Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Atenden a denuncia de Galicia Bilingüe

Ordenan a retirada do vídeo 'Vilingüismo' e o peche da web da AMI

"Puidese ser constitutivo dun delito relativo ao exercicio dos dereitos fundamentais e liberdades públicas e de delito de ameazas e de coaccións", di o xuíz.

Redacción - 13:00 12/02/2010
Detalle do filme 'Vilingüismo'

Detalle do filme 'Vilingüismo'

O Xulgado de Instrución número sete de Vigo ordenou o 5 de febreiro o peche da web Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) e a retirada do vídeo de debuxos animados Vilingüismo, onde se conta a historia dunha vila galega que é invadida por un grupo de alieníxenas que queren terminar co galego e impoñer o castelán.

Porén, hai un grupo de mozos que se han opoñer ao hipnótico "bilingüismo harmónico" dos extraterrestres. A fita foi realizada polo colectivo independentista con motivo do Día das Letras de 2008 e pódese ver e descargar na web de GzVídeos.

A asociación Galicia Bilingüe realizou unha denuncia no mes de xuño dese ano . Nun comunicado sinalaron que o filme "narraba as accións dunha cuadrilla de mozos independentistas a favor do monolingüismo en galego e defendía que a única saída para impor as súas teses radicaba na loita violenta".

"Na cinta aparecían representados directivos de Galicia Bilingüe á beira dun autobús co logotipo da entidade, que finalmente voaba polo aire polo estalido dunha bomba", describe esta asociación no comunicado.

Resolución
A resolución ditada polo maxistrado Ventura Pérez Mariño atende as queixas de Galicia Bilingüe. No auto sinálase que o vídeo "puidese ser constitutivo dun delito relativo ao exercicio dos dereitos fundamentais e liberdades públicas e de delito de ameazas e de coaccións".

O xuíz engade que non se esclareceu "coa consistencia necesaria" quen son os autores do vídeo e da web, polo que decreta tanto a retirada das imaxes e a clausura da web da AMI. Ante a decisión, sinalan desde o colectivo, "cabe recurso de apelación no prazo de tres dias por parte do avogado da causa".

"Da AMI queremos, como naquel momento, facer un chamamento á resposta e á acción perante este ataque á liberdade de expresión. O fascismo organizado, xunto coa axuda dos xulgados, da corrupción e das forzas de seguridade (agora coa unidade de delitos telemáticos á vangarda) queren fechar a nosa páxina. E nós dicimos ben alto: Fecharedes a nosa páxina, nós abriremos 100 mil!!! Fascistas, as vosas agresións van vos saír moi caras", afirman na súa web.


4.54/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: