O que foi vicesecretario da executiva provincial do PSdeG en Ourense, anuncia que marcha do partido para afiliarse ao proxecto "ilusionante" de Xosé Manuel Baltar.
Eladio Fernández
Á pilotaxe do carballinés Manuel Pachi Vázquez no PSdeG-PSOE e, en particular, do PSdeG ourensán, apareceulle un furado sorpresa na mañá deste xoves. Eladio Fernández, quen ostentaba o cargo de vicesecretario da executiva provincial dos socialistas ourensáns, e ademais voceiro do PSOE no Concello de San Cibrao, confirmou que se dá de baixa no partido. Fernández anunciou tamén que pasar a militar no PP e explicou que o cambio se debe ao proxecto "sólido, fiábel e ilusionante" do novo presidente do PPdeG ourensán, Xosé Manuel Baltar.
Paradoxalmente, Eladio Fernández comparecera con outros membros do PSdeG ourensán en máis dunha ocasión para denunciar as prácticas do PP provincial. Así por exemplo o facía aínda o verán pasado, cando lle presentaba aos medios unha lista de contratación de máis de setenta persoas para a Deputación de Ourense, denunciando que todas elas formaran parte das listas do PP nas eleccións municipais de 2007. Fernández acusou daquela directamente ao presidente da institución, Xosé Luís Baltar, acusando o PP ourensán de "irregularidades" de "uso ilegal" do ente provincial. "A Deputación non pode ser un lugar onde se paguen favores políticos", criticaba Eladio Fernández.
Respectuosamente: un sirvengonza!
PsoE, PP... O mesmo projecto "ilusionante" é.
Viva Galiza Ceive (e surreal)!
pesoeta integrase en podrepe
La política de personal de la Diputación recobró ayer protagonismo al denunciar el secretario provincial de los socialistas, Eladio Fernández, que 75 personas que figuraban en las candidaturas que presentó el Partido Popular en las elecciones municipales de 2007 fueron contratadas o aprobaron la oposición en el organismo provincial, situación de la que responsabilizan al presidente, José Luis Baltar, que “se quiere retirar con el mayor pago de favores políticos”.
Ante esta situación, Eladio Fernández anunció que en el próximo pleno presentarán una moción en la que pedirán la constitución de una comisión de investigación ante todas estas supuestas “irregularidades”, ya que “Baltar tiene que dar la cara y demostrar si es ecuánime y justo o no”.
«Ilusionante» é espanhol. Em galego diz-se 'iludente' e o significado é bem claro, de iludir: causar ilusom, enganar.
Debe ser un proxecto ilusionante xa que pasa mesmo de pais a fillos, pero non sei se está a confundir proxecto con memoria. Que lle falta ao PSOE para, cando menos, pórse colorado. A perda de votos vai ser sonada e os xuros para o PP
AI PACHIÑO, ESCAPOUCHE UNHA OVELLA!!! Mais xa che digo eu donde vai.. na casa do veciño, pero e mellor que te preocupes de que non se che vaian mais, pois sinon vexote dentro dun ano sin reclutas pa facer as listas.
Que ides perder as eleccións espediños de todo.
Despois de levar varios anos criticando con vehemencia o caciquismo da alcaldesa do seu concello ( San Cibrao das Viñas ) e do clan Baltar, pásase ás súas filas porque lle " ilusiona o proxecto " do baltariño ( inda non fai moitos meses que se postulaba para dirixir o PSOE en Ourense ).
De vergoña; pero que se lle vai pedir ós do PSOE cando o seu lider Pachi Vázquez non está no PP porque nos anos '80 éstos rexeitárono e meteuse no PSOE ( o caso e chupar do bote, tanto da onde; quen falou de ideoloxía ou de traballar para mellorar as cousas ).
Diputacións, concellos, da igual, o importante e asegurarse o futuro, e este tipo, en Ourense xa o arreglou, alí por desgracia manda Baltar.
Isto lles pasa por que non hai ideloxía, aceptan a calquera que esté disposto a pagar unha cuota.
Nos chegariamos a sorprender da cantidade de ourensáns que farían o mesmo. O que pasa e que non poden.
Pachi, Pachi, cómo tes a casa; chégalle o lixo ó tellado!
Bueno, tampouco parece moi extrano que o tal Eladio seguise o mesmo camiño, pero a inversa, que no seu momento o presunto doutor Vazquez cando encabezou as listas municipais do psdeg logo de non poder conquerir o numero 1 en Carballiño polo pp... ou acaso esto e unha lenda urbana? Me temo que no.
Hai un par de dias foise Touriño. Presuntamente responsable da desfeita eleitoral en Galicia fai un ano. O señor Sogama "presto y dispuesto" como excelente facultativo que pensa que e foi o primeiro en brindarse en aplicar a Cirurxia Blanco, como si eso de triturar secretarios xerais fose algo innovador e non un argumento recurrente na historia do psdeg. Pensou o de Carballiño converterse no "Barnard" galego. O final non vai pasar de ser un simple capador.Foise Touriño, agora a esperar que os alcaldes cooperadores necesarios na mascarada Vazquez, manteñan o tipo nas municipias de maio do ano que ven.Si a cousa sae mal:Cirurxia Blanco bis: Fran Caaamaño. Esperemos que desta volta o de Cee infinitamente mais decente e capacitado mida ven os tempos non pretenda emular a ninguen, artelle unha estatexia propia que efectivamente poida por primeira vez ha historia do psdeg facilitar que a organizacion atope o seu espazo, gañe en autoestima desfacendose deste exercito de arribistas e utilitaristas que non son mais que simples capadores tabernarios.
Non atopo os acentos. Vaian buscalos a Rua do Pino :-)
Non sei cómo a alguén lle merece un mínimo de creto ou confianza un patufo desleixado deste calibre, que pón en evidencia do xeito mais descarado (incluso surrealista) que se pasa os ideais polo buraco aquel e que só está ahí para chupar o máximo posible. E claro, en Ourense o proxecto "ilusionante" de Baltar é o que mais tén que chuchar.
Non entendo cómo algúns falan da crise do sector textil en Galiza, coa cantidade de chaquetas que gasta a calaña esta...
Un elemento coma iste, sempre é millor telo "canto máis lonxe millor".
Estómago agradecido, traidor, lambón....
Teremos que prestar atención ás vindeiras eleccións. Qué votarán os veciños de San Cibrao??
Ourense é o melhor exemplo de "vasos comunicantes" entre o PP e o PPsoe.
"Faga como que pareça um acidente" GiusePPe Baltorini Corleone.
O que semella máis pavero é que haxa quen se anoxe por esta cabriola: son o mesmo partido €$pañol, ambas caras, non porque se diga senón porque teñen os mesmos principios e fins, inda que cara á parroquia, e sempre dentro dos límites que lles marcan os seus patróns (os do BOTÍN), fan como que son tremendamente opostos.
Non hai máis que espreitar nas decisións que toman alí onde fan que mandan: ABSOLUTA COINCIDENCIA XERAL BÁSICA, e xa que logo as políticas coñécense polos feitos e polo que OCULTAN, MÁIS, que polo que anuncian. A coincidencia é total, apenas unha carta parte pode variar DE TON, só de ton, non de nota.
Mentres coidemos que son esquerda quenes fan políticas de dereitas para unha MINORÍA social, que é para quenes ambos pulan por lles conquistar os favores (predios e cartiños no meu bulso), teñen gañado outros 30 anos MÁIS de engano, eso sí, pedindo sempre o noso voto, ése que tan facilmente lles concede a población, ben adocenada e amoldada polos medios que a deixan INERME ante o DESFALCO EN VIDAS E FACENDAS.
A monarquía e a constitución francojuancarlista (case é un insulto chamarlle por este termo á reforma das Leis Fundamentais do Movimento comenentemente arranxadas) irán no mesmo paquete.
Os do estoarranxámoloentretod*s fan propaganda, mas NON NOS QUEREN A TODOS, só os elexidos: queren ter á población APARTADA DA POLÍTICA, porque si as xentes se meten a autogobernarse, acabaríaselles daquela o control e o beneficio privado.
O dos redactores de Vieiros nom tem remédio. Quando penso que já nom podia ser pior surpreendem-me com umha barbaridade mais grande.
Dicionário Estraviz:
Ostentar
v. tr.
Desempenhar
v. tr.
(1) Resgatar o que estava empenhado.
(2) Cumprir aquilo a que se estava obrigado.
(3) Exercer, executar: desempenhar uma funçom.
(4) Representar, interpretar: desempenhou um papel.
v. pron.
Pagar as dívidas, livrar-se delas.
Sinóns. Cumprir, desobrigar, exercer.
(1) Exibir ou mostrar aparatosamente, alardear.
(2) Mostrar com legítimo orgulho.
v. i.
Mostrar-se com ostentaçom, vangloriar-se.
[lat. ostentare]