Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA

Unha terceira parte das militares estadounidenses foron violadas no exército

Estudos recentes confirman que a violencia sexual por parte dos seus compañeiros é moi común, malia que o 90% destas agresións non son denunciadas.

Redacción - 11:35 27/01/2010

O 30% das mulleres militares estadounidenses sufriron violacións por parte dos seus propios compañeiros. Así o revela a radio pública estadounidense (a NPR) tomando como referencia un informe baseado en enquisas feitas entre veteranas en 2003. Mais os datos non rematan aquí: outro estudo de 2004 revela que moitas destas mulleres precisaron axuda por sufriren desorde de estres post-raumático e que o 71% fora asaltada sexualmente ou violada. Ao parecer, xa en 1995, outro estudo de veteranas da Guerra do Golfo estimaba noutro 90% o número de mulleres que foran acosadas sexualmente.

Tamén a BBC ofreceu recentemente información sobre un libro que pon de relevo as extremas dificultades que teñen que afrontar as mulleres soldado que serven no estranxeiro. Este volume, que ten por título The Lonely Soldier: The Private War of Women Serving in Iraq, está escrito por Helen Benedict, quen entrevistou a varias mulleres do exército e ofrece sorprendentes historias que revelan o sufrimento ao que foron sometidas.

Outro estudo conclúe que o 90% de todas as mulleres que prestan servizo aos Estados Unidos son obxecto de acoso sexual. Tamén estima que o 90% de todas estas violacións non son denunciadas, maila que a confidencialidade das acusacións está supostamente garantida por lei dende 2005. Unha ex-militar explicaba á radio pública os motivos polos cales non son habituais as denuncias: “é unha degradación que se sucede día a día e que non te deixa actuar”, dixo, “ningunha das miñas amigas que sufriron violación foron quen de denunciar e a maiores tes que asumir o traballo diario cos teus verdugos”.

Con todo, un tras outro, todos os informes confirman a existencia desta práctica, que é moito máis común do que se puidera pensar, malia que o exército estadounidense trata de agochala. As vítimas que se atreven a denunciar reclaman penas máis severas, que vaian máis alá da actual destitución, suspensión ou amoestación por escrito.

Podes ampliar información:


Ligazóns

4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O 90% de todas as mulleres que prestan servizo aos Estados Unidos son obxecto de acoso sexual.
O 90% de todas as mulleres que prestan servizo aos Estados Unidos son obxecto de acoso sexual.
Este libro revela as agresións ás que son sometidas moitas mulleres militares
Este libro revela as agresións ás que son sometidas moitas mulleres militares