ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vilingüismo con 'V'

Citan a tres militantes da AMI para declarar por un vídeo que alarmou a Galicia Bilingüe

A organización independentista foi denunciada pola asociación por distribuír unha fita que, segundo din, chama "ao odio e a violencia" contra os seus membros.

Redacción - 19:00 24/09/2008
Detalle da fita 'Vilingüismo'

Detalle da fita 'Vilingüismo'

Tres militantes da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) terán que declarar, a vindeira segunda feira 29 de setembro, no xulgado número sete de Vigo, a causa dunha denuncia formulada pola asociación Galicia Bilingüe.

Aos tres impútanlles dous supostos delitos, un "contra as liberdades fundamentais" e outro de "ameazas e coaccións" pola realización e difusión do filme de debuxos animados Vilingüismo, no que, durante media hora de duración, cóntase a historia dunha vila galega que é invadida por un grupo de alieníxenas que queren terminar co galego e impoñer o castelán. Porén, hai un grupo de mozos que se han opoñer ao hipnótico "bilingüismo harmónico" dos extraterrestres. A fita foi realizada polo colectivo independentista con motivo do Día das Letras deste ano e pódese ver e descargar na web de GzVídeos. O vídeo proxectouse nos centros sociais, varios institutos de Vigo e en Ourense; alén disto, repartíronse copias en institutos das sete cidades galegas.

No seu día, a asociación Galicia Bilingüe denunciara a existencia da fita porque, consideraban, era un chamamento "ao odio e a violencia contra a asociación", afirmando que "anima a atentar" contra os seus membros. Esta non é a única denuncia que este colectivo fixo contra membros da AMI, xa que hai unha outra presentada contra varias militantes que se manifestaban ás portas do Teatro García Barbón o día que se presentaba oficialmente a asociación en Vigo, en febreiro deste ano.

"Estamos ante un etnocidio e os seus responsábeis queren facerse pasar por vítimas"
Vieiros falou cun dos imputados, quen asegurou que aínda descoñece porque aparece como citado, xa que o vídeo non ten créditos e a AMI tampouco ten representantes legais. Á espera de coñecer as dilixencias e de falar co avogado que vai levar o caso (no caso de o haber, porque de momento só van citados para declarar), revelou que van desenvolver unha "posición política" durante o proceso coa que tentarán "desenmascarar a posición vitimista de Galicia Bilingüe", denunciando que "quen defende a imposición de España e do español son os únicos agresores neste conflito".

Neste sentido, o entrevistado quixo incidir en que o colectivo Galicia Bilingüe está a avanzar (aparecendo nos medios de comunicación e conseguindo a atención da opinión pública) grazas "a un discurso liberal e vitimista que afirma defender a 'liberdade de escoller', e que eles son as 'pobres persoas' ás que se lles coarta esa liberdade". Porén, para este militante da AMI "a realidade é que aquí a lingua imposta é o español, lingua que a Constitución española nos obriga a coñecer e que os poderes político, económico e social de España se encargan de facer hexemónica. A realidade é que estamos ante un etnocidio denunciado mesmo pola UNESCO (a desaparición do galego), e os seus responsábeis pretenden facerse pasar por vítimas".

O filme Vilingüismo volverase proxectar polos centros de ensino secundario do país de novo, agora que comezou o curso tras o paro do verán. Así mesmo, a organización xuvenil AMI fixo un chamamento para apoiar os imputados a vindeira segunda feira dia 29, ás 11:00 horas nos xulgados de Vigo.


Ligazóns

4,31/5 (26 votos)

Comentarios (32)

papuxa70 #1 24/Setembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Ha,ha,ha os gabis non tenhen senso do humor, porse assim de alporiçados,se ate saem favoreçidos o "posadas" e maila"GLORIA,GLORIA ALELUIAHHH".Pobres,pobrinhos que som vítimas da imposiçao do galego ;estou a esperar cando é o día no que se immolan en defensa do castelán para proporcinarlhe-la gasolina da de ben otanos.

papuxa70 #2 24/Setembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Contade coa nosa solidariedade na luita companheiros de ami¡¡¡¡

Galizoo #3 24/Setembro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

O que faltaba, logo tiñan que meter a Matt Groening na cárcere tamen!

Soberanista #4 24/Setembro/2008 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Esta associaçom ultra-espanholista está cada dia mais desnorteada. Já nom sabem o que fazer.
Em princípio todo deveria indicar que os companheiros/as de AMI devem ficar absolvidos, mas com a "democracia" espanhola nunca se pode falar antes de tempo...

alboiando #5 24/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

so resta que imputen aos que miramos e rimos co video...
mimadrinha querida! deus nos colha confesados...

ANGR #6 24/Setembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Levas toda a razão Galizoo #3.
A pouco que um se descuida e olha para outro lado fica logo surpreendido ao verificar que colocaram um novo tijolo na progressiva construção do estado penal/policial espanhol.

papuxa70 #7 24/Setembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Concordo contigo alboiando ,coa farta de rir que pillei vendo o video pódenme procesar cando queiran ha,ha,ha¡¡¡¡¡¡¡

Caotinha #8 24/Setembro/2008 Caotinha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Nestas situações é quando deveriam mostrar a sua solidariedade alguns "intelectuais", e não para defender à Toñi Vicente.

Roi #9 24/Setembro/2008 Roi
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Deixando ó lado o fondo do asunto a verdade é que o video é malo de carallo, o millor é por iso polo que queren imputalos.

fillotolo #10 24/Setembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Aínda que AMI non existira eu seguiría tendo unha forte xenreira pola xente que odia ou non respecta a miña lingua e cultura entre os cales se encontran esos de "Galicia Bilingüe". Ninguén os vai xulgar a eles por erixirse contra o símbolo que mellor define ao país no que viven, a nosa lingua, na que pensamos, medramos e amamos. Eso é moito peor ca queimar a foto dun que deixou Franco de herdeiro posto a dedo.

sozinho #11 24/Setembro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Merecen unhas h... por facer un vídeo tan malo e difundilo sen rubor coma se fose algo cultural coa inocencia de que voltarnos paranoicos ao xenuino estilo americano nos vai salvar dunha colonización cultural inminente. Legalmente, non obstante, non acho que os de Galicia Vilingüe teñan moitas posibilidades, a non ser que sexan da familia real...

mnawe #12 25/Setembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

A min o que uns fascistas se fagan aos outros súdama bastante.
Tanto monta, monta tanto.

Gaias #13 25/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Esto e o que entenden os Galicia monolingue por LIBERDADE.
Liberdade para facer apartheids nas escolas galegas SI,mais non para que cada un opine libremente sobre este debate que ELES abriron chamando a "cruzadas" contra o galego, facendo manifestos en defensa do castelan, e despreciando o galego.
Se eles poden criticar, despreciar e chamar a cruzadas, nos tamen temos dereito a opinar e criticalos.
Toda a miña solidaridade cos de AMI, non din nada que non pensemos a maioria dos galegos.

Gaias #14 25/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

E obvio que GB ten un claro interes politico-economico, e seguramente son eses poderes os que a estan apoiando (mediatica e economicamente).
Queren empezar a loita IMPERIALISTA CASTELANIZADORA contra o que consideran "inimigo pequeno e debil", e por iso o bombardeo mediatico de esta plataforma,algun club financieiro, politicos galegofobos españois,etc.
Despois tamen esta e outras plataformas serven para alimentar o debate da "España se rompe" e "o castelan esta discriminado" no resto do estado, xa que aqui a xente non e tan parva para ver a realidade que non ten nada que ver coa que pintan os GB.

rockandroll #15 25/Setembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Quê caralho terá a ver aquí a qualidade artística do vídeo? A questom é que é mais um juízo contra a liberdade de expressom. Nom me fagades fazer comentários crueis sobre certos sectores do nacionalismo, que eu também sei ter mala uva...

LOIS_DE_SILAN #16 25/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E, pódese saber en que lingua ou linguas foron feitas as citacións xudiciais?


Un xulgado galegófobo évos moito máis perigoso que os lelos de GB!

Convén non confundir o urxente co importante!

Tino #17 25/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Esta é a xustiza deseñada desde o império e corteespañola (o de corte é un nome moi acaido, sobre todo en galego, onde se gardan as bestas).

Por q nunca van adiante as denuncias feitas contra os da Galiza-Vilingüe?

cesarvidal #18 25/Setembro/2008 cesarvidal
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O importante nom é a qualidade da fita. Senom deixar as cousas claras para que nom podam vir os mentireiros de Galicia Bífida e falsear a realidade...fai falta ter mui pouca vergonha para falar de ataques ao castelám na Galiza!Por isso devem ser extraterrestres ou algo semelhante, como se sugire na fita.
Nom sei que classe de justiça aceita umha demanda como esta, nom tem por onde substentar-se. Só é umha estrategia mais para fazerem mais ruido. Tanto ruxe ruxe para que os seus colegas de espanha (a cope, el mundo e demais) podam fazer umha campanha alarmista contra todo o que cheira a nacionalismo ou certo orgulho por termos umha cultura e lingua proprias. Só pretendem atingir o poder suficiente para aniquilar-nos, tenhem demasiada nostalgia do pasado...
Em fim, ali estarei a segunda para amosar o meu apoio.

lostrego #19 25/Setembro/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Onde estaban os farisos de malicia vilingüe cando mallaban en min por falar galego na escola? onde estaban estes fachas cando non se podia empregar o galego legalmente? montaron algunha asociación para que houbera un bilingüismo legal e que a xente tivera o dereito de elexir cando o noso idioma estaba prohibido?
Desprezo enormemente a estes elementos, a estes "patriotas" de folla de lata que se lles enche a boca con "españa" e que tentan matar o seu acento coma o pailán de paco vazquez

lenin #20 25/Setembro/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ollo ás últimas acuacións do estado español, non teñen desperdicio.

-Prohibir partidos políticos(PCTV, ANV).
-Conspirar para que outros estados prohiban asociacións(Batasuna Francia).
-Censurar revistas(El jueves).
-Deter e expulsar da universidade a uns alumnos por ter unha pelexa cuns gardas de seguridade, e deixar a estos sen castigo ningún(María San Gil).
-Amagar con endurecer as leis antiinmigración.
-Levar a declarar a persoas polo feito de facer un vídeo promocional.

Se isto é democracia...

Gaias #21 25/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O video de Vilinguismo esta tamen no YOUTUBE

http://www.youtube.com/watch?v...

http://www.youtube.com/watch?v...

http://www.youtube.com/watch?v...

sozinho #22 25/Setembro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Dicíao un pouco de cachondeo, pero para min importa bastante a calidade artística, xa que é unha copia descarada se South-Park cun argumento paranoide dunha típica película americana de terror para adolescentes. Como para AMI seica o fin xustifica os medios, colle medios de idiotización de masas para defende-lo singular, o valor da cultura propia e a resistencia contra a alienación. Compartimos sen dúbida fins, pero uns medios tan contraditorios cos propios fins, colonizados pola cultura de masas americana, non me parecen moi efectivos. Non quero unha versión de Texas en galego, grazas. Que iso non é denunciable, de acordo, o meu apoio á defensa das liberdades de AMI, pois non me parece que haxa coacción algunha. De tódolos xeitos, olliño co que se dixo na proxección do vídeo, pois hai que recoñecer que unha persoa inexperta que queira comenta-lo vídeo ten un escenario moi bo para fomenta-la violencia contra Galicia Bilingüe, que tamén merecen unhas h..., pero fomenta-la violencia hai que recordar que está penado.

tinho #23 26/Setembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

dentro de pouco tamem denunciaram por falar na nossa lingua,por pensar distinto a eles,e, como di alboiando por mira-lo o video HIPOCRITAS nom mereceriades outra cousa que quedar mudos e xordos por que o que e o sentidinho xa o perdistes fai moito tempo KACIKES E INORANTES IDE-VOS A eSPANHA

LANS #24 26/Setembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Falar galego na Galiza en calquera situación e xa unha actitude de desobediencia Civil. O que é moi triste.
Non tendes por que estar de acordo coa AMI, nin cós seus postulados nin coas súas accións, pero hai que recoñecerlles que luitan pola terra e pola nosa cultura e que se fan ver sen complexos. Só por eso teñen o meu respeito gañado.

lugris #25 26/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei si darlle cancha aos "pilingues" istes istivo ben ou mal, porque aproveitan todo., pero o que sí e verdade que grazas aos rapazas e rapaces de AMI, estamos no debate da lingua.

galegasenprexuizos #26 26/Setembro/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os de Galicia Bilingüe é o que teñen que facer.

galegasenprexuizos #27 26/Setembro/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Por que non nos deixarán en paz?

FROUXEIRA #28 26/Setembro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que tamén chamaran a GB a declarar por xenófobos e apoloxía de un Idioma contra outro, tentando que desapareza o Galego, pois eles son a mecha que prende o lume.

ecoe #29 26/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Sí, ónde andan os "intelestuais"?= no restaurante!

De defender as libertades non é o u cometido

PatriotaGalego2 #30 27/Setembro/2008 PatriotaGalego2
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Os espanholistas embora ultraminoritários são mais activistas na Galiza porque se sentem com a protecção do poder colonizador Castelhano.
Até na valorização dos comentários se vê. Os comentários nacionalistas galegos são logo vítimas de valoração negativa.
Os galegos estão oprimidos e têm receio de reprezálias....
Não há democracia na Galiza. Os castelhanos não permitiram que os galegos exercecem o direito à autodeterminação consagrado na carta das Nações Unidas. O neocolonialismo dos castelhanos reduziram a Nação galega em "Comunidade Autónoma" com regras castelhanas. Não há autonomia sem primeiro haver autodeterminação. "comunidade Autónoma" feita e decidida com regras do colonizador não existe.

Autodeterminacao #31 28/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Todos os galegos sabem o que é a opressão colonialista espanholista mas veja com humor:

http://br.youtube...

sozinho #32 1/Outubro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meu Deus!...
...
...
De onde saíu tan enx... eñoso...
...
Case que a Galiza Vilingüe semella unha obra de arte.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: