Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sete meses despois de chegar ao poder polas armas

Os golpistas gañan

Zelaya aterrou esta cuarta feira nun aeroporto militar situado nas proximidades de Santo Domingo, ao tempo que Porfirio Lobo asume a Presidencia hondureña.

Redacción - 10:00 28/01/2010

O ex presidente de Honduras, Manuel Zelaya, aterrou esta cuarta feira nun aeroporto militar situado nas proximidades de Santo Domingo, onde pronunciou un breve discurso en que deu as grazas ao presidente de República Dominicana, Leonel Fernández, por facer posíbel a súa saída de Tegucigalpa e acollelo como 'hóspede distinguido'.

Desde a pista da base aérea de San Isidro, onde chegou na compaña do presidente dominicano, Zelaya agradeceulle este "rescate histórico", que incluía a saída da súa familia do que denominou como "unha terrible traxedia".

Logo de pasar 129 días recluído na Embaixada de Brasil en Honduras, Zelaya abandonou Tegucigalpa xunto á súa familia en virtude dun acordo alcanzado o pasado día 20 entre Fernández e o novo presidente, Porfirio Lobo, que asumiu o cargo esta mesma cuarta feira.

Sete meses do golpe de estado
Zelaya, derrocado no golpe de estado do pasado 28 de xuño, dixo que pasará unhas semanas en Santo Domingo, e que despois partirá cara a México, onde vivirá de forma definitiva, aínda que expresou o seu desexo de regresar pronto a Honduras para participar no proceso de reconciliación.


3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: