Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tensión histórica

Xa son 31 os militares acusados de planear un golpe de estado en Turquía

O Exército cre que o partido de Erdogan, que chegou ao poder en 2002, ten unha axenda oculta para socavar o sistema secular do país.

Redacción - 10:35 26/02/2010
Erdogan, en Madrid, esta semana

Erdogan, en Madrid, esta semana

A tensión entre o Estado e o Exército en Turquía vai en aumento. A Xustiza procesou esta cuarta feira trece militares de alta gradación, incluídos cinco almirantes e un xeneral de Terra, pola súa presunta asociación terrorista para derrocar o Goberno de Recep Tayip Erdogan.

Os procesados foron detidos o luns nunha operación sen precedentes que acabou con 51 militares en comisaría. Logo de ficar libres parte dos retidos, este venres confirmábase a detención de 11 máis -nove en activo, entre estes dous almirantes, e outros dous retirados, todos acusados de planear un golpe de estado en 2003.

Con estas novas detencións xa son 31 os militares acusados de conspirar. Esta quinta feira, 20 ingresaban no cárcere cunha orde de prisión preventiva e dous xefes da forza aérea e mariña do país eran postos en liberdade.

Tensións Goberno-Exército

As relacións entre a institución militar turca e o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan foron sempre de constante tensión. Tamén con anteriores executivos. O Exército interviu para derrocar gobernos electos catro veces desde 1960.

Os militares cren que o AKP, que chegou ao poder en 2002, ten unha axenda oculta para socavar o sistema secular do país. O partido de Goberno, pola súa banda, ve o Exército como un obstáculo no camiño de reformas democráticas esenciais de cara á integrar Turquía na UE.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: