Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pagas extra aparte

A alcaldesa do Courel marca un salario de 2.300 euros

Logo da moción de censura, con apenas 1.300 veciños censados e malia que o anterior alcalde non cobraba, a nova rexedora fíxase un elevado soldo.

Redacción - 10:45 02/12/2009

"Agora foron moi pouco consecuentes, a alcaldesa puxo un soldo de 2.300 euros máis dúas pagas extras e o tenente de alcalde un salario de 200 euros por tres horas á semana". A denuncia faina o anterior rexedor do municipio de Folgoso do Courel, o socialista Xosé López Fontal. Apartado do poder recentemente logo da moción de censura que, nun novo episodio de transfuguismo, levou á alcaldía a Dolores Castro (PP).

Suspendidos de militancia por esta decisión, os populares gobernan así baixo as siglas "Alianza polo Courel" e sorprenden furando na caixa pública para asignárense novos salarios. "A única preocupación que tiveron foi a de fixarse uns soldos importantes e repartírense o pastel", láiase López Fontal, censurando que os novos gobernantes municipais "non cumpren aquilo que esixían dende a oposición". "Non fan nin o que propoñían", láiase.


4.11/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: