Valentina Formoso, Henrique Monteagudo, Fran Rei e Xosé Antonio Pardo falan da norma que garante un 50% de materias na lingua do país, a piques de ser derrogada.
Valentina Formoso, portavoz da Coordinadora de EDNL
A derrogación do decreto do galego no ensino prevista pola actual Xunta e o novo texto que presentará este mes instaurarán unha aprendizaxe de idiomas "de tres ou catro velocidades", no caso de que se elimine a ensinanza do 50% das materias en galego, afirma Formoso.
De se deixar á elección de cada centro ou dos pais cal vai ser a lingua en que reciben aulas os seus fillos, afirman desde os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, porase trabas á aprendizaxe e a promoción do galego, que non se vai a conseguir sen ese 50% "sobre todo en ámbitos urbanos, onde hai moi pouco contacto coa lingua".
"O ensino ten que ser igualitario, ten que ser igual para todos", destacou a súa voceira, que rexeitou a fórmula de que a porcentaxe de materias que se impartan nun idioma ou outro deba variar en función do contexto xeográfico. Neste caso, recordou que en Galiza existen dúas linguas oficiais que, no ámbito de coñecemento, do seu uso e do seu status social, "non se atopan en situación de igualdade", polo que "se non se garante a competencia do alumnado" -en ambas as dúas linguas-- este verase "discriminado".
Ao respecto da implantación do inglés como idioma de ensino das aulas, advertiu de que "os centros non están dotados, nin hai aulas ben dotadas de recursos" para lle dar a devandito idioma "unha porcentaxe similar" ao galego ou ao castelán. "Faltan computadores, profesorado nativo, ...", dixo, aínda que salientou que os estudantes galegos, ao coñecer varias linguas, teñen maior facilidade e aptitudes para a aprendizaxe de idiomas ca os doutras zonas do Estado.
Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura
A proposta da Xunta sobre o idioma vai "cara aos tres terzos" -castelán, galego e inglés, equitativamente- sinalou o sociolingüista mais, recordou, que a Xunta terá en conta a "libre elección dos pais" que "legalmente non é moi defendíbel", en alusión a unha sentenza do Tribunal Supremo que nega o dereito dos proxenitores a escoller o idioma da educación dos seus fillos.
"No Goberno e no PP hai un debate que non teñen resolto. Hai unha liña que vai cara ao consenso e hai outra que vai cara a unha confrontación, que sectores dentro do partido ven ben", explicou. Monteagudo propuxo que a lexislación camiñe "cara a un modelo flexíbel" que non obrigue os centros a "dar pasos atrás" en materia lingüística, en alusión a aqueles claustros que aplicarán o 50% de materias en galego.
Aínda no hipotético caso de admitir as propostas da Xunta -coas que non está de acordo-, Monteagudo estabelecería "unha solución que non cre un problema novo", permitindo a docencia en galego nun 50% a "centros que queiran cumprir o decreto vixente" e, naquelas escolas "onde non se chegou" a esa porcentaxe "porque hai unha resistencia", avogaría por "flexibilizar de cara a un 30% ou 40%" en función da decisión do propio centro.
Neste senso, advertiu que o modelo que pretende asumir a Xunta "é mellor" unicamente "desde o punto de vista de -evitar- a conflitividade" e o debate social, xa que a nivel pedagóxico "é malo" ao impedir unha equidade educativa entre centros e entre o alumnado.
Fran Rei, vicepresidente da Mesa
O grao de cumprimento do decreto vixente representa "unha incógnita", segundo o vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Fran Rei, que indicou que a Consellaría de Educación -tanto no actual Goberno como no anterior- "non proporcionou datos" ao respecto, mentres que un dos puntos que estabelece o decreto 124/2007 "era que se ía a realizar un seguimento ano a ano".
"Temos unha queixa no Valedor do Pobo desde novembro de 2008 e aínda estamos a agardar algún tipo de resposta", lamentou Rei logo de aclarar que o propio valedor "se dirixise por carta" á asociación "para comunicar que o trámite se segue a solicitar" á Xunta.
Con todo, afirmou que un estudo da Universidade de Vigo elaborado en 2008 alertaba de que no 70% dos centros de ensino da cidade "non se chegaba ao 50%" de materias en galego e, segundo "o día a día" na asociación, a tendencia é que "en ámbitos urbanos se incumpre" o decreto, ademais dalgún caso puntual "en zonas rurais". Así mesmo, mencionou varios casos en centros de Infantil e Primaria de Ferrol "onde non hai libros de texto en galego".
Xosé Antonio Pardo, presidente da Federación de Centros Públicos
Pola súa banda, o presidente da Federación de Centros Públicos de Galicia, Xosé Antonio Pardo, asegurou que o decreto, naqueles centros que cumpren con ese 50%, aplícase "con toda normalidade" e que este grao de implantación "depende do proxecto curricular" de cada escola. "Estábase respectando na maioría, e nos concertados, creo que tamén", sinalou.
"Así mesmo, mencionou varios casos en centros de Infantil e Primaria de Ferrol "onde non hai libros de texto en galego".
Se non se cumpre, dificilmente vai poder impedir "a lenta morte do galego" como di Raimundo.
***CÁIGASE YA EL PUTO ANACRÓNICO IMPERIO IBÉRICO CASTELLANO DEL SIGLO XXI*** VISCA CATALUNYA LLUIRE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! EUSKAL HERRIAhhhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!!
Doeu-lhes a esta NINHADA DE RATOS... POIS FAGAMO-LO CHEGAR AO MAIOR NÚMERO DE PESSOAS: ***NÃO HÁ NADA MAIS DEMOCRÁTICO QUE UM REFERENDUM***
GAVIOToROS!! _A U T O D E T E R M I N A C I O N_ DOS POVOS!!
O incrível caso dos defensores da língua:
MÁXIMO=50%
MÍNIMO=..."flexibilizar de cara a un 30% ou 40%" en función da decisión do propio centro.
Que bem sendo «permitir um mínimo teórico do 30%» que na prática é uma presença entre o 0-10% (segundo a decisão do centro).
CARALHUDO!!! VIVAM OS DEFENSORES DA NOSSA LÍNGUA!!!!
Bem sendo algo assim como:
1º.- Negociamos o trilinguismo harmónico de Raimundo.
2º.- Aceitamos o bilinguismo cordial de McNally.
3º.- Temos o bilinguismo real do Gaviotero.
Cada dia é mais evidente que os mais ferozes inimigos do galego não estão em Madri, senão entre nós, autênticos lobos com pele de cordeiro.
E os da Mesa demonstram uma e outra vez serem crianças ingénuas bailando ao som dos «persoeiros» da direita «galleguista» trabalhando a prol do «gallego» nos últimos 30 anos. Todo seja pelo consenso. Consenso que permita migalhas para os miseráveis.
Agora já se vos vemos claramente as intenções: que seja o centro quem decida o curriculum escolar dos alunos. Ainda melhor que se fossem os pais, não é?
Cada dia vos odeio mais!!! Sois tão anti-galegos como os fascistas mesetários, mas vós ainda pior, porque tendes de acrescentar ao jeito de ser daqueles a vossa FALSIDADE, a vossa HIPOCRISIA e a vossa TRAIÇÃO.
IDE PRO CARALHO, F.D.P!!!
Só fica a esperança de que a todo porco lhe chegue o seu S.Martinho.
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
GAVIOToROS!!
_A U T O D E T E R M I N A C I O N_ DOS POVOS!!
Morrer é o que queres ti Raimundito, pero non acougues que os Galegos levamos mais de 500 anos, loitando contra os Flamencos e os Galleguiños, e todabia non pupiches con nosco. Xa chegara o día que botes mais baguas que o derradeiro Rei Mouro pola perda de Granada.
Sem imersom linguistica ao 100% no ensino a cousa da lingua esta complicada.
Agora bem, isto tal como estam as forças politicas na Galiza esta complicado.
Por tanto sem dous modelos linguisticos no ensino publico um 100% em galego com espanhol, ingles e portugues (ben nas aulas de galego bem como lingua estrangeira).
E por outro lado sem uma rede privada em galego de cooperativas de ensino que nom dependa de governos
isto morre
por muito que os analistas levem anos falando e falando
nom podemos esperar mais!
Non fillo, si o consenso xa o rachou o P.P. Que pensas que agora vamos a tragar, a levas clarinete. Non sairon as ruas porque impoñoen o Galego en Galiza?, que non sei porque non saen as ruas por impoñer o Castelan en Castela. Pois agora as manifestacions son da imposición do Castelan. Atúranos, que tes que aguantar encanto menos tres anos por vosos Bilinguismos armónicos ou cordiais, ou amabels. Como o chamará mañá?
***CÁIGASE YA EL PUTO ANACRÓNICO IMPERIO IBÉRICO CASTELLANO DEL SIGLO XXI*** VISCA CATALUNYA LLUIRE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! EUSKAL HERRIAhhhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!!
GAVIOToROS!!
_A U T O D E T E R M I N A C I O N_ DOS POVOS!!
Aprende a puntuar, moinante. Tanto trabalho q t tomas para ficarem todos o teus comentarios baixo terra... enterrados no olvido. O meu é muito simples: GAVIOToROS!!!!!!!!!!!! NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!!!! AUTODETERMINAÇÃO DOS POVOS!!!!!!!! E SERVE-ME PARA OS PRÓXIMOS 20 COMENTARIOS Q TODO O MUNDO APRECIA E VALORA. Q TRISTE, TOMA UM CABAZO DE VINHO E VAI DURMIR. SE VOLTARES, REPUNANTE, VAS OUVIR O Q NÃO QUERES.
Leria podre, tila de toxo, né? JILIPOLLAS!
***CÁIGASE YA EL PUTO ANACRÓNICO IMPERIO IBÉRICO CASTELLANO DEL SIGLO XXI*** VISCA CATALUNYA LLUIRE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! EUSKAL HERRIAhhhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!!
GAVIOToROS!!
_A U T O D E T E R M I N A C I O N_ DOS POVOS!!
Aquí as cousas están claras: Os de GB cando eran "tan galego como el gallego" facían tiras de "banda deseñada" con cousas como "El abuelito habla gallego y no sirve para nada". Aquí nos coñecemos todos, e conto é nós ou eles. Eles agora teñen o poder, o apoio estatal, cartos e medios (mesmo socialistas); e nós somentes podemos "tirar 4 pedras" ou "roubar algo nalgún caixeiro do sistema". Fagamos todo o que poidamos. Moitas guerrillas espalladas fan algo de fronte.