Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS USC

Casares Long: "Nestes anos, eu fun a única oposición"

Preocupado pola actual situación da Universidade e apelando á súa independencia, Casares Long avoga por "recuperar os sinais de identidade" da USC. Vídeo no interior.

Isabel G. Couso - 11:40 24/04/2010

"Unha candidatura adaptada aos tempos que vivimos e que aposta por recuperar a ilusión e a motivación de todos os membros da comunidade universitaria". Así presenta Xoán Casares Long (A Coruña, 1950) a súa proposta ao reitorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Logo de concorrer aos mesmos comicios en 2006, o catedrático de Enxeñería Química defende a súa independencia de quen o sitúa nas filas conservadoras lembrándolle o seu pasado como director xeral de Universidades no goberno do Partido Popular. Pola contra, asegura que non todos os candidatos poden dicir o mesmo: "penso que hai pactos e xa se verán nos próximos meses", di a Vieiros.

Co aval dos seus últimos resultados que sumaron o 50% dos votos directos, mais que non foron suficientes para desbancar a Senén Barro na aplicación do sistema ponderado, defende unha USC "aberta ao diálogo, transparente e en contacto con todo o mundo, implicada e comprometida". Así basea o seu programa en cinco grandes liñas (ver vídeo): recuperar os sinais de identidade da Universidade, así como a ilusión e a motivación de todos os membros da súa comunidade universitaria; mellorar a súa xestión, para facela máis eficaz; mellorar o seu financiamento, obtendo os recursos necesarios para manter a USC como referente de coñecemento; introducir definitivamente os novos plans de estudo; e mellorar na investigación, para que todas as áreas de coñecemento teñan as mesmas oportunidades.


3.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: