOALIMENTICIA.
SEI DE MUITOS/AS QUE DISFRAZAN A PRÁCTICA DO "BANDULLO AGRADECIDO" COA EXALTACIÓNPATRIÓTICA DE TOTUS TUS, QUE SON OS MÁIS REVOLUCIONARIOS E PATRIOTAS DA VÍA LÁCTEA.
REPÌTO: NON TEN NOME O DESTA XENTE QUEBRA ORGANIZACIÓNS: 1º O ECOLOXISMO, LOGO A MESA,AGORA O SINDICALISMO OBREIRO E HOXE O AGRARIO.
E NO BNG, XA SABEMOS DE QUE VAN.

MESAXE A MENTES INTELIXENTES DO BNG:
OU OS +BNG E OS IRMANDIÑOS REAXEN , OU ISTO VAISE AO CARALLO.
TEMPO AO TEMPO.
BO DÍA

Tarelo #15 1/Decembro/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quédome con asubio, xoca, giao, aloitador, fillotolo, pedras vermellas, e aeitoeconxeito.

Tarelo #16 1/Decembro/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Este do aramio de viña ten pinta de rato. Ratibrom!!!!!!

jatucha #17 13/Decembro/2009 jatucha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Veño seguindo as triquiñuelas políticas destes impresentabeis elementos dende,sempre.E un persoal que está totalmente resentido por ter perdido o poder e a súa única oportunidade de enpolecemento na vida.
Son realmente persoas non gratas nin a nível persoal,nin a nível político.Invitovos ,se non o fixéchedes xa, a visitar o galicia confidencial no que airean todas as súas miserias politicas cousa que tamén poden decir moito das súas miserias persoais,
En fin,curta vida a FRUGA.

jatucha #18 13/Decembro/2009 jatucha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Esquecín dicir que varios elementos da directiva(viva a horizontalidade¡¡¡¡¡) desta federacion,son os que directamente roubaron as siglas do slg e a revista fouce,a que comentaba este tipo nalgún lugar que xa deixara de leer había tempo.Claro,como a tiñan roubado os seus coleguis¿como a ía leer?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: