Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

Galicia Bilingüe arremete contra Rafael Cuíña cualificándoo de “intolerante partidario da imposición lingüística”

A asociación que preside Gloria Lago confirma que vai acudir ao Simposio Internacional Ecolingua aínda que o tilda de “paripé sectario”.

Redacción - 12:20 17/12/2009

Na súa xornada inaugural, a polémica chega ao I Simposio Internacional Ecolingua que se celebra en Vigo. O seminario que pretende “desmontar con argumentos as falsidades de que en Galiza existe unha imposición do galego” está organizado polo instituto IGEA, que preside Anxo Quintana. O máis curioso é que o colectivo Galicia Bilingüe, que está convidado a unha das conferencias, enviou este xoves un comunicado aos medios de comunicación arremetendo contra a organización.

A asociación que preside Gloria Lago critica abertamente ao empresario lalinense Rafael Cuíña, encargado de abrir as xornadas. A respecto do tamén colaborador de Vieiros, Galicia Bilingüe afirma que “chama a atención que a persoa encargada da sesión de apertura sexa o empresario Rafael Cuíña, recoñecido partidario da imposición lingüística e que, pola súa condición de militante do PP, foi utilizado en repetidas ocasións polas organizacións nacionalistas como aval da súa intolerante postura”.

Galicia Bilingüe tamén cualifica o simposio de “paripé sectario” e de “burdo intento de edulcorar diante da opinión pública a deostada política de imposición lingüística posta en marcha polo anterior goberno da Xunta e que aínda segue vixente”. Aínda así, o colectivo vigués confirma que Gloria Lago asistirá o sábado a unha mesa redonda.

Resposta de Cuíña

En declaracións a este xornal, Rafael Cuiña asegurou con retranca ao respecto das acusación de Galicia Bilingüe que "teño que recoñecer que no seu universo mental teñen razón". O empresario engadiu ao respecto que "eu o que nunca vou ser é indigno coa nosa cultura". Porén, Cuíña quixo restarlle importancia ás críticas do colectivo de Gloria Lago sinalando que "non perdo un segundo máis con este tipo de grupos de presión que non pasaron polas urnas".


4.81/5 (47 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: