Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Non se cumpren as medidas de seguridade

Campionatos de raposo 2010 - Violando a lei

Os participantes no campionato provincial de caza de raposo realizado en Meaño, foron sorprendidos pola Garda Civil violando a lei de caza que protexe a seguridade dos demais cidadáns
.

matar por matar non: ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asociación COMETA, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade,Ecologistas Extremadura, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Gal - 12:22 14/01/2010

Iso, ademais de causar un grave prexuízo ao medio ambiente xa que "participaron 580 escopetas e deuse caza a 47 exemplares".

A experiencia dinos que, se só sorprenderon a ese grupo, foi porque o SEPRONA está desbordado e carece de medios, tanto materiais como humanos, para vixialos xa que a violación das normas de seguridade, segundo denunciamos reiteradamente, é a constante destas actividades.

Consideramos inaudito é que se permita a realización dun "campionato" onde se xuntan nada menos que 580 individuos para matar raposos, pretendendo que tal feito en nada prexudica a poboación deste animal, que obviamente non pretende demostrar nada positivo, a non ser exhibir os cadáveres e logo tiralos ao lixo, e se xustificar as avultadas subvencións que recibe a Federación Galega de Caza (a última de 170.000 euros por parte da Consellería de Medio Rural).

Os próximos campionatos, de Galicia e Nacional, xuntarán a case un milleiro de participantes. Pretender que se está xestionando ben a fauna e a actividade cinexética, con esas cifras de depredadores ou pretender cualificar tal irracionalidade de deporte é unha exhibición de cinismo á altura de quen defenden unha economía e un negocio que florecen á sombra da destrución da natureza e o exterminio da fauna.

Todo iso co agravante de que, conscientes de perder a loita por gañarse á opinión pública, así como o debate baseado en argumentos cos cales pretendían defender as súas insostibles teses de controlar aos depredadores, xestionar adecuadamente a fauna, regular a cantidade excesiva de individuos, etc. agora actúan na clandestinidade e ocultan as súas actividades ao ollo fiscalizador dunha sociedade sensible aos problemas ambientas, dos cales eles e sobre todo quen os incitan, son uns dos principais causantes.

A realización destes campionatos, sempre en Galicia, parécenos un desprezo, por parte da Federación Galega de Caza, ao noso territorio. Non ocorre nada similar nas demais Comunidades, onde non se permiten tales prácticas.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: