Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participación 2.0

A agresión a Berlusconi divide os usuarios das redes sociais

Case 50 mil persoas apoian o agresor, Massimo Tartaglia, mentres Berlusconi se achega ás 400 mil grazas ao sorteo dun iPhone.

Redacción - 09:53 14/12/2009

A agresión sufrida este domingo polo primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, xa provocou unha dura guerra virtual nas redes sociais. Así, persoas partidarias do agresor, Massimo Tartaglia, crearon grupos de seareiros, que están a ser respondidos rapida e masivamente por xente que apoia a Berlusconi.

No Facebook, Tartaglia achégase aos 50 mil apoios, repartidos entre varios grupos. Pola súa banda, xurdiron páxinas co lema "apoiemos a Berlusconi contra os seareiros de Tartaglia", que se achegan xa ás 400 mil sinaturas virtuais. Pero este aparente desequilibro ten trampa: sortean un iPhone entre as persoas que sumen o seu apoio ao primeiro ministro.

O asunto está a acaparar tamén as primeiras páxinas dos principais medios de comunicación do mundo, especialmente en Italia. No país mediterráneo estase a facer un seguimento case ao minuto do estado do político, con informacións acompañadas de galerías fotográficas e vídeos do momento en que Massimo Tartaglia arrebolaba unha figura do Duomo de Milán á face de Berlusconi.

Segundo as últimas informacións, o mandatario italiano asegura dende o hospital que está ben e pediu os xornais. Tartaglia foi trasladado á prisión de San Vittore.


2.86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: