Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: raposo

11/Febreiro/2008 /

Competicións de caza de raposo sen permisos da Administración

  Rematada a tempada de caza, e na que a maioría das especies están en plan época celo e cría, a Federación Galega de Caza está a organizar campionatos de caza de raposo sen os pertinentes permisos nin os pertinentes anuncios. Isto pon en perigo tanto ás especies, non so as especies (e non so as cinexéticas), se non tamén a  poboación en xeral que quere exercer o seu dereito de uso e disfrute do monte os fin de semana


30/Xaneiro/2008 /

"Isto non o vaias publicar que vas levar nos fuciños"

Soben á rede un video no que quedan rexistradas as ameazas aos grupos ecoloxistas que se manifestaban contra a caza de raposos.


13/Xaneiro/2008 /

Os cazadores mataron 40 raposos en Rodeiro

Pola contra, en Xinzo 'Matar por matar non' dificultou a batida, e os cazadores só levaron dúas pezas.


9/Xaneiro/2008 /

Matar por matar, Non! advirte do "alto risco" de saír ao monte este sábado

Denuncian que o lugar concreto onde se van organizar os campionatos provinciais de caza de raposo se está a manter "no máis absoluto sixilo".


4/Xaneiro/2008 /

Aparecen en Lalín dous raposos mortos pendurados dunha árbore

Na parroquia de Botos nunha zona a 50 metros da estrada que une a capital do Deza con Pontevedra.


5/Xaneiro/2008 /

Proliferación de campionatos de caza de raposo en Galiza

Entre "ligas" e "campionatos", hai ao ano unhas 10 batidas organizadas contra o golpe. As asociacións ecoloxistas denuncian estas "matanzas subvencionadas".


15/Decembro/2007 /

Colectivos de todo o Estado protestan no Saviñao contra a caza do raposo

Unha ducia de asociacións xa anunciaron a súa presenza para trataren de boicotear unha cacería da Liga Popular de Caza do Raposo.