Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Simposio Ecolingua

"Instalouse a idea de que había leis para cumprir e leis para figurar, entre estas, as da lingua"

Así o advertía Mariló Candedo, de Nova Escola, no encontro Ecolingua. Achegámoslles unha escolma das reflexións aló escoitadas.

Redacción - 16:18 21/12/2009
Tags: Ecolingua
Margarita Ledo, Antón Reixa e Anxo Quintana na clausura de Ecolingua

Margarita Ledo, Antón Reixa e Anxo Quintana na clausura de Ecolingua

"E non deixen de tomar en consideración que tanto a sociolingüística coma a pedagoxía e a didáctica admiten hoxe, con case unanimidade, que só as solucións que contemplan un reparto ao 50% en cada unha das linguas como instrumento vehicular do ensino garante, minimamente, a competencia nas dúas linguas ao finalizar o ensino obrigatorio, ese obxectivo que todos din perseguir e que a realidade demostra que non está acadado".

Así concluía a pasada semana a súa intervención o escritor Xabier P. Docampo, en representación da plataforma Prolingua, durante o encontro Ecolingua, organizado polo Instituto de Estudos Autonómicos e Europeos IGEA.

O encontro incluíu numerosas e vizosas intervencións. Na mesa sobre Lingua e proxección internacional, Iván Area, vicerreitor da Universidade de Vigo, apuntou tamén que "a Universidade non é unha illa e non pode abstraerse da situación social xeral da lingua" e afirmou que "prestixiar a lingua galega na universidade pode axudala moito no ensino non universitario, na empresa, na Administración, na xustiza, nos medios, en xeral en todos os ámbitos".

"Co paso dos anos, na sociedade e nos centros educativos instalouse o convencemento de que había leis para cumprir e leis para figurar, entre as que se situaban as que afectaban á lingua", advertiu Mariló Candedo, de Nova Escola Galega, "en realidade pode afirmarse que neste tempo non houbo por parte da Administración unha planificación lingüística que establecese de maneira rigorosa obxectivos, prazos, procedementos, recursos e medidas de apoio, así como elementos de seguimento e avaliación".

O representante da empresa de telecomunicacións R, analizou a situación desde o punto de vista do márketing: "Nun mundo cada vez máis masificado, máis globalizado, onde non sabes quen é quen, onde non coñeces nin ao veciño, onde todo semella unha copia, onde as ideas son plaxios, onde todos estamos alienados e temos que actuar dun xeito igual (...) Hai unha falta de identidade. E sen identidade non somos nada. Só unha lata máis dunha cadea de montaxe. Pero para non ser un máis, para que non nos ignoren, é preciso identificarnos, dicir quen somos. E, neste sentido, por que usar o galego? Pois simplemente porque forma parte da nosas raíces. Ademais, o galego é máis. O galego implica unha forma de ser, de estar, de pensar, facer e de vivir".

Convidámolos a ver polo miúdo a escolma de intervencións dispoñíbeis na rede:


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: